Xogos Olímpicos de 1984
![]() ![]() | |
Nome oficial | Spiller vun der XXIII. Olympiad ![]() |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán ![]() |
Mascota | Sam (pt) ![]() ![]() |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán ![]() |
Composto por | Voleibol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 + ../... 29 ![]() |
Número de participantes | 140 6.829 ![]() |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 221 ![]() |
Localización |
Os Ánxeles (Condado dos Ánxeles) Los Angeles Memorial Coliseum (California) ![]() |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Intervalo de tempo | 28 de xullo de 1984 – 12 de agosto de 1984 ![]() |
Número de edición | 23 (1984) ![]() |
Aberto oficialmente por | Ronald Reagan ![]() |
Xuramento feito por | Edwin Moses Sharon Weber (en) ![]() ![]() |
Facho acendido por | Rafer Johnson ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… ![]() |
Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.
A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receo xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.
Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após o seu termo, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.
Boicot
[editar | editar a fonte]Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Pano de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
83 | 61 | 30 | 174 |
2 | ![]() |
20 | 16 | 17 | 53 |
3 | ![]() |
17 | 19 | 23 | 59 |
4 | ![]() |
15 | 8 | 9 | 32 |
5 | ![]() |
14 | 6 | 12 | 32 |
6 | ![]() |
10 | 18 | 16 | 44 |
7 | ![]() |
10 | 8 | 14 | 32 |
8 | ![]() |
8 | 1 | 2 | 11 |
9 | ![]() |
7 | 4 | 7 | 18 |
10 | ![]() |
6 | 6 | 7 | 19 |