Saltar ao contido

Diego Villares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Villares

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Samarugo, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,86 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo22 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2018   RC Vilalbés 135(15)
2018–2021   Deportivo Fabril 46(6)
2019–2019 cesión   RC Vilalbés 19(4)
2021–   Deportivo da Coruña 125(9)

Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996,[1] é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Racing Vilalbés (2006-2018)

[editar | editar a fonte]

Formouse futbolisticamente no Racing Vilalbés, comezando nas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou en Terceira División na parte final da tempada 2013/14 estando aínda en idade xuvenil.[1] Na seguinte tempada continuou no equipo xuvenil pero xogando con máis asiduidade no primeiro equipo, co que disputou 24 partidos, anotando 5 goles. Na súa etapa xuvenil xogaba como pivote ofensivo, mentres que na escuadra sénior o adestrador Óscar Gilsanz escorouno cara a banda dereita.[2]

Xa asentado no primeiro equipo, xogou os seguintes tres anos en Terceira, sendo titular en case todos os partidos. Nesta etapa disputou unha fase de ascenso a Segunda B na 2017/18 e converteuse no xogador máis importante do equipo.[3]

Fabril (2018-2021)

[editar | editar a fonte]

En maio de 2018 fichou polo Deportivo Fabril, en Segunda División B.[3] Debutou na primeira xornada de liga fronte ao Internacional de Madrid e marcou o seu primeiro gol na categoría en Pasarón, fronte ao Pontevedra.[4] Con todo, no filial deportivista adestrado primeiro por Tito Ramallo e logo por Sergi Pellicer, non tivo continuidade, e no inverno foi cedido ao seu antigo club, o Racing Vilalbés.[5]

Cesión ao Racing Vilalbés (2019)

[editar | editar a fonte]

Cando volveu ao Racing Vilalbés, o equipo atopábase nunha situación moi diferente á que había cando marchara, co equipo ocupando postos de descenso a Preferente.[6] Disputou co club lucense os 19 partidos restantes da tempada, anotando catro goles, e logrou a salvación comodamente, ao rematar no 11º posto.

De regreso no Fabril (2019-2021)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2019/20, co Fabril en Terceira, gañou a titularidade dende o principio tendo un rendemento notable, pero foi na seguinte campaña cando se converteu no capitán e líder indiscutible do equipo, adestrado por Juan Carlos Valerón.[7] Disputou 41 partidos co Fabril, anotando cinco goles e gañando a Copa Deputación 2019.[8]

Deportivo da Coruña (2021-presente)

[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[9][10] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[11] Foi titular en todos os restantes partidos, converténdose nun dos piares do equipo adestrador por Rubén de la Barrera e sendo galardoado ao remate da tempada como Xogador Estrella Galicia, tras unha votación entre os afeccionados do club para elixir o mellor xogador da tempada.[12][13]

Continuou sendo un dos xogadores máis importantes do equipo durante as seguintes dúas campañas na nova Primeira División RFEF, pero o club viviu dúas novas decepcións ao perder o ascenso en senllas promocións frustradas. Na tempada 2023/24 incorporouse ao equipo o andaluz José Ángel, co que Villares formou un excelente pivote no centro do campo, sendo o bo traballo de ambos unha das claves do ascenso do equipo de Imanol Idiakez á Segunda División.[14][15] Disputou un total de 40 encontros, 38 deles como titular, e anotou catro goles. O seu rendemento fixo que recibise o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do club durante a tempada, o segundo da súa carreira.[16]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 "Diego Villares: "Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí"". 16 de decembro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  2. "El Fabril ficha a Diego Villares, la promesa de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Diego Villares, primer fichaje del Fabril para la próxima temporada" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  4. "El Fabril desaprovecha dos goles de ventaja en Pasarón" (en castelán). 11 de novembro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  5. García, Rubén (30 de novembro de 2019). "De Abegondo a Vilalba, 75 kilómetros" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  6. "Diego Villares vuelve cedido al Vilalbés". El Progreso (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  7. Castiñeira, Martín (21 de dcembro de 2020). "Diego Villares, el chico para todo de Juan Carlos Valerón" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  8. "O Fabril, campión da Copa Deputación". 14 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  9. "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  10. "Diego Villares subirá al primer equipo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  11. "Nova derrota branquiazul (2-0)". 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  12. "Diego Villares: un regalo inesperado" (en castelán). 11 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  13. "Diego Villares, Xogador Estrella Galicia do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 10 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  14. "El Deportivo, en busca de socios para José Ángel y Villares" (en castelán). 15 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  15. "José Ángel renueva con el Deportivo hasta 2026" (en castelán). 30 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  16. "Chío do Deportivo da Coruña". Twitter. Consultado o 22 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]