Mabegondo, Abegondo
Aparencia
Mabegondo | |
---|---|
Pazo dos Quiroga. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′29″N 8°16′36″O / 43.24135027, -8.2766162 |
Poboación | 966 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tirso de Mabegondo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 966 habitantes (470 homes e 496 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 892 habitantes.
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Mabegondo é un posible antropónimo xermánico que xorde entre o século VII e X.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso de Mabegondo. De estilo renacentista, a fachada principal está flanqueada por dúas torres cúbicas simétricas (de tres alturas) construídas por Diego de Quiroga Reimóndez (Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantaría), con escudo de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza. Un dos descendentes deste soar foi Antonio Quiroga, militar e político que se destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de Fernando VII e que chegaría a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Posúe unha interesante portada con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio.
- Pazo de Pastoriza. Aínda que ten unha capela que data do século XVIII, a súa construción parece ser que foi iniciada moito antes. As súas fermosas e vetustas palmeiras danlle un singular aire de distinción. Os propietarios iniciais foron os Pardo de Andrade. É de planta rectangular coa capela contigua comunicada por un pasadizo pétreo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abegondo
-
Cruceiro
-
Igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mabegondo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mabegondo no concello de Abegondo (provincia da Coruña) | |
---|---|
Andrís | Beldoña | O Bieiteiro | Borreiros | O Castro de Vilamarín | Couto | A Covela | O Cruceiro | Curriño | O Curro | Curros | A Ferrería | A Igrexa | Lamansián | Láncara | Marces | O Monte | Outón | Outrís | Pastoriza | O Penedo | Pousada | A Raíña | O Regueiro | O Souto do Val | O Souto Grande | A Torre | Torreiro | Vilamarín |
Parroquias de Abegondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.