Tempada 2020/21 do Deportivo da Coruña
Tempada 2020–21 | ||||
Presidente | ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Adestrador | ![]() ![]() | |||
Estadio | Riazor | |||
Segunda División B | 4º (Grupo I Subgrupo A) | |||
Copa do Rei | 2ª rolda | |||
Goleador | ![]() | |||
| ||||
|
Durante a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División B (afrontando a súa 2ª campaña en dita categoría).
Resumo da tempada[editar | editar a fonte]
Agosto[editar | editar a fonte]
O Deportivo da Coruña iniciou os adestramentos de pretempada o 24 de agosto, sen ter aínda seguro en que categoría xogaría, debido ao ocorrido na última xornada da tempada 2019/20.[1] Ao día seguinte anunciouse que o novo adestrador de porteiros sería o vigués Alberto Casal, que ata entón exercía esa función no Fabril.[2] O 27 de agosto, tras unha reunión do CSD coa liga e a Federación rexeitouse definitivamente a proposta dunha Segunda División de 24 equipos, confirmándose así o descenso do Deportivo á Segunda B.[3]
O 28 de agosto anunciouse a marcha do porteiro Dani Giménez, ao non chegar a un acordo co club.[4]
Setembro[editar | editar a fonte]
O 1 de setembro Borja Valle confirmou a súa marcha do club cunha carta á afección,[5] e ao día seguinte fixo o mesmo David Simón, que unhas horas despois foi anunciado como novo xogador do Cartagena.[6] O 3 de setembro foi Christian Santos quen publicou a súa despedida, sendo anunciado o mesmo día como novo dianteiro do VfL Osnabrück, da 2. Bundesliga.[7] Tamén ese día anunciouse a fichaxe do porteiro canario Carlos Abad, que asinou por dúas tempadas, tras desvincularse do Tenerife. A tempada anterior xogara cedido no Xanthi F.C. da Superliga de Grecia.[8] O 4 de setembro anunciouse o traspaso do xaponés Gaku Shibasaki ao CD Leganés. O Deportivo non recibiu ningún importe polo traspaso pero incluíronse varias cláusulas por obxectivos que poderían reportar diñeiro ao club coruñés.[9] O mesmo día anunciouse o traspaso de David Sánchez ao Hércules.[10] O 5 de setembro Fernando Vázquez anunciou que outro David Sánchez, ata entón analista do club, sería o seu segundo adestrador.[11][12] Ese mesmo día coñeceuse a renovación do guadalupeño Claudio Beauvue ata o verán de 2022.[13]
O 6 de setembro fíxose oficial a fichaxe do internacional costarriqueño Celso Borges (que xa xogara no Deportivo entre 2015 e 2018) procedente do Göztepe SK da Süper Lig turca.[14] Ao día seguinte anunciouse a fichaxe de Ager Aketxe pola UD Almería por dúas tempadas[15] e a volta de Luis Ruiz ao CD Lugo.[16] O 8 de setembro o club anunciou a fichaxe do porteiro hispano-colombiano Lucho García, procedente do Sevilla.[17] O 9 de setembro o club anunciou a renovación por tres tempadas máis do xogador da canteira Yago Gandoy.[18] O 11 de setembro foi anunciada a cesión por unha tempada do centrocampista do Sevilla José Lara.[19]
O 12 de setembro pechouse a fichaxe do lateral esquerdo de Valladolid Héctor Hernández, que quedara libre tras o descenso do Numancia.[20] Dous días despois o CD Lugo, anunciou a incorporación en propiedade de Gerard Valentín, dianteiro do Deportivo que xa xogara no club lugués como cedido nas dúas tempadas anteriores.[21] O 18 do mesmo mes anunciáronse as fichaxes do uruguaio Nacho González, procedente do Plaza Colonia,[22] e do portugués Rui Costa, dianteiro do FC Porto que xogara a tempada pasada como cedido no AD Alcorcón.[23] Ademais Fede Cartabia anunciou que volvía outra tempada máis ao Shabab Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos.[24] O 22 de setembro Vicente Gómez desvinculouse do club e ao día seguinte foi anunciado como novo xogador do Kerala Blasters FC, da Superliga da India.[25][26]
