Iván Guerrero
Iván Guerrero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iván Guerrero Seoane | ||
Nacemento | 31 de marzo de 2001 | ||
Lugar de nacemento | Ferrol | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Bergantiños | ||
Número | 2 | ||
Carreira xuvenil | |||
O Parrulo | |||
O Val | |||
2013–2015 | Racing de Ferrol | ||
2015–2020 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2022 | Fabril | 48 | (1) |
2021 | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
2022–2024 | Ourense | 33 | (1) |
2024– | Bergantiños | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xaneiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Iván Guerrero Seoane, nado en Ferrol o 31 de marzo de 2001, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Bergantiños, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol sala na canteira do Parrulo do seu Ferrol natal e máis tarde cambiou ao fútbol herba, pasando polas categorías inferiores da SD O Val e do Racing de Ferrol.[1] Aos 14 anos chegou ao Deportivo da Coruña, no que militou durante as seguintes sete campañas, comezando no equipo cadete. Na tempada 2020/21 subiu ao Fabril e debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Numancia no Nuevo Los Pajaritos, onde o adestrador Rubén de la Barrera lle deu entrada na segunda metade, como substituto de Jorge Valín.[2]
No verán de 2022 deixou o Deportivo e asinou como novo xogador do Ourense CF, da Segunda División RFEF. Militou no club ourensán durante unha tempada e media, ata que en xaneiro de 2024 fichou polo Bergantiños, da Terceira RFEF.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Iván Guerrero: «El Fabril tiene que estar en Segunda RFEF»". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Iván Guerrero se despide del Deportivo con una reflexión sobre su última etapa" (en castelán). 5 de xullo de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Bergantiños refuerza su defensa con Ivi Guerrero". DxT Campeón (en castelán). 11 de xaneiro de 2024. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).