Pablo Vázquez
Pablo Vázquez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pablo Vázquez Pérez | ||
Nacemento | 7 de outubro de 1994 | ||
Lugar de nacemento | Gandia | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 15 | ||
Carreira xuvenil | |||
2010–2011 | Tavernes | ||
2011–2012 | Crack's | ||
2012–2013 | Huracán | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2014 | Llosa | 15 | (1) |
2014–2015 | Ontinyent | 39 | (1) |
2015–2016 | San Fernando | 43 | (4) |
2016–2017 | Córdoba B | 34 | (4) |
2016 | Córdoba | 0 | (0) |
2017–2018 | Granada B | 20 | (3) |
2018 | → Alcorcón | 5 | (0) |
2018–2019 | Granada | 8 | (1) |
2019 | → Cultural Leonesa | 17 | (2) |
2019–2021 | Badajoz | 43 | (5) |
2021–2023 | Cartagena | 51 | (3) |
2022– | Deportivo da Coruña | 38 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pablo Vázquez Pérez, nado en Gandia o 7 de outubro de 1994, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División. Pode ocupar tamén a posición de centrocampista defensivo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Gandia, formouse como futbolista nas canteiras de tres clubs valencianos: Tavernes, Crack's e Huracán.[1] En 2013 debutou na Tercera División, nas filas do CD Llosa, e en xuño de 2014 fichou polo Ontinyent CF, da mesma categoría, onde se fixo inmediatamente coa titularidade.[2]
Na tempada 2015/16 xogou no San Fernando,[2] antes de fichar en 2016 polo Córdoba B.[3] Co filial verde xogou un total de 34 partidos na Segunda División B, marcando 4 goles. O 12 de outubro de 2016 debutou co primeiro equipo do Córdoba, nun partido da Copa do Rei ante o Cádiz que rematou con vitoria cordobesa por 2-1.[4]
En xullo do ano seguinte fichou por un novo filial: o Granada B.[5] Despois de seis meses no club e de disputar 20 partidos, todos completos, o seu bo rendemento valeulle ser cedido no mercado invernal a un equipo da Segunda División: o Alcorcón.[6] Debutou na categoría de prata na 23ª xornada, contra o Cádiz, substituíndo na segunda parte ao galego Jonathan Pereira.[7] Con todo, só disputou catro partidos máis co club de Alcorcón.
A continuación regresou a Andalucía, onde asinou un novo contrato, xa con ficha do primeiro equipo do Granada.[8] Con todo, non chegou a xogar ningún partido de liga co equipo nazarí, disputando só un partido de Copa do Rei ante o Elche no que marcou un gol. Ante a falta de minutos, para a segunda parte da tempada saíu cedido á Cultural Leonesa, de Segunda B, onde foi titular en todas as restantes xornadas.[9]
Trala fin da súa cesión rescindiu o seu contrato co Granada e fichou polo Badajoz.[10][11] Militou dúas campañas no equipo estremeño, xogando un total de 52 partidos, nos que marcou 8 goles, e disputou dúas veces a fase de ascenso a Segunda. En xuño de 2021 asinou como novo xogador do FC Cartagena, co que xogou durante dous anos na Segunda División, contabilizando un total de 57 partidos e 4 goles.[12]
No verán de 2023 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pablo Vázquez, novo xogador do Dépor 2023-24". 15 de xullo de 2023. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "De rival, a parte del proyecto" (en castelán). 29 de xullo de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "La encrucijada de la defensa" (en castelán). 31 de outubro de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "El Córdoba muestra mejores condiciones en el Carranza". Marca (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "El Granada B incorpora 18 nuevos jugadores a su plantilla" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Hongla, cedido al Barça B y a Pablo Vázquez al Alcorcón". As (en castelán). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ Jiménez, Álex (21 de xaneiro de 2018). "Un acertado Alcorcón cierra el grifo a la racha del Cádiz". Marca (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "El Granada CF renueva a Pablo Vázquez" (en castelán). 16 de agosto de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Cesión de Pablo Vázquez" (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez se desvincula del Granada CF" (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez ficha por el Badajoz tras desvincularse del equipo" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Vázquez, un central contundente y de garantías para la defensa del Efesé" (en castelán). 18 de xuño de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Nados en 1994
- Nados en Gandia
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Ontinyent CF
- Xogadores do San Fernando CD
- Xogadores do Córdoba CF B
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Granada CF B
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do Deportivo da Coruña