O 24 de setembro Michele Somma despediuse do Deportivo nas redes sociais,[27] sendo anunciado uns días despois como novo xogador do Palermo.[28] O 25 de setembro fíxose oficial a contratación do internacional venezolano Miku, procedente do AC Omonia Nicosia, que xa levaba varios días adestrando en Abegondo.[29] O día 26 o equipo disputou o primeiro amigábel da tempada fronte ao Racing Vilalbés na Magdalena, gañando por 0-3.[30] O 28 do mesmo mes anunciouse a contratación por catro tempadas do nixeriano Uche Agbo, dianteiro do Standard de Liège que xogara cedido no Deportivo a segunda parte da tempada anterior.[31] Ao día seguinte anunciouse a renovación de Eneko Bóveda por dúas tempadas máis.[32] Ademais anunciouse que o club sumaba xa 16.575 socios, converténdose no equipo con máis abonados da historia da Segunda División B, superando os 16.326 do Oviedo na tempada 2014/15.[33]
Outubro[editar | editar a fonte]
O 5 de outubro o club anunciou as renovacións de Borja Galán e Álex Bergantiños ata xuño de 2022 e de Keko Gontán ata xuño de 2024.[34][35][36] Ademais informouse da fichaxe do central Derik Osede, procedente do Numancia,[37] e da continuidade no club do uruguaio Diego Rolan, tras non concretarse a súa saída ao peche do mercado.[38] O 18 de outubro o Deportivo volveu xogar un partido de Segunda B case 40 anos despois, vencendo ao Salamanca en Riazor por 2-1.[39]
Xaneiro[editar | editar a fonte]
O 11 de xaneiro o club anunciou a destitución de Fernando Vázquez e todo o corpo técnico. O seu despedimento chegou trala xornada 9, despois de que o equipo sufrise as súas dúas primeiras derrotas na liga, contra Celta B e Zamora.[40] Ao día seguinte anunciouse a contratación de Rubén de la Barrera.[41] A súa chegada supuxo que o Deportivo volvese ter un técnico coruñés, cousa que non ocorría dende había máis de dúas décadas con José Manuel Corral.[42] Converteuse ademais, con 35 anos, no técnico máis novo en dirixir o equipo nos últimos 44 anos, dende que José López collera provisionalmente as rendas na tempada 1976/77, tras as enfermidades de Héctor Rial e Cheché Martín.[43][44]
O 27 de xaneiro anunciouse a fichaxe do brasileiro Raí, procedente do Real Zaragoza. Chegou libre e asinou un contrato ata o final da tempada.[45]
Febreiro[editar | editar a fonte]
O primeiro día de febreiro, derradeiro día do mercado invernal, anunciouse a saída de Diego Rolan cedido ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[46] O motivo da súa cesión foi o seu alto salario, "inasumible para un equipo de Segunda B".[47] O mesmo día anunciouse a marcha de Rui Costa ao Santa Clara dos Azores e a tramitación de fichas do primeiro equipo para Rayco e Villares, ata entón xogadores do Fabril.[48][49][50]
Tras perder o 7 de febreiro por 0-2 fronte ao Coruxo no Vao, o Deportivo pasou a ocupar a quinta praza do subgrupo.[51][52] Ao día seguinte o presidente Fernando Vidal e todo o consello de administración presentaron a súa dimisión por orde de Abanca, quedando como novo presidente Antonio Couceiro.
