Saltar ao contido

Alberto Sánchez Vivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Sánchez Vivas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Plasencia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2016–2017 Unión Polideportiva Plasencia
2017–2018 cesión Laracha CF
2017–2020 Deportivo da Coruña
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2017 Unión Polideportiva Plasencia 4(0)
2017–2018   Laracha CF 4(0)
2018–2023   Deportivo Fabril 39(0)
2022–2023 cesión Unionistas de Salamanca CF 5(0)
2023–2024   Deportivo da Coruña 1(0)
2024–2025   Deportivo Fabril 18(0)
2025–   Deportivo da Coruña 0(0)

Alberto Sánchez Vivas, nado en Plasencia o 26 de marzo de 2001, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun soldador e neto dun directivo do Plasencia, formouse como futbolista na canteira do propio club estremeño.[1] Con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun partido ante o Extremadura en Almendralexo, e disputou 4 partidos durante a campaña 2016/17.[2] As súas calidades, que o levaron á selección española sub-16,[3] así como a súa precocidade, espertaron o interese de varios equipos europeos. Con todo, despois de se adestrar co Atlético de Madrid e co Salzburgo,[4] elixiu a canteira do Deportivo da Coruña, na que ingresou no verán de 2017.

Durante a súa primeira tempada alternou o equipo xuvenil do Deportivo co xuvenil do Laracha.[5] Na tempada 2018/19 xogou en Terceira co primeiro equipo do Laracha, segundo filial do Deportivo durante aquela campaña, e debutou co Fabril na Segunda División B. Tras rematar a súa etapa xuvenil en 2020, continuou no Fabril, co que disputou un total de 39 partidos nos seguintes anos. Durante a tempada 2021/22 alternou titularidades con Brais Suárez, ao tempo que exercía como terceiro gardameta do primeiro equipo, por detrás de Ian Mackay e Pablo Brea.[2]

En xullo de 2022 anunciouse a súa renovación por tres anos co club coruñés, así como a súa cesión por unha campaña ao Unionistas de Salamanca, onde foi suplente durante a maior parte do ano. O seu debut co equipo produciuse na 18ª xornada da Primeira División RFEF, precisamente ante o equipo propietario dos seus dereitos, o Deportivo da Coruña. A expulsión nese encontro do porteiro titular, Salva, permitiulle defender a portería de Unionistas durante a media hora final, na que encaixou dous goles, obra de Quiles e Lucas.[6] A continuación disputou os seguintes catro partidos do equipo salmantino, rematando a tempada con cinco encontros totais.

Para a tempada 2023/24 pasou a formar parte do primeiro equipo do Deportivo da Coruña, como terceiro porteiro xunto a Mackay e Germán Parreño.[7] Debutou na penúltima xornada de liga, co equipo xa coroado como campión e con Parreño lesionado. Foi contra a Real Sociedad B en Donostia, nun encontro que rematou con empate a un gol.[8]

Para a tempada 2024/25 o club anunciou que xogaría co Fabril na Segunda Federación.[9] Foi o gardameta titular na primeira metade da tempada, na que tivo como adestradores a Óscar Gilsanz primeiro e a Manuel Pablo máis tarde. Ocupou a portería fabrilista en 18 dos 19 primeiros partidos de liga, encaixando menos dun gol por encontro, ata que en xaneiro de 2025 foi subido ao primeiro equipo para ocupar o oco producido pola cesión de Eric Puerto ao Marbella.[10]

Selección española sub-16

[editar | editar a fonte]

Despois de debutar co primeiro equipo do Plasencia na Terceira División con 15 anos, foi convocado por Santi Denia para a selección española sub-16,[3] sendo o único integrante do equipo que non formaba parte dunha canteira de Primeira División.[4] Debutou coa selección nun partido ante Finlandia en Inglaterra, gañando o Trofeo de Desenvolvemento da UEFA.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. Barreiros, Pedro (7 de xuño de 2020). "Alberto Sánchez: tras los pasos de Melo y Mariano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 López, Rodrigo (20 de xullo de 2022). "Alberto Sánchez, renovar y salir a un Primera RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Ramos, Juan Carlos (18 de xaneiro de 2017). "La Rojita sub-16 llama a Alberto Sánchez y Roberto González" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Galicia, Samuel; Mata, Jesús (10 de febreiro de 2017). "El portero de 15 años por el que suspiran Atlético de Madrid y RB Salzburgo". Marca. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  5. "Los refuerzos de la factoría Abegondo: Alberto Sánchez" (en castelán). 10 de xuño de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  6. "El curioso debut de Alberto Sánchez con Unionistas… ante su propio equipo". 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  7. Cobas, Eugenio (21 de xullo de 2023). "Germán, competencia real para Mackay". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023. 
  8. "Alberto Sánchez, el merecido premio del debut tras años de espera". DxT Campeón (en castelán). 18 de maio de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  9. "Se aclara la portería del Fabril: Alberto y Hugo Ríos se quedan y Brais Suárez se va cedido". DxT Campeón (en castelán). 10 de xullo de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  10. "Diego Gómez volve ao Dépor, que incorpora Alberto Sánchez". Nós Diario. 23 de xaneiro de 2025. Consultado o 26 de xaneiro de 2025. 
  11. "Alberto Sánchez debuta en la Selección Sub-16 con victoria y ganando el Torneo de Desarrollo de la UEFA" (en castelán). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]