Saltar ao contido

Álvaro Bautista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro Bautista

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Álvaro Bautista Arce Editar o valor en Wikidata
21 de novembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Talavera de la Reina, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMotociclismo de velocidade
Superbike (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo19 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalvarobautista.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: 19Bautista Editar o valor en Wikidata

Álvaro Bautista Arce, nado en Talavera de la Reina (Toledo) o 21 de novembro de 1984, é un piloto profesional de motociclismo. Poderíase considerar como un dos mellores saídos da canteira motociclistica española, xunto a pilotos do rango de Dani Pedrosa e Jorge Lorenzo. O seu maior logro foi converterse en campión do mundo de 125cc en 2006. Tamén foi campión de España de 125cc en 2003.

Carreira Deportiva

[editar | editar a fonte]

Comezou a montar en moto aos 3 anos e medio e realizou a súa primeira carreira en 1993 na modalidade de minimotos. En 1994 é subcampión de Madrid de minimotos na súa categoría, competindo con pilotos de maior idade, xa que Álvaro era alevín e corría xunto a xuvenís e cadetes.

Na tempada 1995-1996 proclámase campión de Madrid de minimotos. No ano 1997 volve gañar o campionato de Madrid de minimotos e dá o salto á Copa Aprilia de 50cc co campionato moi avanzado e alcanza, no entanto, un magnífico sexto posto na clasificación final e conseguindo o seu primeiro podio nesta categoría.

Para 1998, volve competir na Copa Aprilia, finalizando nun brillante terceiro posto xunto a Jorge Lorenzo (1º) e Joan Olivé (2º).

En 1999 é seleccionado de entre 400 pilotos por Alberto Puig para correr na Copa de promoción Movistar Activa, finalizando en quinta posición.

Para o ano 2000 volve correr na Copa Movistar, estando como reserva para o equipo Movistar Junior Team do campionato de España de 125cc.

Debuta no mundial en 2001 na categoría de 125cc comeza a tempada co Team Belart, cunha Yamaha 125cc de serie, ata mediados de tempada, cando o equipo Belart, retírase e a punto estivo o tamén de retirarse por falta de recursos, pero chegou Manuel Morente para fichalo e terminar o campionato de España.

No 2002, baixo a tutela de Manuel Morente corre o Campionato de España de Velocidade, o Campionato de Europa e catro carreiras do Mundial como pilotos invitado, en 125 cc coas cores do Team Atlético de Madrid. No campionato de España queda como subcampión e no campionato de Europa consegue varios podios.

En 2003, firma polo equipo Seedorf Racing pilotando unha Aprilia, competindo no mundial de 125cc e no campionato de España de 125cc. Consegue o campionato de España de 125 cc No primeiro ano de Álvaro en Seedorf Racing compartiu box con Héctor Barberá. Tras acabar a tempada, Barberá subiu a 250cc e Álvaro quedou como primeiro piloto da escuadra. Con todo, o equipo cambiou de Aprilia a Honda e o rendemento da nova moto deixou moito que desexar e os tempos empeoraron con respecto ao ano anterior polo que, ao finalizar o ano, cambiou de equipo.

Para o ano 2006 firma co Aprilia Aspar Team que dirixe Jorge Martínez Aspar e pasa a pilotar unha das Aprilias RS125 oficiais, conseguindo o seu maior título ata a data ao quedar como campión do mundo de 125cc a falta tan só de 3 carreiras, no circuíto Philip Island de Australia. Esa tempada consegue 8 vitorias no mundial.

Tras conseguir o título de 125cc ascende de categoría en 2007 como piloto do Aprilia Aspar Team en 250cc e ten como compañeiro a Alex De Angelis. Consegue na súa tempada de debut na categoría dúas vitorias e termina en cuarta posición o mundial postulándose como un dos favoritos ao título para a seguinte tempada.

En 2008 segue no Aspar Team, sobre unha Aprilia 250 RSA oficial, sendo o piloto número 1 da marca de Noale. Ten como compañeiro a Héctor Faubel. Ao final debido a numerosas caídas ao longo da tempada non puido conquistar o título que foi a parar a Marco Simoncelli terminando Bautista como subcampion con 4 vitorias e 11 podios.

En 2009, Álvaro era unha das apostas do Aspar Team, pero nas últimas carreiras a sorte non estivo ao lado do piloto talaverano, que viu como se lle escapaba o mundial, en beneficio de Aoyama, por tres caídas de forma consecutiva.

En 2010, Bautista corre en Suzuki na máxima categoría, MotoGP, tendo como compañeiro ao piloto italiano Loris Capirossi. A mediados de maio rompeu a clavícula esquerda cando practicaba motocró, o que lle fixo perderse varias carreiras. Consegue dous quintos postos nos grandes premios de Cataluña e Malaisia, e realiza un bo tramo final de campionato.

En 2011 queda como único piloto oficial do equipo Rizla -Suzuki. No primeiro gran premio do ano sofre unha fractura no fémur esquerdo nos últimos adestramentos libres,[1] o que lle impide participar nas dúas primeiras carreiras, reaparecendo no gran premio de Portugal.

O 9 de novembro de 2011 faise oficial a súa fichaxe polo Team San Carlo Fonda Gresini de MotoGP, substituíndo no mesmo ao malogrado piloto Marco Simoncelli con quen tivera grandes batallas na categoría de 250cc e con quen disputaba a posición o día do seu terrible accidente no gran premio de Malaisia dese ano.

O 16 de xuño de 2012 consegue a súa primeira pole position en MotoGP.[2] Foi no Gran Premio da Gran Bretaña, nunha quenda de clasificación marcada pola choiva. O día seguinte acabou a carreira na cuarta posición, a súa mellor clasificación na máxima categoría ata o momento.

Resumo por tempadas

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Puntos Posición
2002 125cc Aprilia 3 0 0 0 0 -
2003 125cc Aprilia 16 0 0 0 31 20º
2004 125cc Aprilia 16 0 4 0 129
2005 125cc Honda 16 0 0 0 47 15º
2006 125cc Aprilia 16 8 14 8 338
2007 250cc Aprilia 17 2 7 1 181
2008 250cc Aprilia 16 4 11 5 244
2009 250cc Aprilia 16 2 10 3 218
2010 MotoGP Suzuki 17 0 0 0 85 13º
2011 MotoGP Suzuki 15 0 0 0 67 13º
Total 148 16 46 17 1188

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]