A finais de febreiro o equipo caeu na clasificación ata o punto máis baixo da súa historia ata aquel entón, ocupando a sexta praza do subrupo A e a décima tendo en conta o Grupo I completo.[53][54]
Marzo[editar | editar a fonte]
O 25 de marzo anunciouse a Miguel Juane como novo secretario do club.[55]
Material deportivo[editar | editar a fonte]
O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal[editar | editar a fonte]
Corpo técnico[editar | editar a fonte]
Cargo | Nome |
---|---|
Adestrador | Fernando Vázquez (ata xaneiro) |
Rubén de la Barrera (dende xaneiro) | |
2º adestrador | David Sánchez (ata xaneiro) |
Secho (dende xaneiro) | |
Ad. de porteiros | Alberto Casal |
Preparador físico | José Ángel Franganillo |
Manuel Pombo (ata xaneiro) | |
Julio Hernando (dende xaneiro) | |
Analista | Juan Ignacio Subirán |
Consello de administración[editar | editar a fonte]
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Fernando Vidal Raposo (ata o 8 de febreiro) |
Antonio Couceiro Méndez (dende o 8 de febreiro) | |
Secretario | Juan Antonio Armenteros Cuetos (ata o 8 de febreiro) |
David Villasuso Castaño (do 17 de febreiro ao 25 de marzo) | |
Miguel Juane (dende o 25 de marzo) | |
Conselleiros | Manuel José Vázquez Martínez (ata o 8 de febreiro) |
José Luis Queijeiro Fuentes (ata o 8 de febreiro) | |
Federico García Poncet (ata o 8 de febreiro) | |
Argimiro Vázquez Guillén (ata o 8 de febreiro) | |
Ricardo González Fernández (ata o 8 de febreiro) | |
Eduardo Blanco Pereira (dende o 8 de febreiro) | |
Carlos Cantó (dende o 8 de febreiro) | |
Emma Lustres (dende o 8 de febreiro) | |
David Villasuso Castaño (dende o 8 de febreiro) |
- Última actualización: 9 de febreiro de 2021
- Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes[editar | editar a fonte]
Altas[editar | editar a fonte]
Data | Pos. | Nome | Procedencia | Prezo |
---|---|---|---|---|
1 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
1 de setembro de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
1 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Subido do filial |
1 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Subido do filial |
3 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Libre |
3 de setembro de 2020 | POR | ![]() |
![]() |
Libre |
6 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Libre |
8 de setembro de 2020 | POR | ![]() |
![]() |
Libre |
11 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Cedido |
12 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Libre |
18 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
0 € |
18 de setembro de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
0 € |
25 de setembro de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Libre |
28 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
|
5 de outubro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Libre |
27 de xaneiro de 2021 | DIA | ![]() |
![]() |
Libre |
1 de febreiro de 2021 | MED | ![]() |
![]() |
Subido do filial |
1 de febreiro de 2021 | DIA | ![]() |
![]() |
Subido do filial |
Baixas[editar | editar a fonte]
Data | Pos. | Nome | Destino | Prezo |
---|---|---|---|---|
7 de agosto de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | POR | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
7 de agosto de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
14 de agosto de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
17 de agosto de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin da cesión |
