Xogos Olímpicos de 1968
![]() ![]() | |
Nome oficial | Spiller vun der XIX. Olympiad ![]() |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán ![]() |
Composto por | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968 Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968 Basque pelota at the 1968 Summer Olympics + ../... 22 ![]() |
Número de participantes | 112 5.516 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 172 ![]() |
Localización |
Estádio Olímpico Universitário (pt) ![]() ![]() Cidade de México (México) ![]() |
País | México ![]() |
Intervalo de tempo | 12 de outubro de 1968 – 27 de outubro de 1968 ![]() |
Número de edición | 19 (1968) ![]() |
Aberto oficialmente por | Gustavo Díaz Ordaz Bolaños (pt) ![]() ![]() |
Xuramento feito por | Pablo Garrido Lugo (en) ![]() ![]() |
Facho acendido por | Enriqueta Basilio ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… ![]() |
Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.
Contexto
[editar | editar a fonte]O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga, revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido a partir de outubro dese ano como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.[1]
Participación
[editar | editar a fonte]Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade innegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
45 | 28 | 34 | 107 |
2 | ![]() |
29 | 32 | 30 | 91 |
3 | ![]() |
11 | 7 | 7 | 25 |
4 | ![]() |
10 | 10 | 12 | 32 |
5 | ![]() |
9 | 9 | 7 | 25 |
6 | ![]() |
7 | 3 | 5 | 15 |
7 | ![]() |
7 | 2 | 4 | 13 |
8 | ![]() |
5 | 11 | 10 | 26 |
9 | ![]() |
5 | 7 | 5 | 17 |
10 | ![]() |
5 | 5 | 3 | 13 |
Imaxes icónicas
[editar | editar a fonte]Identidade corporativa
[editar | editar a fonte]O logotipo de México empregou unha tipografía que sería reutilizada no Mundial de fútbol e que se consolidou como asociada á cultura mexicana moderna. O facho olímpico estaba formado por outros máis pequenos que reproducían as letras do logotipo en tres dimensións.[2]
Black power
[editar | editar a fonte]Unha das imaxes máis icónicas dos Xogos do 68 foi o saúdo de Black power feito polos atletas velocistas dos Estados Unidos contra a discriminación racial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Borden, Kara. "Mexico '68: An Analysis of the Tlatelolco Massacre and its Legacy" (PDF) (en inglés). Universidad de Oregón. p. 3.
- ↑ "BBC Brasil - Notícias - Guia interativo mostra a história das tochas olímpicas". www.bbc.com (en portugués). Consultado o 2024-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 1968 ![]() |