Saltar ao contido

Alberto Benito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Benito
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Altafulla, España Editar o valor en Wikidata
Peso68 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Zaragoza

Alberto Benito Correa, nado en Altafulla o 13 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga de lateral dereito no Reus, da Terceira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Gimnàstic de Tarragona e na tempada 2010/11 debutou co seu filial, o Pobla de Mafumet, na Terceira División.[1] No verán de 2012 foi ascendido ao primeiro equipo do Nàstic en Segunda División B, aínda que mantivo ficha do filial. Foi o lateral dereito titular no equipo aquela tempada, disputando 29 partidos.

En xullo de 2013, despois de rematar contrato, asinou por dous anos co Sporting de Gijón B, da mesma categoría.[2] Xogou 48 partidos no club asturiano e marcou un gol contra o Celta de Vigo B.

Na tempada 2015/16 fichou polo CF Reus Deportiu, tamén de 2ªB.[3] Disputou 28 partidos de liga no equipo de Natxo González, contribuíndo a que o conxunto se proclamase campión do Grupo III, e disputou tamén os dous partidos da promoción contra o Racing de Santander, logrando o primeiro ascenso á Segunda División nos máis de 100 anos de historia do club.[4] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2016/17, na vitoria por 0-1 contra o RCD Mallorca en Son Moix, marcando el mesmo o primeiro gol do club na categoría.[5] Foi o lateral dereito titular durante toda a tempada, exceptuando os 11 encontros que perdeu debido a unha lesión de nocello e outra de ombreiro, contribuíndo a que o equipo lograse a permanencia de xeito cómodo.[6][7]

No verán de 2017, tanto el como o lateral esquerdo do Reus, Ángel Martínez, seguiron os pasos de Natxo González e ficharon polo Real Zaragoza, tamén en Segunda.[8] Xogou 56 partidos no club aragonés, 54 deles como titular, e disputou unha fase de ascenso a Primeira División, na que caeron eliminados contra o Numancia.

O 28 de xuño de 2019, asinou por dúas tempadas polo Albacete Balompié, tamén de Segunda División.[9] Xogou nel 57 partidos, descendendo ao remate da tempada 2020/21.

En xullo de 2021 fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, para competir na primeira edición da Primeira División RFEF.[10] Debutou co club galego na vitoria por 0-1 da segunda xornada fronte ao Tudelano no Ciudad de Tudela.[11] Con todo, non atopou oco no equpo dirixido por Borja Jiménez, que contaba con outros tres xogadores para o lateral dereito (Víctor García, Trilli e Valín), polo que en xaneiro de 2022 o seu contrato foi rescindido e asinou coa Cultural Leonesa, da mesma categoría.[12]

No club leonés apenas tivo participación, disputando só cinco partidos. Ao remate da tempada baixou seis categorías para xogar co equipo do seu pobo, o Altafulla, na Terceira Catalá. En 2023 fichou polo Reus, da Terceira División RFEF.[13]

  1. "Benito asombra". Diari de Tarragona (en castelán). 21 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  2. "Pablo Pérez firmó como profesional y llega para el filial Alberto Benito". realsporting.com (en castelán). 23 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  3. "Alberto Benito refuerza el lateral diestro del CF Reus". Diari de Tarragona (en castelán). 7 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  4. Libiano, Marc (23 de abril de 2018). "Héroes del ascenso". Diari de Tarragona (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  5. "Un golazo de Benito da al Reus su primera victoria". Marca (en castelán). 20 de agosto de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  6. Jiménez, Marta (14 de febreiro de 2017). "Alberto Benito, listo para regresar". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  7. "Cojo de una banda en Lugo". Marca (en castelán). 31 de marzo de 2017. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  8. "Alberto Benito y Ángel Martínez: Natxo se trae el 50% de la defensa del Reus". Heraldo de Aragón (en castelán). 13 de xuño de 2017. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  9. "Alberto Benito, nuevo jugador del Albacete Balomopié". albacetebalompie.es (en castelán). 28 de xuño de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  10. "Alberto Benito, novo xogador do Dépor 2021-2022". 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  11. "Traballada vitoria pola mínima en Tudela (0-1)". Deportivo da Coruña. 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  12. "Alberto Benito deja de ser jugador del Deportivo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  13. "Alberto Benito vuelve al Reus" (en castelán). 27 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]