28 de agosto de 2020 | POR | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
1 de setembro de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
2 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
3 de setembro de 2020 | DIA | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
4 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
0 € |
4 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
|
7 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
7 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Fin de contrato |
14 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
18 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Cedido |
23 de setembro de 2020 | MED | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
23 de setembro de 2020 | DEF | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
1 de febreiro de 2021 | DIA | ![]() |
![]() |
Cedido |
1 de febreiro de 2021 | DIA | ![]() |
![]() |
Rescisión de contrato |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Nº | Pos | Nac | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aps | Goles | Aps | Goles | Aps | Goles | ![]() |
![]() |
![]() | ||||
1 | POR | ![]() |
Carlos Abad | 14 | 0 | 0 | 0 | 14 | 0 | |||
2 | MED | ![]() |
Jorge Valín | 13 | 0 | 1 | 0 | 14 | 0 | 2 | ||
3 | DEF | ![]() |
Mujaid Sadick | 22 | 0 | 2 | 0 | 24 | 0 | 5 | 1 | |
4 | MED | ![]() |
Álex Bergantiños | 20 | 0 | 2 | 0 | 22 | 0 | 4 | ||
5 | DEF | ![]() |
Eneko Bóveda | 17 | 1 | 2 | 0 | 19 | 1 | 2 | ||
6 | MED | ![]() |
Uche Agbo | 17 | 0 | 1 | 0 | 18 | 0 | 5 | ||
7 | DIA | ![]() |
Miku | 16 | 7 | 1 | 0 | 17 | 7 | 1 | ||
8 | MED | ![]() |
Celso Borges | 20 | 2 | 2 | 0 | 22 | 2 | 4 | ||
9 | DIA | ![]() |
Rayco | 11 | 0 | 0 | 0 | 11 | 0 | 2 | ||
10 | MED | ![]() |
José Lara | 22 | 2 | 2 | 0 | 24 | 1 | 2 | 1 | |
11 | MED | ![]() |
Borja Galán | 18 | 2 | 1 | 0 | 19 | 2 | 3 | ||
12 | DIA | ![]() |
Claudio Beauvue | 15 | 1 | 2 | 0 | 17 | 1 | 2 | ||
13 | POR | ![]() |
Lucho García | 10 | 0 | 1 | 0 | 11 | 0 | |||
14 | MED | ![]() |
Yago Gandoy | 11 | 0 | 1 | 0 | 12 | 0 | 1 | ||
15 | DIA | ![]() |
Raí | 13 | 0 | 0 | 0 | 13 | 0 | |||
16 | MED | ![]() |
Nacho González | 11 | 0 | 1 | 0 | 12 | 0 | 5 | ||
17 | DEF | ![]() |
Héctor Hernández | 12 | 1 | 2 | 0 | 14 | 1 | 2 | ||
18 | DEF | ![]() |
Derik Osede | 8 | 0 | 1 | 0 | 9 | 0 | |||
19 | DEF | ![]() |
Borja Granero | 23 | 1 | 1 | 0 | 24 | 1 | 4 | 1 | |
20 | MED | ![]() |
Keko Gontán | 16 | 2 | 1 | 0 | 17 | 2 | 2 | ||
21 | DEF | ![]() |
Salva Ruiz | 16 | 0 | 1 | 0 | 17 | 0 | 4 | ||
22 | MED | ![]() |
Diego Villares | 12 | 0 | 0 | 0 | 12 | 0 | 2 | ||
Xogadores do filial | ||||||||||||
Nº | Pos | Nac | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
Aps | Goles | Aps | Goles | Aps | Goles | ![]() |
![]() |
![]() | ||||
23 | DIA | ![]() |
Adri Castro | 7 | 1 | 0 | 0 | 7 | 1 | 1 | ||
29 | DIA | ![]() |
Manu Mosquera | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 0 | 1 | ||
32 | MED | ![]() |
Álex Barba | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 0 | |||
33 | DEF | ![]() |
Iván Guerrero | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 |
Deixaron o equipo[editar | editar a fonte]
Nº | Pos | Nac | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aps | Goles | Aps | Goles | Aps | Goles | ![]() |
![]() |
![]() | ||||
22 | DIA | ![]() |
Diego Rolan | 4 | 0 | 1 | 0 | 5 | 2 | |||
9 | DIA | ![]() |
Rui Costa | 7 | 0 | 2 | 0 | 9 | 0 |
Clasificación[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Segunda división B española 2020/21.
