Saltar ao contido

Daniel Díaz de León Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Díaz de León Castillo
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Chihuahua, México Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo

Diego Díaz de León y Castillo nado en Chihuahua o 8 de febreiro de 1910, foi un futbolista mexicano máis coñecido como Pirelo, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pirelo xogara no Celta de Vigo dúas tempadas antes do ascenso a Primeira e da Guerra Civil. Despois estivo un tempo no Eiriña CF, reforzou en varios partidos amigábeis ao Racing Club de Ferrol e fichou de novo polo Celta en 1939 canda a Vicente Cons e Edelmiro II para reforzar o equipo de cara ao debut en Primeira División desa tempada. Debutou co Celta na máxima categoría o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, partido que perdería o club vigués por 3-2. Neste primeiro ano disputou 19 dos 22 encontros, sendo un dos máis utilizados.

Ao longo das dúas tempadas máis que estivo no Celta foi perdendo protagonismo ata que na última so disputou catro encontros, e finalmente abandona o equipo na tempada 1941/42. Porén aínda puido formar parte do equipo que o 23 de abril de 1941 venceu por 8-0 ao Deportivo da Coruña en Balaídos en partido de Copa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Berto V. T. (10 de novembro de 2010). "Pirelo". Yo jugué en el Celta (en castelán).