Mundial de Fútbol de 1930
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol ![]() |
---|---|
Organizador | FIFA ![]() |
Composto por | |
Número de participantes | 13 ![]() |
Participantes | |
Arxentina, Selección de fútbol de Chile, Francia, Selección de fútbol de México, Selección de fútbol de Bolivia, Selección de fútbol de Brasil, Selección de fútbol de Iugoslavia, selección de fútbol de Perú, Romanía, Uruguai, Bélxica, Selección de fútbol de Paraguai e Selección de fútbol dos Estados Unidos ![]() | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Pocitos (Montevideo) Estadio Centenario (Montevideo) Estadio Gran Parque Central (Montevideo) ![]() |
País | Uruguai ![]() |
Intervalo de tempo | 13 de xullo de 1930 – 30 de xullo de 1930 ![]() |
Número de edición | 1 (1930) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 18 ![]() |
Goles | 70 ![]() |
Máis goles marcados | Guillermo Stábile↔ Arxentina (8) |
Xogador Máis Valioso | José Nasazzi (pt) ![]() ![]() |
Número de espectadores | 590.549 ![]() |
O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campionato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse no Uruguai do 13 ao 30 de xullo.[1] A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu o Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam.[2] Todos os encontros se xogaron na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.[3]
Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e ao custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e os Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.
As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.[4]
Antecedentes[editar | editar a fonte]
Dende a fundación da FIFA en 1904, expúxose a posibilidade de realizar un torneo a nivel mundial; con todo, a recentemente formada organización non contaba cos recursos e a infraestrutura necesaria para semellante evento. Así, pediron apoio ao Comité Olímpico Internacional, o que en 1906 aceptou a inclusión do fútbol nos seus eventos deportivos. En 1914, a FIFA recoñeceu oficialmente ao torneo disputado nos Xogos Olímpicos como un «campionato mundial de fútbol para afeccionados», tomando a responsabilidade de organizar o evento durante o seguintes tres citas Olímpicas: desde 1920 a 1928. Até esa data, a organización do certame de fútbol olímpico estivo a cargo de asociacións nacionais, tales como a Football Association de Inglaterra en 1908 e a Asociación Sueca de Fútbol en 1912.
Tras o paso dalgúns anos, o Congreso da FIFA realizado en 1928 na cidade de Ámsterdam, decidiu a realización finalmente dun torneo especializado, para o cal debería buscarse unha sede. Rapidamente, varios países europeos presentaron a súa candidatura (Italia, Hungría, os Países Baixos, España e Suecia) xunto á do Uruguai. Jules Rimet, presidente da FIFA neses anos estaba a favor da realización no país suramericano, o cal se atoparía á data do Mundial celebrando o centenario da Xura da Constitución (18 de xullo de 1830) e que obtivera en forma consecutiva a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. Ademais, as feridas da primeira guerra mundial aínda non cicatrizaran completamente no continente europeo, polo que a preferencia pola realización no Uruguai serviría como unha forma de alentar á paz mundial.
O boicot[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/1930_world_cup.png/300px-1930_world_cup.png)
Trala adxudicación do torneo ao Uruguai, o Comité Organizador repartiu as invitacións para as dezaseis cotas para o torneo. Con todo, o rexeitamento continuo da maioría dos equipos de países do continente europeo foi sorprendente. Estes argumentaron a súa ausencia debido aos altos custos que implicaba a viaxe a través do océano Atlántico e a forte crise económica que azoutara no último ano. Aínda cando os uruguaios ofreceron liquidar todos os gastos involucrados e compensar aos equipos de fútbol profesional pola ausencia dos seus xogadores, a maioría dos países europeos rexeitaron a invitación.
Só Francia, Bélxica, Iugoslavia e Romanía asistiron á cita en Montevideo. Francia foi practicamente obrigada a asistir debido á presión exercida por Jules Rimet, o cal tamén solicitou axuda persoalmente ao Rei Carlos II de Romanía. O monarca obrigou á participación dos seus xogadores, os cales foron elixidos o azar persoalmente polo rei nunha empresa petroleira romanesa. O seleccionado de Exipto anotouse para o torneo, pero pediu que movesen de data o comezo xa que non chegaban a tempo por culpa da viaxe en barco. Finalmente a FIFA non aceptou o pedido e Exipto non puido participar. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda aos seus veciños para organizar o torneo. Aínda cando convidou a todos os países, moitos se negaron a pagar a suma de diñeiro solicitada como apoio á organización. Debido ao rexeitamento dos países europeos principalmente, a Copa debeu reducir o seu número de participantes de 16 a 13.
