Eric Puerto
Eric | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eric Puerto Huerta | ||
Nacemento | 28 de outubro de 2002 (22 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
–2018 | Peloteros Sierra Sur | ||
2018–2019 | Séneca | ||
2019–2021 | Córdoba | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2021 | Córdoba B | 6 | (0) |
2021–2024 | Antequera | 44 | (0) |
2024– | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Eric Puerto Huerta, nado en Estepa o 28 de outubro de 2002, é un futbolista español, que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural da Estepa sevillana, formouse como futbolista na Escola de Fútbol Peloteros Sierra Sur de Sevilla e máis tarde pasou polo equipo xuvenil do Séneca CF, antes de recalar a comezos de 2019 na canteira do Córdoba.[1] Na súa estancia de dous anos e medio no club cordobés, alternou partidos do xuvenil con encontros do filial, o Córdoba B, na Terceira División, ademais de adestrar habitualmente co primeiro equipo.[1]
No verán de 2021 fichou polo Antequera, da Segunda División RFEF. Na súa primeira campaña no club da provincia de Málaga, foi o gardameta suplente de Iván Moreno, ao tempo que exercía como adestrador de porteiros no Peloteros.[2] Xogou un só partido, na derradeira xornada ante o Cádiz B.[3] Na tempada 2022/23, coa marcha de Moreno ao Cacereño, Eric fíxose coa titularidade na portería de Antequera e disputou completos todos os encontros ata a xornada 30, na que o seu equipo se proclamou campión do Grupo 4, ascendendo así á Primeira División RFEF.[4]
Para o debut na categoría, o club recuperou a Iván Moreno e fichou ao histórico gardameta Carlos Kameni, pero Eric continuou asentado na titularidade ata que no mercado invernal recibiu unha oferta do Deportivo da Coruña. O club galego pagou a súa cláusula de rescisión e incorporouno como substituto do capitán Ian Mackay, cuxo contrato foi rescindido.[5][6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Eric Puerto, un ex del Córdoba CF que ficha por el Deportivo de La Coruña" (en castelán). 9 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Os presentamos al cuerpo técnico de nuestro CADETE A, el cual juega en PRIMERA ANDALUZA CADETE". Instagram (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Antequera pierde en su visita al Cádiz B". Diario Sur (en castelán). 15 de maio de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Antequera de Yeremy Socorro asciende a Primera RFEF" (en castelán). 15 de abril de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ Simón, José Manuel (8 de xaneiro de 2024). "El Dépor elige al sustituto de Mackay: una de las revelaciones de Primera RFEF" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Deportivo confirma la despedida de Mackay". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).