Palmés, Ourense
Palmés | |
---|---|
Mosteiro de Santa Comba de Naves. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°21′47″N 7°56′37″O / 42.363047222222, -7.9435333333333 |
Poboación | 254 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Palmés é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 254 habitantes (127 homes e 127 mulleres). Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.[Cómpre referencia]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O mosteiro de Santa Comba de Naves foi un mosteiro beneditino. Pénsase que foi fundado no ano 888 por Afonso III. O 26 de abril de 1499, prior da orde de San Bieito de Valladolid, incorporou o mosteiro de Naves e mais o de San Pedro de Rocas ao mosteiro de Celanova. Porén, o 23 de xullo dese mesmo ano decidiu asocialos ao mosteiro de San Paio de Antealtares, pero Celanova presentou un recurso en Valladolid. Finalmente, o papa León X validou a anexión a Celanova, que xa declarara Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorado administrativo de Celanova. Na idade moderna foi abandonado, sendo reconstruído en 1760, e estivo activo con tres ou catro monxes até a desamortización de 1836.
A construción tiña planta baixa e dous andares, con capacidade para 12 monxes. Tiña unha capela de época moderna e un pombal.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mosteiro de Santa Comba de Naves.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Palmés
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Palmés no concello de Ourense | |
---|---|
Anaigo | A Burata | O Burgo | Campo Novo | A Conchada | A Lama | Naves | O Outeiro | Palmés | O Pereiro | Pradobó | Reboredo | Saceda |