Equipos participantes[editar | editar a fonte]
Grupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 |
---|---|---|---|
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Sedes[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/Parquecentraltribuna.jpg/220px-Parquecentraltribuna.jpg)
Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|
Montevideo | Estadio Centenario | 65.000 |
Estadio Gran Parque Central | 20.000 | |
Estadio Pocitos | 10.000 |
Para o torneo, a intención dos organizadores era que tódolos partidos se disputasen nun só estadio, o Estadio Centenario, construído especialmente para a celebración da Copa Mundial. Con todo, as fortes choivas caídas en Montevideo antes da inauguración do campionato impediron que a súa construción fose finalizada a tempo. Dada esta situación os organizadores víronse obrigados a buscar outros estadios para celebrar neles os primeiros partidos, atopándose dentro destes o estadio Gran Parque Central (propiedade do Club Nacional de Football), escenario onde se xogou o primeiro partido na historia dos Mundiais. O Estadio Centenario foi oficialmente inaugurado o sexto día de competición e a partir dese momento todos os partidos xogáronse aí.
Resultados[editar | editar a fonte]
Os horarios corresponden á hora de Uruguai (UTC-2)
Primeira fase[editar | editar a fonte]
Grupo 1[editar | editar a fonte]
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | 6 |
![]() |
4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | 2 |
![]() |
2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | 1 |
![]() |
0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | -9 |
Francia | 4 - 1 | México | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 1.000 Árbitro: Domingo Lombardi (Uruguai) |
Laurent ![]() Langiller ![]() Maschinot ![]() ![]() |
Informe |
Carreño ![]() | |
Arxentina | 1 - 0 | Francia | 15 de xullo de 1930, 16:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 3.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Monti ![]() |
Informe |
||
Chile | 3 - 0 | México | 16 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 500 Árbitro: Henry Christophe (Bélxica) |
Subiabre ![]() ![]() Vidal ![]() |
Informe |
||
Chile | 1 - 0 | Francia | 19 de xullo de 1930, 12:50 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 2.000 Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
Subiabre ![]() |
Informe |
||
Arxentina | 6 - 3 | México | 19 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 5.000 Árbitro: Ulises Salcedo (Bolivia) |
Stábile ![]() ![]() ![]() Zumelzú ![]() ![]() Varallo ![]() |
Informe |
Rosas ![]() ![]() Gayón ![]() | |
Arxentina | 3 - 1 | Chile | 22 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Stábile ![]() ![]() Evaristo ![]() |
Informe |
Subiabre ![]() | |
Grupo 2[editar | editar a fonte]
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 1 | 5 |
![]() |
2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | 3 |
![]() |
0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | -8 |
Iugoslavia | 2 - 1 | ![]() |
14 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 5.000 Árbitro: Aníbal Tejada (Uruguai) |
Tirnanić ![]() Bek ![]() |
Informe |
Preguinho ![]() | |
Iugoslavia | 4 - 0 | Bolivia | 17 de xullo de 1930, 12:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 Árbitro: Francisco Mateucci (Uruguai) |
Bek ![]() ![]() Marjanović ![]() Vujadinović ![]() |
Informe |
||
Brasil | 4 - 0 | Bolivia | 20 de xullo de 1930, 13:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 1.200 Árbitro: John Balway (Francia) |
Moderato ![]() ![]() Preguinho ![]() ![]() |
Informe |
||
Grupo 3[editar | editar a fonte]
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 5 | 0 |
![]() |
2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 |
![]() |
0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 |
Romanía | 3 - 1 | Perú | 14 de xullo de 1930, 14:50 – Estadio Pocitos, Montevideo Asistencia: 300¹ Árbitro: Alberto Warnken (Chile) |
Deşu ![]() Barbu ![]() Stanciu ![]() |
Informe |
Souza ![]() | |
Uruguai | 1 - 0 | Perú | 18 de xullo de 1930, 14:30 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 70.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Castro ![]() |
Informe |
||
Uruguai | 4 - 0 | Romanía | 21 de xullo de 1930 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Dorado ![]() Scarone ![]() Anselmo ![]() Cea ![]() |
Informe |
||
- ¹ Cantidade máis baixa de espectadores nun partido da Copa do Mundo da historia.
