Saltar ao contido

Juan Gauto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Gauto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 2004 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Perito Moreno, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,7 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2015–2022 CA Huracán
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2022–2023 CA Huracán 50(2)
2023– FC Basel 1893 24(2)
2024– cesión   Deportivo da Coruña 0(0)

Juan Carlos Gauto, nado en Perito Moreno (Santa Cruz) o 2 de xuño de 2004, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División, cedido polo FC Basel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na canteira de Huracán en 2015 e foi avanzando polas diferentes categorías inferiores do club, destacando pola súa calidade e velocidade. Tras pasar polo equipo sub-20, en 2020 o adestrador Israel Damonte subiuno ao primeiro equipo, co que asinou o seu primeiro contrato profesional.[1] Con todo, a expansión da pandemia de COVID-19 truncou a súa progresión, polo que volveu ao segundo equipo. Dous anos despois regresou ao conxunto principal, co que debutou na Primeira División nun partido contra Tigre o 15 de abril de 2022.[2] Marcou o seu primeiro gol o 18 de febreiro de 2023, diante de Barracas Central.[3]

O 28 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Basel, da Super Liga suíza, co que asinou un contrato por cinco anos.[4] Debutou no campionato helvético o 3 de setembro, nun empate 2-2 co Zúrich en St. Jakob-Park.[5] Dúas semanas despois anotou os seus únicos dous goles co club de Basilea, nunha cómoda vitoria por 8-0 sobre o FC Bosphorus na Copa de Suíza.[6]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Segunda División.[7]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi convocado por Javier Mascherano para disputar coa selección sub-20 da Arxentina a Copa do Mundo sub-20 de 2023, celebrada no seu país natal.[8] Participou en tres partidos, dous deles como titular, sendo eliminado o seu equipo nos oitavos de final a mans de Nixeria.[9]

  1. "Firmó su primer contrato y cumplió su sueño: una casa para mamá" (en castelán). 22 de maio de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  2. "Juan Gauto, la nueva joya de Huracán" (en castelán). 30 de abril de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  3. Pérez, Héctor (20 de febreiro de 2023). "Juan Gauto se presenta en masa". As (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  4. "Juan Gauto stösst zum FCB" (en alemán). 28 de agosto de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  5. "FC Basel - FC Zürich 2:2 (0:1)". fcb.ch (en alemán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  6. "FC Bosporus - FC Basel 0:8 (0:3)". fcb-archiv.ch (en alemán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  7. "Juan Carlos Gauto, desborde arxentino para o Dépor". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  8. "Los convocados de la Selección Argentina para el Mundial Sub 20" (en castelán). 26 de maio de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  9. "Argentina 0 - 2 Nigeria". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2024.