Ian Mackay
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1986 (38 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ian Mackay Abad, nado na Coruña o 14 de xullo de 1986, é un futbolista galego que xoga de porteiro no Eldense, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e comezos
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio coruñés do Ventorrillo,[1] sendo fillo de John Cameron Mackay, un capitán de barco de Inverness, nas Highlands escocesas, e de Luisa Abad, coruñesa.[2] Ten unha irmá tamén porteira de fútbol, Tatiana, e catro medias irmás en Aberdeen.[3]
Comezou a xogar ao fútbol aos seis anos no Silva,[4] pasando ao ano seguinte ao Ural.[5] No club verde coincidiu co seu curmán Miguel Ángel Santiso, máis coñecido como Kuman, que anos máis tarde sería subcampión do mundo coa selección española de fútbol praia,[6] así como co tamén porteiro Damián Seijoso, co que trabou unha grande amizade.[7] Admirador de René Higuita, Bernard Lama e Jorge Campos Navarrete, axiña se converteu no gardameta máis prometedor da canteira coruñesa.[8]
Do Ural deu o salto ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña, ao que chegou como cadete de segundo ano.[9]
Fabril e cesións (2005-2007)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2005/06 subiu ao Fabril, que militaba en Terceira División, e gañou a titularidade por diante de David Yáñez, nun equipo no que xogaban entre outros Álex Bergantiños, Carlos Pita, Iago Iglesias, Xisco, Rubén Rivera ou Iván Carril.[10] Os homes de Tito Ramallo acabaron ese ano campións do seu grupo, con récord histórico de puntos, e Mackay foi o porteiro menos goleado da categoría.[11] Xogou a promoción de ascenso a Segunda B, onde o Fabril eliminou ao Lealtad e caeu contra o Cobeña.[12]
No verán de 2006 fixo a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na que o adestrador Joaquín Caparrós probaba novos porteiros tras a retirada de Molina. Debutou nun amigable contra o San Roque de Lepe,[13] e xogou varios amigables máis, incluído un contra o Benfica. O 13 de agosto disputou a final do Trofeo Teresa Herrera contra o Milan de Ancelotti, realizando unha destacada actuación que contribuíu a que o trofeo quedase en Riazor.[14]
Finalmente os porteiros elixidos foron Aouate e Munúa, mentres que Mackay foi cedido ao Ceuta, de Segunda B.[15] Alí xogou só tres partidos, despois de estar varias semanas de baixa por unha lesión nun ollo,[16] sendo cedido na segunda metade da tempada ao Universidad de Oviedo, da mesma categoría, onde tampouco puido xogar moito debido a unha luxación nun cóbado.[17] Dita lesión impediulle debutar coa selección escocesa sub-20, á que fora convocado. Volveu facer a pre-tempada de 2007 co Deportivo, adestrado entón por Miguel Ángel Lotina, e no derradeiro día do mercado de fichaxes foi traspasado ao Vecindario, de 2ªB.[18]
Vecindario e Cidade de Santiago (2007-2009)
[editar | editar a fonte]No equipo canario apenas contou con minutos, sendo o porteiro titular Javi Muñoz, e en xaneiro de 2008 saíu cedido ao Cidade de Santiago, na Terceira división.[19]
O club compostelán comezaba a afundirse nunha grave crise financeira. Con todo, con Mackay baixo os paus e Changui na dianteira, o equipo conseguiu un histórico ascenso a Segunda B. O contrato do gardameta coruñés foi renovado e foi titular durante case toda a tempada 2008/09, na que o club acadou a permanencia sen problemas, pero foi descendido administrativamente.
Ponferradina (2009-2011)
[editar | editar a fonte]No verán seguinte fichou pola Ponferradina,[20] club berciano co que aspiraba a conseguir o ascenso á Segunda División. Disputou 25 encontros de liga, nos que encaixou só 13 goles, e o equipo proclamouse campión do seu grupo, con nove puntos de vantaxe sobre o Eibar, segundo. Nas semifinais da fase de ascenso quedou encadrado coa UE Sant Andreu. O partido de ida no Narcís Sala acabou 1-0, ao igual que o de volta no Toralín, polo que foi necesaria unha quenda de penaltis.[21] Nesta realizáronse 18 lanzamentos, sendo o último deles detido por Mackay, dándolle así o ascenso ao equipo do Bierzo.[22][23]
Continuou un ano máis na Ponferradina e foi titular durante a primeira metade da tempada, pero perdeu esta condición tras a chegada ao banco de Claudio Barragán, que preferiu utilizar a Alejandro.[24] Ao remate da campaña os bercianos descenderon novamente a Segunda B e o club ofreceulle a Mackay a renovación, pero este rexeitouna.[25]
1ª etapa no Sabadell (2011-2012)
[editar | editar a fonte]Decidiu firmar entón co Sabadell, club que lle permitía seguir xogando na segunda categoría do fútbol español.[26] Pero unha lesión a principio de tempada, que precisou de dúas intervencións cirúrxicas, impediulle coller continuidade.[27]
Atlético Baleares e Boiro (2012-2014)
[editar | editar a fonte]No verán de 2012 asinou co Atlético Baleares, do grupo terceiro da Segunda B, onde foi titular na maioría de partidos da tempada. En outubro de 2013 fichou polo CD Boiro, da Terceira División. Xogou 5 meses no equipo de Gelucho, disputando 24 encontros.
