Ángel Iglesias Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Monte Asnal, España |
Morte | 2005 (89/90 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Ángel Iglesias Martínez, nado en Monte Asnal (Amoeiro) en 1915 e finado en 2005,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 13 de novembro de 1936, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, matou en defensa propia na casa da súa moza Herminia Gutiérrez a Antonio Ferreira Sánchez, xefe dos falanxistas de Palmés. Detido, fuxiu cando ían pasealo e estivo agochado até o remate da guerra civil. Entregouse en 1940 e foi xulgado e condenado a oito anos en prisións e campos de concentración, entre eles traballos forzados no Val dos Caídos. Retornou a Trasalba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso Montero, X. (5 de xullo de 2019). "«...home bravo que non se deixou cazar»". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fundación Luís Tilve, ed. (2014). A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela. p. 90. ISBN 978-84-95773-27-2.
- Soutelo Vázquez, R. (2019). O Anxo de Monteasnal. Investigación e didáctica da represión franquista partindo da memoria oral dun home bravo que non se deixou cazar. Ir Indo.