Raúl Alcaina
Nome orixinal | Raúl Toni Alcaina Fenollosa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xullo de 2000 ![]() |
Altura | 1,81 m |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Dianteiro |
Raúl Toni Alcaina Fenollosa, nado en Museros (provincia de Valencia) o 19 de xullo de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Real Murcia, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol na súa vila natal, Museros, pasando logo polo Massamagrell e o Alboraya, antes de ingresar na canteira do Torre Levante.[1][2] Con só 16 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División. En 2018 fichou polo xuvenil do Levante UD e alternou partidos deste equipo co do filial, o Atlético Levante, que militaba na Segunda División B.
Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Castellón, tamén de Segunda B.[3] Disputou un total de 20 partidos ás ordes de Óscar Cano, proclamándose campión da categoría e ascendendo á Segunda División nunha campaña marcada pola irrupción da pandemia de COVID-19.
A continuación regresou ao Atlético Levante, co que xogou durante os seguintes dous anos, sumando 51 partidos e 11 goles.[4] En xullo de 2022 fichou polo Alcoyano, da Primeira División RFEF.[5] Na súa primeira campaña en Alcoi foi titular indiscutible e a principal referencia no ataque do equipo, rematando como máximo goleador con 9 dianas. comezou a tempada 2023/24 nas filas do club valenciano, pero no mercado invernal foi traspasado ao Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[6]
Debutou co Deportivo nun partido ante a SD Logroñés nas Gaunas, que acabou en goleada galega por 0-5. Saltou ao terreo de xogo na segunda metade como substituto de Barbero e no seu terceiro toque ao balón marcou o quinto e definitivo gol.[7] Anotou tamén no seu segundo partido, ante o Tarazona, e na derradeira xornada fronte ao Real Unión, sumando así tres goles a pesar de dispoñer só de dúas titularidades e dun total de 327 minutos de xogo. Pechou a campaña co ascenso á Segunda División e o título de campión absoluto da Primeira Federación.[8]
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Real Murcia, tamén da Primeira Federación.[9]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gallardo, Carlos (12 de decembro de 2019). "Raúl Alcaina: "Cuando las piernas no te van miras la grada y te dan alas"" (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El resurgir de Raúl Alcaina" (en castelán). 12 de abril de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Raúl Alcaina, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 30 de agosto de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Raúl Alcaina, el delantero de Museros se presenta como "killer" en la Primera Federación" (en castelán). 29 de agosto de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Alcoyano ficha al delantero Raúl Alcaina" (en castelán). 9 de xullo de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ "O Dépor reforza o seu ataque con Raúl Alcaina". Deportivo da Coruña. 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- ↑ Pereira, Eder (11 de febreiro de 2024). "Raúl Alcaina, gol en el debut con sólo tres toques de balón". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
- ↑ "Raúl Alcaina, garra y capacidad goleadora para el ataque del Real Murcia" (en castelán). 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ "O RC Deportivo acepta a petición de Rubén López de irse cedido ao Barça Atlètic". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).