Saltar ao contido

Dani Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dani Barcia
Información persoal
Nome Daniel Barcia Rama
Nacemento 19 de xaneiro de 2003
Lugar de nacemento A Costa da Tapia
Posición defensa central
Información de club
Club actual Fabril
Número 5
Carreira xuvenil
2009–2011 Atlético San Pedro
2011–2022 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Fabril 57 (4)
2022– Deportivo da Coruña 14 (0)
Selección nacional
2021– España sub-19 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2024.
Selección: actualizado a 11 de febreiro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Daniel Barcia Rama, nado na Costa da Tapia (O Temple, Cambre) o 19 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 19 de xaneiro de 2003 na Costa da Tapia, onde se instalaran antes de el nacer seus pais Sandra e Toni.[1] Seu pai, orixinario de Cabana de Bergantiños, fora futbolista de varios equipos da Liga da Costa, e militou tamén no Bergantiños de Xulio Díaz a finais da década de 1980.[1]

Socio do Deportivo da Coruña dende o seu nacemento,[1] comezou a xogar ao fútbol no equipo prebenxamín do Atlético San Pedro, co que marcou numerosos goles xogando no centro do campo. Aos oito anos incorporouse ao equipo benxamín do Deportivo e durante os seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2020/21 formou parte do equipo xuvenil que con Óscar Gilsanz como adestrador conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[2] Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA, xa ás ordes de Manuel Pablo, sendo titular en todos os partidos, e xogou os 120 minutos do encontro fronte ao Dynamo de Kíiv, caendo xunto ao seu equipo na quenda de penaltis, nun Riazor con máis de 20.000 seareiros nas bancadas.[3]

Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse na defensa titular do equipo. O 12 de novembro de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Puerto e Retu.[4]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O seu alto rendemento co Deportivo da Coruña Xuvenil levouno a debutar coa selección española sub-19 en setembro de 2021, nun amigable diante de México.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 1,2 Antelo, Iván (17 de novembro de 2021). "Así es Dani Barcia, la otra joya del Deportivo que desean los grandes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  2. Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  3. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  4. "O Dépor cae en primeira rolda de Copa (2-0)". Deportivo da Coruña. 12 de novembro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  5. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 11 de febreiro de 2023.