Saltar ao contido

Berto Cayarga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBerto Cayarga
Biografía
Nacemento(es) Alberto Cayarga Fernández Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,70 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Santander

Alberto "Berto" Cayarga Fernández, nado en Avilés o 17 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo no Real Unión, da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Avilés o 17 de setembro de 1996, xunto ao seu irmán xemelgo bivitelino Jorge, e comezou a xogar ao fútbol no colexio El Quirinal, ingresando en idade benxamín nas categorías inferiores do Navarro CF da propia cidade asturiana.[1] Xogou neste club xunto a Jorge ata 2013, cando se incorporou en idade xuvenil ao Llano 2000, chegando a debutar co primeiro equipo na Rexional Preferente. En 2014 fichou polo Sporting de Gijón e en xullo de 2015, tras rematar a súa etapa xuvenil, foi cedido por un ano ao Langreo, da Tercera División.[2]

Ao regresar a Xixón, aceptou un contrato por dous anos e foi destinado ao Sporting B, tamén na cuarta categoría.[3] Na primeira tempada contribuíu ao ascenso do equipo filial á Segunda División B e na seguinte, xa na categoría de bronce, conseguiu a maior cifra anotadora da súa carreira, con 9 goles, axudando o equipo a acadar a promoción de ascenso.

En agosto de 2018 asinou un contrato de dous anos co Racing de Santander, tamén de Segunda B.[4] Foi titular na maioría de partidos do conxunto cántabro, que acabou conseguindo o ascenso á Segunda División.

Debutou na categoría de prata o 17 de agosto de 2019, nunha derrota por 0-1 no Sardinero ante o Málaga.[5] O 31 de xaneiro seguinte, o club rescindiu o seu contrato, e a continuación o xogador asinou por seis meses co FC Cartagena da Segunda B.[6][7]

No equipo de Cartaxena, con Borja Jiménez no banco, Cayarga conseguiu o seu segundo ascenso consecutivo a Segunda. Marcou o seu primeiro gol na categoría o 6 de febreiro de 2021, nunha vitoria por 2-0 ante o Real Oviedo. Xogou dous anos co club murciano en Segunda, sumando un total de 83 partidos e 7 goles co equipo.

Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2022 marchou a Polonia, onde fichou polo Radomiak Radom, da Ekstraklasa.[8] Disputou 16 partidos no que restaba de tempada, e iniciou a seguinte tamén no mesmo club, pero pouco despois solicitou a liberación do seu contrato para poder regresar a España.[9]

Así, o 24 de agosto de 2023 asinou un contrato de dous anos co Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[10] Contou con varias titularidades na primeira metade da tempada, pero apenas disputou minutos a partir de decembro. Despois de varios meses sen xogar, reapareceu en abril e regresou ao once inicial de Imanol Idiakez na penúltima xornada de liga, co equipo xa coroado como campión do seu grupo.[11] Pechou o seu paso polo club galego cun total de 18 encontros, 7 deles como titular, antes de que o seu contrato fose rescindido en agosto de 2024.[12]

Trala súa saída da Coruña anunciouse a súa fichaxe polo Real Unión.[13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Racing de Santander
Cartagena
Deportivo da Coruña
  1. "El duelo de los Cayarga". La Nueva España (en castelán). 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  2. "Fran y Cayarga, savia joven para el Langreo" (en castelán). 4 de xullo de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  3. "Cayarga firma por dos años" (en castelán). 23 de xullo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  4. "Alberto Cayarga ya conoce La Albericia" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  5. "El Málaga se sobrepone a las bajas y amarga el regreso del Racing". Marca (en castelán). 17 de agosto de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  6. "El Racing despide a Berto Cayarga" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  7. "El Cartagena incorpora a Cayarga y defrauda en la 'operación delantero'" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  8. "Berto Cayarga w Radomiaku!" (en polaco). 3 de xaneiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  9. "Pomocnik odchodzi z Radomiaka Radom. Zagra w Deportivo La Coruna" (en polaco). 23 de agosto de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  10. "Berto Cayarga, novo xogador do Dépor 2023-24". 24 de agosto de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  11. "Cayarga: “Siempre pensé que podía tener minutos en este equipo”". Cadena SER (en castelán). 25 de abril de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  12. Lema, Jorge (29 de agosto de 2024). "El Deportivo y Berto Cayarga separan sus caminos". Riazor.org (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  13. "Berto Cayarga, nuevo fichaje del Real Unión" (en castelán). 29 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]