Grupo 4[editar | editar a fonte]
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 0 |
![]() |
2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 |
![]() |
0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 |
Estados Unidos | 3 - 0 | Bélxica | 13 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 10.000 Árbitro: José Macías (Arxentina) |
McGhee ![]() ![]() Patenaude ![]() |
Informe |
||
Estados Unidos | 3 - 0 | Paraguai | 17 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Parque Central, Montevideo Asistencia: 800 Árbitro: José Macías (Arxentina) |
Patenaude ![]() ![]() ![]() |
Informe |
||
Paraguai | 1 - 0 | Bélxica | 20 de xullo de 1930, 15:00 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 900 Árbitro: Ricardo Vallarino (Uruguai) |
Vargas Peña ![]() |
Informe |
||
Segunda fase[editar | editar a fonte]
Semifinais | Final | ||||||
![]() |
6 | ||||||
![]() |
1 | ||||||
![]() |
4 | ||||||
![]() |
2 | ||||||
![]() |
6 | ||||||
![]() |
1 |
Semifinais[editar | editar a fonte]
Arxentina | 6 - 1 | Estados Unidos | 26 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 80.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Monti ![]() Scopelli ![]() Stábile ![]() ![]() Peucelle ![]() ![]() |
Informe |
Brown ![]() | |
Uruguai | 6 - 1 | Iugoslavia | 27 de xullo de 1930, 14:45 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 Árbitro: Almeida Rego (Brasil) |
Cea ![]() ![]() ![]() Anselmo ![]() ![]() Iriarte ![]() |
Informe |
Sekulić ![]() | |
Terceiro posto[editar | editar a fonte]
Iugoslavia negouse a participar no partido polo terceiro lugar como forma de protesta pola arbitraxe no seu partido ante Uruguai, onde se anulara un gol iugoslavo lexítimo. Así, os Estados Unidos obtiveron o terceiro posto. Con todo, segundo outras fontes o partido polo terceiro posto chegou a celebrarse, con vitoria iugoslava por marcador de 3-1.[5]
Final[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Final do Mundial de Fútbol de 1930.
Uruguai | 4 - 2 | Arxentina | 30 de xullo de 1930, 14:15 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Dorado ![]() Cea ![]() Iriarte ![]() Castro ![]() |
Informe |
Peucelle ![]() Stábile ![]() | |
Campión do Mundo |
---|
![]() Uruguai Primeiro título |
Goleadores[editar | editar a fonte]
Con oito goles, o arxentino Guillermo Stábile foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 70 goles por 36 xogadores, dos cales un foi considerado en propia meta.
- 8 goles
- 5 goles
- 4 goles
- 3 goles
- 2 goles
- 1 gol
- 1 autogol
|
Clasificación retrospectiva[editar | editar a fonte]
En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[6] A clasificación de 1930 foi a seguinte:
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
3 | 4 | 4 | 0 | 0 | 15 | 3 | +12 | 8 |
2 | ![]() |
1 | 5 | 4 | 0 | 1 | 18 | 9 | +9 | 8 |
3 | ![]() |
4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 | +1 | 4 |
4 | ![]() |
2 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 7 | 0 | 4 |
Eliminados na fase de grupos | ||||||||||
5 | ![]() |
1 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | +2 | 4 |
6 | ![]() |
2 | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 2 | +3 | 2 |
7 | ![]() |
1 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 | +1 | 2 |
8 | ![]() |
3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 5 | −2 | 2 |
9 | ![]() |
4 | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 | −2 | 2 |
10 | ![]() |
3 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 4 | −3 | 0 |
11 | ![]() |
4 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 | −4 | 0 |
12 | ![]() |
2 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 | −8 | 0 |
13 | ![]() |
1 | 3 | 0 | 0 | 3 | 4 | 13 | −9 | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "1930 FIFA World Cup Uruguay". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2020.
- ↑ Combe, Eduardo (4 de xaneiro de 2018). "¿Qué país organizó el primer Mundial de la historia, en 1930?" [Que país organizou o primeiro Mundial da historia en 1930?]. depor.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.
- ↑ "Estadio Centenario". Stadium Guide (en inglés).
- ↑ "World Cup 1930 Uruguay. Top Scorer". World Football (en inglés).
- ↑ "Historia dos Mundiais". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2010.
- ↑ "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Uruguai 1930 en fifa.com Arquivado 04 de abril de 2019 en Wayback Machine.