Primeira fase - Grupo I Subgrupo A[editar | editar a fonte]
Pos | Equipos | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Celta de Vigo B | 18 | 9 | 3 | 6 | 22 | 20 | +2 | 30 |
2 | Unionistas de Salamanca CF | 18 | 8 | 6 | 4 | 17 | 10 | +7 | 30 |
3 | Zamora CF | 18 | 8 | 6 | 4 | 18 | 17 | +1 | 30 |
4 | Deportivo da Coruña | 18 | 8 | 5 | 5 | 14 | 10 | +4 | 29 |
5 | Racing de Ferrol | 18 | 7 | 6 | 5 | 22 | 17 | +5 | 27 |
6 | SD Compostela | 18 | 5 | 10 | 3 | 20 | 16 | +4 | 25 |
7 | Pontevedra CF | 18 | 5 | 6 | 7 | 19 | 19 | 0 | 21 |
8 | Coruxo FC | 18 | 6 | 2 | 10 | 16 | 23 | -7 | 20 |
9 | Salamanca CF | 18 | 5 | 4 | 9 | 17 | 23 | -6 | 19 |
10 | CD Guijuelo | 18 | 2 | 6 | 10 | 12 | 22 | -10 | 12 |
Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles
Clasificado para a Segunda Fase para Segunda División. | |
Clasificado para a Segunda Fase para Primeira División RFEF. | |
Clasificado para a Segunda Fase pola permanencia en Segunda División RFEF. |
Segunda fase para a Primeira División RFEF - Grupo I D[editar | editar a fonte]
Pos | Equipos | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Racing de Ferrol | 24 | 11 | 7 | 6 | 31 | 23 | +8 | 40 |
2 | Deportivo da Coruña | 24 | 11 | 6 | 7 | 22 | 13 | +9 | 39 |
3 | CD Numancia | 24 | 10 | 8 | 6 | 34 | 19 | +15 | 38 |
4 | UP Langreo | 24 | 7 | 9 | 8 | 25 | 30 | -5 | 30 |
5 | SD Compostela | 24 | 5 | 13 | 6 | 22 | 23 | -1 | 28 |
6 | Marino de Luanco | 24 | 7 | 6 | 11 | 19 | 26 | -7 | 27 |
Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles
Ascende a Primeira División RFEF. | |
Permanencia en Segunda División RFEF. |
Partidos[editar | editar a fonte]
Vitoria
Empate
Derrota
Aprazado
Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]
Amigable 26 de setembro de 2020 | Racing Vilalbés | 0 – 3 | Deportivo | Vilalba | ||
18:00 CEST | Informe | Lara ![]() Adri Castro ![]() Borges ![]() |
Estadio: A Magdalena Asistencia: 300[56] Árbitro: López Fernández | |||
Amigable 30 de setembro de 2020 | Deportivo | 5 – 0 | Arzúa | A Coruña | ||
18:00 CEST | Lara ![]() Keko ![]() Miku ![]() Borges ![]() Gandoy ![]() |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Cives Enjo | |||
Amigable 3 de outubro de 2020 | Bergantiños | 0 – 0 | Deportivo | Carballo | ||
19:00 CEST | Informe | Estadio: As Eiroas Asistencia: 320[57] Árbitro: Rodríguez Campos | ||||
Amigable 7 de outubro de 2020 | Pontevedra | 1 – 2 | Deportivo | Pontevedra | ||
12:00 CEST | Charles ![]() ![]() ![]() Cruz ![]() |
Informe | Gandoy ![]() Granero ![]() Borges ![]() Beauvue ![]() ![]() |
Estadio: Pasarón Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Ferrol Muñiz | ||
Amigable 10 de outubro de 2020 | Valladolid B | 2 – 0 | Deportivo | Bembibre | ||
18:00 CEST | Uche ![]() Alonso ![]() |
Informe | Juan Rodríguez ![]() Beauvue ![]() |
Estadio: La Devesa Asistencia: 300 Árbitro: Valdés Varela | ||
Trofeo Teresa Herrera[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Trofeo Teresa Herrera 2020.
