Saltar ao contido

Álex Aizpuru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlex Aizpuru
Biografía
Nacemento(eu) Alex Aizpuru Aizbitarte Editar o valor en Wikidata
21 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Azpeitia, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesKaxe Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2013 CD Lagun Onak
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2016 CD Lagun Onak 70(10)
2016–2017 Club Deportivo Vitoria 27(1)
2017–2017   SD Beasain 16(11)
2018–2018   Rápido de Bouzas 17(6)
2018–2018 East Riffa Club (1)
2019–2021   Ponferradina 96(14)
2021–2022 cesión CE Sabadell 34(8)
2022–2022   CD Atlético Baleares 16(1)
2023–2023 Unión Deportiva Ibiza-Eivissa 13(1)
2024–   Sociedad Deportiva Amorebieta
2024–2024 Sestao River Club 16(3)

Álex Aizpuru Aizbitarte, máis coñecido como Kaxe, nado en Azpeitia o 21 de xaneiro de 1994, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro ou extremo no Sestao River, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Lagun Onak, pasou polo filial e polo primeiro equipo na Terceira División, participando da mellor campaña da historia do club, a 2015/16. En xullo de 2016 incorporouse ao Eibar B, da mesma categoría, co que conseguiu o ascenso á Segunda División B. Posteriormente xogou media tempada no Beasain, logrando boas cifras goleadoras.[1]

En xaneiro de 2018 chegou a Galicia para fichar polo Rápido de Bouzas, de Segunda B. Disputou 17 partidos ás ordes de Borja Jiménez, anotando 6 goles e contribuíndo así á quinta posición do equipo, a mellor clasificación da historia do club. No verán dese mesmo ano trasladouse a Bahrain, onde asinou como novo xogador do East Riffa Club, equipo da primeira división adestrado polo español Pedro Gómez Carmona.

En decembro regresou á Península Ibérica e fichou pola Ponferradina, de Segunda B, coa que participou do ascenso á Segunda División. Na tempada 2019/20 debutou na categoría de prata, nun encontro diante do Cádiz, e militou no club do Bierzo ata 2021, sumando un total de 97 partidos e 14 goles.[2]

Para a tempada 2021/22 foi cedido ao Sabadell, da nova Primeira División RFEF. Posteriormente pasou polo Atlético Baleares e o Ibiza, antes de regresar ao País Vasco en 2024 e fichar polo Sestao River.

  1. "Alex Aizpuru: “No me imaginaba empezar así el año”". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de novembro de 2017. Consultado o 10 de maio de 2024. 
  2. "El Cádiz remonta a base de golazos". Marca (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 10 de maio de 2024.