Saltar ao contido

Ángel Puerto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Puerto
Nome orixinalÁngel Puerto Pineda
Biografía
Nacemento13 de novembro de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
El Viso del Alcor, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central


Ángel Puerto Pineda, nado en El Viso del Alcor o 13 de novembro de 2002, é un futbolista español, que xoga como defensa central no Fabril, da Terceira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na localidade sevillana de El Viso del Alcor, ingresou aos seis anos na canteira do Sevilla, club no que permaneceu durante os seguintes trece anos.[1] Na tempada 2020/21 compaxinou o equipo xuvenil co segundo filial do club, o Sevilla C, da Terceira División, no que se integrou plenamente na seguinte campaña.

En xullo de 2022 trasladouse a Galicia, onde fichou polo Deportivo da Coruña para xogar no seu filial, o Fabril, da Terceira División RFEF.[1] O 12 de novembro de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Dani Barcia e Retu.[2]

  1. 1,0 1,1 "El joven central Ángel Puerto firma con el Dépor dos años, más otro opcional". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de xullo de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  2. "O Dépor cae en primeira rolda de Copa (2-0)". Deportivo da Coruña. 12 de novembro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023. 

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]