Saltar ao contido

Luis Quintero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Quintero

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalLuis Eduardo Quintero Hernández
Biografía
Nacemento12 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo dereito

Luis Eduardo Quintero Hernández, nado en Alacant, o 12 de outubro de 2004, é un futbolista hispano-colombiano que xoga como extremo dereito no Amorebieta, cedido polo Vilarreal. É internacional coas categorías inferiores da selección de Colombia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Alacant, sendo fillo de inmigrantes colombianos naturais de Palmira, no departamento de Valle del Cauca.[1] Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Elche e do Kelme, antes de ingresar en 2017 na canteira do Vilarreal.[1][2] Nas tempadas 2020/21 e 2021/22 xogou na División de Honra co equipo xuvenil do CD Roda, equipo que mantén un convenio de colaboración co Vilarreal.[3] De regreso no equipo amarelo, na tempada 2022/23 debutou co equipo C na Terceira División RFEF, nun partido ante o Rayo Ibense.[4]

Na primeira metade da campaña 2023/24 xogou cedido no Amorebieta, da Segunda División,[5] categoría na que debutou o 11 de agosto, nun empate 1-1 na casa ante o Levante.[6] Disputou un total de 20 partidos co club vasco, saíndo en case todos dende o banco de suplentes.

O 31 de xaneiro de 2024 anunciouse a súa marcha do Amorebieta e a súa chegada ao Deportivo da Coruña, cedido cunha opción de compra.[7] A súa vinculación co Deportivo e coa Coruña viña xa dende a súa infancia, pois pasaba os veráns na cidade galega, onde vivía parte da súa familia materna e onde se afeccionou ao Deportivo.[8] Apenas contou coa confianza do adestrador do Imanol Idiakez, que só o aliñou durante 39 minutos repartidos en cinco encontros.

Para a tempada 2024/25 volveu saír cedido ao Amorebieta.[9]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Elixible para xogar tanto con España como con Colombia, escolleu a nacionalidade de seus pais, sendo convocado por primeira vez polas categorías inferiores da selección colombiania a principios de 2020, para un torneo sub-16 en Portugal, onde participou en partidos contra Alemaña, os Países Baixos e Portugal.[1] En 2022 disputou coa selección sub-20 o Torneo Maurice Revello en Bocas do Ródano, acabando no cuarto lugar.[10][11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É curmán do tamén futbolista Juan Sebastián Quintero.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 ""Mi lugar siempre será la Selección Colombia": Luis Quintero, jugador del Villarreal de España" (en castelán). 21 de xuño de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  2. Candel Ortega, Santiago (2 de agosto de 2022). "Luis Quintero: «Siempre me he fijado en Hazard»" (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  3. Maraví Coppa, Jean Pierre (8 de decembro de 2021). "Luis Quintero, la joya colombiana que se hace un camino en España" (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  4. "Luis Quintero, el futbolista alicantino que ha dado calabazas a España para jugar con Colombia" (en castelán). 27 de setembro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  5. "Luis Quintero, cedido al Amorebieta" (en castelán). 6 de xullo de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  6. "El Amore no se arruga ante un buen Levante". Marca (en castelán). 11 de agosto de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  7. "O Dépor ata a Luis Quintero até final de temporada". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  8. "Luis Quintero: «Confío en mi talento»" (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2024. 
  9. "El joven Luis Eduardo Quintero, cedido por el Villarreal, nuevo jugador azul" (en castelán). 6 de xullo de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  10. "Luis Quintero: "Mi prioridad ha sido estar con la Selección Colombia, la verdad es un privilegio"" (en castelán). 7 de xuño de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  11. Cavero Olivera, David (30 de decembro de 2022). "Luis Quintero, el jugador del Villarreal por el que suspiran España y Colombia" (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]