Final 20 de decembro de 2020 | Deportivo | 6 – 0 | Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés | A Coruña | ||
12:00 CET | Rui Costa ![]() ![]() Mosquera ![]() ![]() Lara ![]() Borges ![]() |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 1000 Árbitro: Del Río Amor | |||
Segunda División B[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Segunda división B española 2020/21.
Primeira fase[editar | editar a fonte]
1 18 de outubro de 2020 | Deportivo | 2 – 1 | Salamanca | A Coruña | ||
19:00 CEST | Borges ![]() González ![]() Beauvue ![]() Lara ![]() Uche ![]() Bóveda ![]() |
Informe | Sepúlveda ![]() Candelas ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 3000[58] Árbitro: Alemán Pérez | ||
2 25 de outubro de 2020 | Compostela | 0 – 0 | Deportivo | Santiago de Compostela | ||
17:00 CEST | Saro ![]() Antas ![]() |
Informe | Valín ![]() |
Estadio: Vero Boquete Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Fernández Pérez | ||
3 1 de novembro de 2020 | Unionistas | 0 – 1 | Deportivo | Salamanca | ||
16:00 CET | Hernández ![]() ![]() González ![]() Uche ![]() Lara ![]() |
Informe | Estadio: Reina Sofía Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Delfa Ramos | |||
4 8 de novembro de 2020 | Deportivo | 1 – 0 | Coruxo | A Coruña | ||
12:00 CET | Lara ![]() González ![]() Valín ![]() Hernández ![]() |
Informe | Crespo ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 150[59] Árbitro: Cueto Amigo | ||
5 22 de novembro de 2020 | Guijuelo | 0 – 0 | Deportivo | Guijuelo | ||
17:00 CET | Abdeselam ![]() Eizmendi ![]() Pina ![]() |
Informe | Beauvue ![]() Mujaid ![]() Keko ![]() |
Estadio: Municipal Luis Ramos Asistencia: 350[60] Árbitro: Pérez Hernández | ||
6 29 de novembro de 2020 | Deportivo | 1 – 0 | Racing de Ferrol | A Coruña | ||
19:00 CET | Rolan ![]() Mujaid ![]() Borges ![]() |
Informe | Rivada ![]() Fornos ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Vicente Moral | ||
7 5 de decembro de 2020 | Pontevedra | 1 – 1 | Deportivo | Pontevedra | ||
17:00 CET | Imanol García ![]() Rufo ![]() Álex ![]() Charles ![]() Churre ![]() |
Informe | Uche ![]() Mujaid ![]() Rolan ![]() Lara ![]() |
Estadio: Municipal Luis Ramos Asistencia: 500[61] Árbitro: González Francés | ||
8 13 de decembro de 2020 | Deportivo | 1 – 2 | Celta B | A Coruña | ||
17:00 CET | Galán ![]() Bóveda ![]() Bergantiños ![]() |
Informe | Alfon ![]() ![]() ![]() Josipović ![]() Lozano ![]() Sequeira ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 1000[62] Árbitro: Sánchez Yáñez | ||
9 11 de xaneiro de 2021 | Zamora | 1 – 0 | Deportivo | Zamora | ||
17:30 CET | Adri ![]() Crespo ![]() Vallejo ![]() |
Informe | Bergantiños ![]() Granero ![]() González ![]() |
Estadio: Ruta de la Plata Asistencia: 2018[63] Árbitro: Castellanos Argüeso | ||
10 17 de xaneiro de 2021 | Salamanca | 0 – 0 | Deportivo | Salamanca | ||
16:00 CET | Molina ![]() Ayala ![]() Navas ![]() |
Informe | Granero ![]() Ruiz ![]() Bergantiños ![]() González ![]() |
Estadio: Helmántico Asistencia: 2000[64] Árbitro: García Riesgo | ||
