Ágora
Aparencia
- "Ágora" é tamén o nome dunha colección da editorial Galaxia.
Unha ágora era a praza pública das cidades da Grecia antiga, que servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da polis, tamén se utilizaban para festivais relixiosos, xogos atléticos, adestramento militar, representacións teatrais e para realizar actos de ostracismo.[1] Os seus límites viñan marcados por grandes pedras, ás veces coa inscrición Eu son o límite da ágora. A máis famosa era a ágora de Atenas. Xurdiron trala caída da civilización micénica e no século VIII a.C. xa estaban totalmente consolidadas como o centro da vida pública.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mabel L. Lang e John McK. Camp The Athenian Citizen: Democracy in the Athenian Agora. American School of Classical Studies at Athens, 2ª ed, 2004, p. 5.