Saltar ao contido

Álvaro Núñez Marcial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro Núñez Marcial
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1932–1933   Racing de Ferrol
1933–1935   Deportivo da Coruña 18(0)
1935– Unión Sporting Club
1939–1944   Celta de Vigo 65(1)
1944–1946   Real Murcia 11(0)

Álvaro Núñez Marcial, nado en Vigo o 21 de decembro de 1912 e finado o 3 de xullo de 1992, foi un futbolista galego máis coñecido como Alvarito, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tralo parón que supuxo a Guerra Civil Española o Celta de Vigo afrontaba a tempada 1939/40 co reto de debutar en Primeira División e obter a permanencia.

Con este propósito chegan moitos novos xogadores ao club, entre eles Alvarito. Debutaba en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, con resultado de derrota por 3-2.

Tras cinco tempadas no club e a nefasta tempada 1943/44 que supuxo o descenso a Segunda División, ao so acadar 9 puntos, deixa o Celta de Vigo ao igual que Mundo e Agustín.

Alvarito aínda xogaría en Primeira División dúas tempadas máis, esta vez no Real Murcia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en agosto de 1935 con Dolores García Méndez.[1]

  1. "Capítulo de bodas". El Correo Gallego (en castelán) (19820). 13 de agosto de 1935. p. 4. Consultado o 27 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]