Limiñón, Abegondo
Limiñón | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Salvador. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′53″N 8°14′06″O / 43.248, -8.2351 |
Poboación | 231 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Limiñón é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 231 habitantes (116 homes e 115 mulleres), 89 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.
Historia
[editar | editar a fonte]Limiñón (Heletes=fronteira do esquecemento)[Cómpre referencia] remonta as súas orixes, a tenor dos seus trazos pretoponímicos, ás migracións micénicas por Europa dos séculos II e III. A presenza da Vía per loca marítima constitúe un factor fundamental á hora de entender a importancia estratéxica etnocultural de Limiñón dentro da bisbarra.[Cómpre referencia] A importante presenza xudía que existiu en tempos demóstrase co topónimo "A Xudeira".
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Limiñón é un posible antropónimo latino que xorde entre os séculos VII e X.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abegondo
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Limiñón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Limiñón no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
Barral | O Cal | A Carballeira | A Carra | A Carreira | O Casarón | Chamoín | O Curro | A Fraga | A Granxa | O Mero | O Pazo | Rombo | O Seixo | O Souto | As Vielas | A Xesteira |
Parroquias de Abegondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.