Álvaro Gestido
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1907 Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de xaneiro de 1957 (49 anos) Santa Clara de Olimar, Uruguai (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 1942 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1930 | Mundial de Fútbol Uruguai 1930 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Óscar Diego Gestido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Álvaro Antonio Gestido Pose, nado en Montevideo o 17 de maio de 1907 e finado en Treinta y Tres o 18 de xaneiro de 1957, foi un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xogaba como centrocampista e militou toda a súa carreira no Club Atlético Peñarol da Primeira División do Uruguai. Foi internacional coa selección uruguaia, coa que conquistou o Mundial de 1930 e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928.
Era irmán do presidente uruguaio Óscar Diego Gestido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Montevideo en 1907, nunha familia de raíces galegas, e elixiu a carreira militar ao igual que o seu irmán máis vello Óscar Diego, futuro presidente da República.[1][2] Desenvolveu toda a súa carreira no Peñarol, dende o equipo da cuarta división ata o de Primeira.[3]
No Peñarol formou un famoso medio do campo xunto ao galego Lorenzo Fernández e a Gideón Silva, conquistando en 1928 e 1929 os seus dous primeiros campionatos uruguaios. Gañou tamén o campionato en 1932 e outros catro entre 1935 e 1938, sendo a primeira vez que un equipo lograba catro consecutivos.
Retirouse do fútbol profesional o 28 de decembro de 1941, nun partido amigable ante o River Plate da Arxentina, no que se conmemoraba o 50º aniversario do Peñarol.[3] Con todo, regresou en 1944 para disputar dous partidos, substituíndo ao lesionado Obdulio Varela.[4]
Morreu dun ataque cardíaco o 18 de xaneiro de 1957, meses antes do seu 50 aniversario.
Selección uruguaia
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección do Uruguai en 25 ocasións, despois de debutar en 1927. Participou nos Xogos Olímpicos de 1928, gañando a medalla de ouro na final contra a Arxentina. Dous anos despois disputou a primeira edición do Mundial de Fútbol celebrada no seu país. Formou medio do campo con Lorenzo Fernández e José Leandro Andrade e xogou todos os partidos, incluída a final contra a Arxentina no Estadio Centenario, onde o seu equipo se proclamou o primeiro campión mundial.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Peñarol
- Primeira división do Uruguai (7): 1928, 1929, 1932, 1935, 1936, 1937, 1938.
- Torneo Competencia (2): 1936, 1941.
- Copa Aldao (1): 1928.
Selección do Uruguai
- Copa do Mundo (1): 1930.
- Xogos Olímpicos (1): 1928.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (28 de xuño de 2018). "El triunfo de la emigración gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (21 de xullo de 2016). "Uruguai e Galicia: Un século de irmandade futbolística". Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Carboneros Gloriosos - Semblanzas - Alvaro Antonio GESTIDO" (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ "Álvaro Gestido". Padre y decano (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ "Final Mundial 1930". FIFA (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Álvaro Gestido |
- Datos do xogador no sitio web oficial da AUF (en castelán).
- Nados en Montevideo
- Nados en 1907
- Uruguaios de ascendencia galega
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Peñarol
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas olímpicos polo Uruguai
- Futbolistas olímpicos do Uruguai
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Futbolistas gañadores do Mundial