Xogos Olímpicos de 1924
![]() ![]() | |
Nome oficial | Spiller vun der VIII. Olympiad ![]() |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán ![]() |
Lema | Méi séier, méi héich, méi staark ![]() |
Composto por | Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 la canne at the 1924 Summer Olympics Tiro nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 + ../... 24 ![]() |
Número de participantes | 44 3.088 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 126 ![]() |
Localización | Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) ![]() ![]() |
País | Francia ![]() |
Intervalo de tempo | 4 de maio de 1924 – 27 de xullo de 1924 ![]() |
Número de edición | 8 (1924) ![]() |
Aberto oficialmente por | Gaston Doumergue ![]() |
Xuramento feito por | Georges André (pt) ![]() ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… ![]() |
Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.
Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.
Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/1924_Summer_Olympics_teams.png/240px-1924_Summer_Olympics_teams.png)
Cadro de medallas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
45 | 27 | 27 | 99 |
2 | ![]() |
14 | 13 | 10 | 37 |
3 | ![]() |
13 | 15 | 10 | 38 |
4 | ![]() |
9 | 13 | 12 | 34 |
5 | ![]() |
8 | 3 | 5 | 16 |
6 | ![]() |
7 | 8 | 10 | 25 |
7 | ![]() |
5 | 2 | 3 | 10 |
8 | ![]() |
4 | 13 | 12 | 29 |
9 | ![]() |
4 | 1 | 5 | 10 |
10 | ![]() |
3 | 7 | 3 | 13 |
No cinema[editar | editar a fonte]
A proba dos 100 m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa imbatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ó cinema en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Óscars, entre eles o de mellor filme, e transformou o seu tema musical, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.