O Club Polideportivo Cacereño, habitualmente coñecido como Cacereño, é un club de fútbol de España, da cidade de Cáceres, en Estremadura. Foi fundado en 1919 e compite no Grupo 14 da Terceira División.
Estadio Príncipe Felipe, con capacidade para 7.000 espectadores, dimensións de 105x73 e herba natural. O estadio inaugurouse o 26 de marzo de 1977 e conta cunha tribuna e unha preferencia fronte a esta, sen fondos.