Racing de Ferrol (2014-2018)
[editar | editar a fonte]En abril de 2014, as lesións de tres porteiros do Racing de Ferrol (Camacho, Valín e Souto), permitiron ao gardameta de ascendencia escocesa facerse novo gardián dos paus da Malata.[28] Xogou os derradeiros encontros da tempada 2013/14 da Segunda B, e permaneceu no club ferrolán outros catro anos máis, sendo titular indiscutible durante ese tempo, no que disputou 140 partidos.
Real Murcia e 2ª etapa no Sabadell (2019-2021)
[editar | editar a fonte]No verán de 2018 fichou polo Real Murcia, que completou unha mala campaña na categoría de bronce, sendo Mackay o xogador máis destacado do equipo.[29][30] A continuación regresou ao Sabadell, facéndose esta vez coa titularidade dende o primeiro partido.[31] Na súa primeira tempada conseguiu o ascenso a Segunda,[32] e na 2020/21 as súas destacadas actuacións fixeron que fose elixido pola Liga como o mellor porteiro da categoría de prata.[33]
Deportivo da Coruña (2021-2024)
[editar | editar a fonte]En xuño de 2021 regresou ao Deportivo da Coruña 14 anos despois da súa marcha.[34] O 29 de agosto de 2021 debutou co Deportivo en partido oficial, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[35] Foi titular indiscutible na portería de Riazor durante as súas dúas primeiras tempadas,[36] sendo en ambas ocasións o terceiro gardameta menos goleado da categoría, na primeira delas por detrás de Gianfranco Gazzaniga (Racing de Ferrol) e Miquel Parera (Racing de Santander) e na segunda superado só por Jesús Ruiz (Alcorcón) e de novo por Gazzaniga.[37][38]
Nesas dúas campañas o Deportivo xogou sen éxito senllas promocións de ascenso a Segunda. Na segunda delas Mackay viviu o peor momento da súa carreira deportiva, coa súa desafortunada actuación no encontro de volta das semifinais ante o Castellón. Fallou nos dous goles recibidos polo Deportivo na primeira parte e golpeou a un rival nos minutos finais, o que provocou un penalti e a súa expulsión, e obrigou ao club coruñés a xogar cun home menos a prórroga, caendo finalmente eliminado.[39] O xogador afirmou posteriormente que o acontecido naquel partido, así como as críticas recibidas, fixérono pensar en abandonar o fútbol.[40]
Na tempada 2023/24 herdou o brazalete de capitán de Álex Bergantiños trala retirada deste no verán, e tivo que competir pola titularidade con Germán Parreño.[36] Comezou como suplente, ata que recuperou a titularidade entre as xornadas 7 e 11, pero ao continuación Germán volveu ser o porteiro elixido por Imanol Idiakez como titular. No mercado invernal o club decidiu rescindir o seu contrato e fichar no seu lugar ao barcelonés Eric Puerto.[41][42] Deixou o Deportivo despois dun total de 80 partidos oficiais, nos que encaixou 68 goles.
Eldense (2024-)
[editar | editar a fonte]Uns días despois da súa saída do Deportivo, anunciouse a súa fichaxe polo Eldense, regresando así á Segunda División dous anos e medio despois.[43] Chegou ao club de Elda para suplir a ausencia de Andoni Zubiaurre, cedido ao Mirandés.[43]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Marcado pola morte da súa nai por cancro en 2012, desde entón xogou habitualmente con equipamento rosa, cor asociada á loita contra dita enfermidade.[44] Ademais, participou en numerosas iniciativas en apoio ás persoas afectadas polo cancro, enfermidade que acabou tamén coa vida de seu pai en 2018.[45][46][47]
En 2012 casou coa tamén coruñesa Iria Rodríguez, coa que tivo dúas fillas: Daniela e Lara.[48] Incluíu as iniciais destas no dorsal da súa camiseta do Deportivo da Coruña, xogando dende entón co nome de "Mackay D.L.".[48]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centeno, Alexandre (8 de xuño de 2021). "Ian Mackay se convierte en el segundo fichaje del Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "The Scottish goalkeeper who doesn't speak English" (en inglés). 8 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Los Mackay ponen el cerrojo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril del 2009.
- ↑ "Entrevista a Ian Mackay" (en castelán). 13 de novembro de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Diez razones para creer en el fútbol gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2001. p. 32.
