Saltar ao contido

Álvaro Carrillo Alacid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro Carrillo Alacid
Biografía
Nacemento6 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Murcia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm15212541 UEFA: 250126911 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Carrillo Alacid, nado en Murcia o 6 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como defensa central no Eibar, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na Escola de Fútbol Murcia Promesas, antes de pasar polas canteiras do Real Murcia e do Real Madrid.

Na tempada 2019/20 conquistou co equipo xuvenil do club branco a Liga Xuvenil da UEFA, tras derrotar na final ao Benfica.

Para a tempada 2020/21 subiu ao Real Madrid Castilla, co que debutou na Segunda División B o 25 de novembro de 2020, nun encontro fronte ao Atlético Baleares.

Nas seguintes tempadas afianzouse nas filas do filial na Primeira Federación, alternando as posicións de ambos os laterais e a defensa central.[1] O 6 de xaneiro de 2024 debutou co primeiro equipo do Real Madrid, saíndo como titular nun encontro da Copa do Rei contra a Arandina no estadio El Montecillo.[2]

En xullo de 2024 fichou polo Eibar, da Segunda División.[3]

  1. "El Madrid renueva a Carrillo, la navaja suiza de Raúl" (en castelán). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 12 de novembro de 2024. 
  2. de la Riva, Mario (6 de xaneiro de 2024). "Debutan Güler, Carrillo y Tobias". As (en castelán) (Grupo PRISA). Consultado o 12 de novembro de 2024. 
  3. "El Eibar oficializa el fichaje de Carrillo" (en castelán). 12 de xullo de 2024. Consultado o 12 de novembro de 2024.