Saltar ao contido

Zakaria Eddahchouri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZakaria Eddahchouri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Papendrecht, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
VV Papendrecht
–2014 Feyenoord Rotterdam
2014–2017 Spartaan'20
2017–2020 Go Ahead Eagles
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2022 Go Ahead Eagles 30(1)
2022–2023 Koninklijke HFC 31(16)
2023–2025 Stormvogels Telstar 53(31)
2025–   Deportivo da Coruña 0(0)

Zakaria Eddahchouri, nado en Papendrecht (Holanda Meridional, Países Baixos) o 11 de maio de 2000, é un futbolista neerlandés de orixe marroquí, que xoga como dianteiro ou centrocampista ofensivo no Telstar, da Eerste Divisie.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade neerlandesa de Papendrecht, na provincia de Holanda Meridional, no seo dunha familia de orixe marroquí. Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do VV Papendrecht, ocupando a posición de extremo esquerdo e máis tarde ingresou na canteira do Feyenoord. Xogou en Rotterdam ata os 14 anos, cando as chegadas de Orkun Kökcü e Lion Kalentjev o deixaron sen espazo no equipo.[1] A continuación pasou polas categorías inferiores d o Spartaan'20 e do Go Ahead Eagles.[1]

Go Ahead Eagles

[editar | editar a fonte]

O 3 maio 2019 debutou co primeiro equipo do Go Ahead Eagles na Eerste Divisie, a segunda categoría do fútbol neerlandés, da man do adestrador John Stegeman. Foi na derrota por 2-0 diante do FC Den Bosch da derradeira xornada de liga.[2] Subiu definitivamente ao primeiro equipo na tempada 2020/21, na que disputou un total de 22 encontros, conseguindo o ascenso á Eredivisie ás ordes de Kees van Wonderen. Debutou na máxima categoría do fútbol dos Países Baixos o 27 de novembro de 2021, nun partido contra o Willem II, no que substituíu no minuto 71 a Martijn Berden.[3] Con todo, foi o seu único partido esa campaña.

Koninklijke

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2022/23 fichou polo Koninklijke HFC, da Tweede Divisie (terceira división).[4] Reconvertido en dianteiro,[1] conseguiu 16 goles en 31 partidos co club de Haarlem, sendo o quinto máximo goleador da categoría.

En xullo de 2023 regresou á Eerste Divisie, ao fichar polo Telstar.[5] Debutou co club na primeira xornada de liga, unha derrota por 1-0 ante o Jong PSV.[6] Marcou o seu primeiro gol na categoría no segunda xornada, o 18 de agosto, nunha derrota na casa por 3-2 ante o Cambuur.[7] O 17 de novembro conseguiu un triplete no triunfo por 1-4 sobre o Den Bosch no estadio De Vliert.[8] Repetiu tres goles nun mesmo partido en decembro contra o Helmond Sport (3-0),[9] e foi o máximo goleador da segunda volta do campionato de liga.

Continuou como máximo artilleiro da liga na primeira metade da tempada 2024/25, con 17 goles en 23 partidos, ata que o 30 de xaneiro de 2025 se anunciou a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, co que asinou un contrato de tres anos e medio.[10]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Debutou co club galego só tres días despois da súa fichaxe, na vitoria por 1-0 sobre o Eibar en Ipurua, partido no que substituíu nos 20 minutos finais a Barbero.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Zakaria Eddahchouri is klaar voor de bekerwedstrijd tegen Ajax, de grootste wedstrijd in zijn loopbaan" (en neerlandés). 18 de decembro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  2. "FC Den Bosch - Go Ahead Eagles". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  3. "Willem II TIlburg - Go Ahead Eagles". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  4. "HFC test Zakaria Eddahchouri van GAE en Quinten Dekkers van AZ" (en neerlandés). 6 de agosto de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  5. "Telstar slaat weer toe en presenteert Zakaria Eddahchouri als nieuwste aanwinst" (en neerlandés). 13 de xullo de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  6. "Zeperd voor Telstar tegen Jong PSV" (en neerlandés). 14 de agosto de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  7. "Telstar - SC Cambuur". WorldFootball.net (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  8. "Hattrickheld Eddahchouri straalt van geluk: "Kon nog dagen blijven voetballen"" (en neerlandés). 17 de novembro de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  9. "Eddahchouri na hattrick: "De tweede was het mooiste"" (en neerlandés). 13 de decembro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  10. "Zakaria Eddahchouri, novo dianteiro do Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de xaneiro de 2025. Consultado o 1 de febreiro de 2025. 
  11. "O Dépor suma uns sufridos 3 puntos en Ipurúa porque "a ninguén se lle pasa pola cabeza gañar en Eibar sen sufrir"". Deportivo da Coruña. 2 de febreiro de 2025. Consultado o 2 de febreiro de 2025.