- ↑ Miranda, Carlos (28 de agosto de 2021). "Ian Mackay y la portería de su vida". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ Varela, Pablo (29 de xullo de 2018). "La infancia bajo palos para una amistad de por vida" (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ Zautúa, Israel (15 de outubro de 2024). "René Higuita, Bernard Lama y Jorge Campos, los ídolos de Ian Mackay en su infancia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de outubro de 2024.
- ↑ Varela, Pablo (29 de xullo de 2018). "La infancia bajo palos para una amistad de por vida" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "El hito del Fabril de Bergantiños, Iago y Xisco". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2013. p. 10.
- ↑ Alonso Lois, Paulo (28 de febreiro de 2013). "El posible récord de 93 puntos". La Voz de Galicia (en castelán). p. 10.
- ↑ "El Fabril se queda en Tercera por su falta de definición". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xuño de 2006. p. 49.
- ↑ "El Dépor viajó con 4.500 litros de agua gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2006. p. 16.
- ↑ Bouzas, Fabián (4 de setembro de 2016). "Mackay, Pirlo y el sueño de una noche de verano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Mackay, prestado al Ceuta y Senel, vendido al Málaga". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de setembro de 2006. p. 27.
- ↑ "La AD Ceuta recupera a Alfonso y Mackay" (en castelán). 24 de novembro de 2006. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Ian Mackay, portero del Sabadell: “Me encantaría que se salvara el Real Oviedo”" (en castelán). 6 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "El Deportivo de la Coruña traspasa al portero Ian Mackay al Vecindario". eldiario.es (en castelán). 31 de agosto de 2007. p. 31. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Pipo se lesiona e Ian Mackay viajará con el Ciudad a Verín". El Correo Gallego (en castelán). 1 de febreiro de 2008. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Ian Mackay firmou onte coa Ponferradina" Arquivado 01 de setembro de 2009 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 24 de xullo de 2009.]
- ↑ "La Ponferradina pone pie y medio en Segunda División A" (en castelán). 16 de maio de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "La parada de Mackay provocó el delirio en Ponferrada". Marca (en castelán). 24 de maio de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Granada y Ponferradina ascienden a la Liga Adelante". As (en castelán). 23 de maio de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ Carretero, Rodrigo (10 de maio de 2011). "Mackay pierde su sitio". El País (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Mackay, el héroe del ascenso, deja la Ponferradina" (en castelán). 13 de xuño de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "El gallego Ian Mackay, nuevo portero del Sabadell". Sport (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "La reválida de Mackay". Marca (en castelán). 20 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ Alonso Lois, Paulo (2 de abril de 2014). "El Racing ya tramita la baja de Valín para fichar a Mackay". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Ian Mackay, el único futbolista por el que suspira la afición grana" (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Ian Mackay no seguirá en el Real Murcia". Cadena SER (en castelán). 29 de maio de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Mackay: "El proyecto deportivo ambicioso me ha hecho irme al Sabadell"" (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ Maínez, Rafa (26 de xullo de 2020). "El Sabadell vuelve a Segunda cinco años después tras remontar ante el Barça B". Marca (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ Lema, Jorge (8 de xuño de 2021). "El Depor, cerca de cerrar al mejor portero de Segunda: Ian Mackay" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Ian Mackay, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 11 de xuño de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ 36,0 36,1 De la Cruz, Luis (9 de xaneiro de 2024). "Los días más difíciles de Ian Mackay en el Deportivo". As (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ "1ª RFEF Grupo I 2021-22". BDFutbol (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ "1ª RFEF Grupo I 2022-23". BDFutbol (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ De la Cruz, Luis (11 de xuño de 2023). "Mackay entrega la final al Castellón en un partido loco". As (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Mackay: «Después de Castellón pensé en colgar los guantes»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 2023. Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ Lema, Jorge (10 de xaneiro de 2024). "Oficial: El Deportivo rescinde el contrato de Ian Mackay". As (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Finaliza a etapa de Ian Mackay no RC Deportivo". 10 de xaneiro de 2024. Consultado o 10 de xaneiro de 2024.
- ↑ 43,0 43,1 "Ian Mackay complementa la portería del Eldense". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Alonso Lois, Paulo (26 de maio de 2015). "Mackay, rosa por amor a su madre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ Silveira, Xane (2 de febreiro de 2023). "La camiseta rosa de Ian Mackay: el emotivo homenaje contra el cáncer que enorgullece al mundo del fútbol" (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ "Paradón contra el cáncer de mama en A Coruña" (en castelán). 21 de outubro de 2021. Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ "Espíritu rosa en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 6 de decembro de 2023.
- ↑ 48,0 48,1 "El talismán de las hijas de Mackay en su camiseta del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 6 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Ian Mackay (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador na páxina oficial da Ponferradina (en castelán).
- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán).
- Nados en 1986
- Nados na Coruña
- Galegos de ascendencia escocesa
- Futbolistas da Coruña
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do AD Ceuta
- Xogadores do AD Universidad de Oviedo
- Xogadores da UD Vecindario
- Xogadores da SD Ciudad de Santiago
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do CD Atlético Baleares
- Xogadores do CD Boiro
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do CD Eldense