Saltar ao contido

Kevin Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKevin Sánchez

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalKevin Sánchez Rey
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro

Kevin Sánchez Rey, nado en Burgos o 20 de febreiro de 2005, é un futbolista español, que xoga como dianteiro no Fabril, da Segunda División RFEF. É internacional coa selección española sub-19.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Burgos e ten ascendencia galega por parte de seu avó, natural de Pontedeume.[1] Comezou a xogar ao fútbol no Inter Vista Alegre, pasando aos 9 anos á canteira do Burgos CF, na que permaneceu ata 2019, cando con 14 anos recibiu a chamada do Deportivo da Coruña.[2][3]

A súa primeira tempada en Galicia pasouna xogando cedido no San Tirso de Mabegondo, club que conta cun convenio de colaboración co Deportivo. Na tempada 2020/21 compaxinou o cadete do Deportivo co xuvenil B e na seguinte foi xa o máximo goleador do xuvenil B. Na 2022/23 subiu ao xuvenil A e proclamouse máximo goleador do Grupo I da División de Honra, con 21 goles.[4] Ademais, esa mesma tempada disputou as segundas semifinais da Copa do Rei Xuvenil da historia do club, debutou co Fabril en Terceira RFEF nun derbi ante o Silva e foi convocado coa selección española sub-18.

En agosto de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña no Memorial Arsenio Iglesias fronte ao Atlético Arteixo, substituíndo tralo descanso a Tim Caroutas, e disputou tamén a 78ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte ao Red Bull Bragantino II.[5][6] O 6 de decembro de 2023 debutou en partido oficial, na segunda rolda da Copa do Rei ante o Tenerife en Riazor, e marcou na prórroga o gol que colocou o 2-2 no marcador, pero uns minutos despois outro gol de Sergio González decantou a eliminatoria para o club canario.[7] Catro días despois xogou tamén co Deportivo en liga, na 16ª xornada da Primeira División RFEF contra o Sestao, substituíndo no treito final a Diego Villares.[8]

Selección española

[editar | editar a fonte]

En novembro de 2022 foi convocado por primeira vez pola selección española sub-18 dirixida por Pablo Amo, coa que debutou o día 8 nun partido ante Suíza en Las Rozas.[9][10] Cinco meses despois, en Soleura, no seu cuarto encontro internacional, marcou ante a propia Suíza o seu primeiro gol coa selección.[11]

O 15 de novembro de 2023 debutou coa selección sub-19, xogando como titular ante Moldavia nun partido de clasificación para a Eurocopa sub-19 disputado no estadio Mikheil Meskhi de Tbilisi, e marcou o cuarto dos cinco goles do seu equipo (5-0).[12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. Antelo, Iván (15 de outubro de 2022). "Así es Kevin Sánchez: el gol del Deportivo juvenil llegado desde Burgos, en honor a Pontedeume". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  2. Ortega, Álvar (14 de xuño de 2022). "Madera de goleador" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  3. "Kevin renova por cinco anos co RC Deportivo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  4. "Máximos goleadores División de Honor 2023". besoccer.com (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  5. "O Dépor comeza a pretemporada con goles e homenaxes (6-0)". 1 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  6. "O Teresa Herrera queda na Coruña por 25ª vez (4-0)". 5 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  7. "Kevin Sánchez: “Meter gol en mi debut es un sueño, lloré y todo de la emoción”". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  8. "El Sestao River tutea al Dépor en Riazor" (en castelán). 10 de decembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  9. "España - Suíza sub-18 2022". transfermarkt.com (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  10. Romero, Román (4 de novembro de 2022). "Kevin Sánchez, convocado por la selección española sub’18" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  11. "Kevin Sánchez, titular e protagonista na goleada de España sub-18 en Suíza". 18 de abril de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  12. García, Rubén (15 de novembro de 2023). "Gol del deportivista Kevin con España en la clasificación para el Europeo sub-19". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]