Ángel Martínez Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Vigo, España |
Morte | 24 de febreiro de 2022 Poio, España |
Causa da morte | suicidio, caída de altura |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor |
Ángel Martínez Pérez, nado en Vigo e finado en Poio o 24 de febreiro de 2022[1], foi un empresario e representante musical galego, coñecido como Lito.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A finais da década de 1980 comezou no negocio da representación de orquestras e eventos musicais. En 1985 fundou Espectáculos Lito con sede en Caldas de Reis. Foi fundador ou representante de orquestras como Panorama, París de Noia, Sintonía de Vigo, Philadelphia ou Olympus.[3] O grupo de empresas Lito está formado por Soner Sonido e Iluminación SL, Emuli SL, Escena Rent SLU e Producciones Artísticas Lito SL.
A súa empresa chegou a mover 25 millóns de euros ao ano. Controlando a 60 orquestras en Galicia con 70 axentes comerciais que vendían os contratos coas orquestras que representaba ás comisións de festas. Foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra en marzo de 2018 a 12 anos de cárcere e ao pago de 36 millóns de euros por delito fiscal. Posteriormente o Tribunal Supremo anulou esta sentenza e, trala repetición do xuízo, a pena de cárcere foi reducida en xuño de 2021 a dous anos e tres meses.[1]
Os seus problemas coa Xustiza neses seus últimos anos acompañáronse de problemas de saúde física e mental. Finalmente, faleceu o 24 de febreiro de 2022, tras precipitarse ao baleiro dende a ponte da Barca (Poio), sobre a autoestrada AP-9.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Puga, Natalia (24 de febreiro de 2022). "Falece 'Lito', o rei das orquestras". Pontevedra Viva.[Ligazón morta]
- ↑ "Lito, el amo de las verbenas gallegas que debe 46 millones a Hacienda", El Mundo, 21 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ "Lito, el estafador de las 80 orquestas: 30 años dando fiestas en Galicia sin pagar a Hacienda", El Español, 18 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ "Fallece Lito, el 'Rey de las Orquestas'". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022.