11 24 de xaneiro de 2021 | Deportivo | 0 – 2 | Compostela | A Coruña | ||
17:00 CET | Beauvue ![]() Mujaid ![]() ![]() ![]() Borges ![]() Ruiz ![]() Castro ![]() |
Informe | Abelenda ![]() Miki Villar ![]() Sanmartín ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 500[65] Árbitro: Ávalos Martos | ||
12 31 de xaneiro de 2021 | Deportivo | 0 – 0 | Unionistas de Salamanca | A Coruña | ||
19:00 CET | Miku ![]() |
Informe | Diego ![]() Manu Viana ![]() Lamadrid ![]() Aythami ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: López Parra | ||
13 7 de febreiro de 2021 | Coruxo | 2 – 0 | Deportivo | Coruxo | ||
12:00 CET | Chabboura ![]() Silva ![]() Aspas ![]() Trigo ![]() Martín ![]() |
Informe | Ruiz ![]() Rayco ![]() |
Estadio: O Vao Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Gao Aladro | ||
14 14 de febreiro de 2021 | Deportivo | 1 – 0 | Guijuelo | A Coruña | ||
17:00 CET | Lara ![]() ![]() Uche ![]() |
Informe | Parra ![]() Kamal ![]() ![]() ![]() Cerro ![]() Ochiroșii ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Sáiz Pérez | ||
15 20 de febreiro de 2021 | Racing de Ferrol | 1 – 0 | Deportivo | Ferrol | ||
19:00 CET | Quintana ![]() Caballé ![]() David Rodríguez ![]() Seoane ![]() Joselu ![]() |
Informe | Mujaid ![]() Galán ![]() |
Estadio: A Malata Asistencia: xogado a porta pechada Árbitro: Pardeiro Puente | ||
16 7 de marzo de 2021 | Deportivo | 1 – 0 | Pontevedra | A Coruña | ||
19:00 CET | Keko ![]() Granero ![]() |
Informe | Calvillo ![]() Álex ![]() Adrián ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 500 Árbitro: Collado López | ||
17 14 de marzo de 2021 | Celta de Vigo B | 0 – 3 | Deportivo | Vigo | ||
11:30 CET | Solís ![]() |
Informe | Miku ![]() ![]() ![]() Galán ![]() |
Estadio: Barreiro Asistencia: 300 Árbitro: González Francés | ||
18 28 de marzo de 2021 | Deportivo | 2 – 0 | Zamora | A Coruña | ||
12:00 CEST | Bóveda ![]() Keko ![]() Uche ![]() Galán ![]() |
Informe | Romero ![]() Delmonte ![]() Hernández ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 500 Árbitro: Pérez Hernández | ||
Segunda fase[editar | editar a fonte]
1 5 de abril de 2021 | Deportivo | 1 – 0 | Marino de Luanco | A Coruña | ||
19:00 CEST | Miku ![]() Gandoy ![]() Villares ![]() |
Informe | Morán ![]() Emilio ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 500 Árbitro: Pozueta Rodríguez | ||
2 11 de abril de 2021 | Langreo | 1 – 0 | Deportivo | Langreo | ||
17:00 CEST | Muñiz ![]() |
Informe | Rayco ![]() Bergantiños ![]() |
Estadio: Ganzábal Asistencia: 300 Árbitro: Fuente Martín | ||
3 18 de abril de 2021 | Deportivo | 2 – 1 | Numancia | A Coruña | ||
19:00 CEST | Borges ![]() Granero ![]() Miku ![]() |
Informe | Aguirre ![]() David Castro ![]() Asier Benito ![]() Sanhaji ![]() López ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 1000[66] Árbitro: Pérez Muley | ||
4 25 de abril de 2021 | Marino de Luanco | 0 – 0 | Deportivo | Luanco | ||
17:00 CEST | Guaya ![]() |
Informe | Villares ![]() Salva Ruiz ![]() |
Estadio: Miramar Asistencia: 300[67] Árbitro: Sesma Espinosa | ||
5 2 de maio de 2021 | Deportivo | 5 – 0 | Langreo | A Coruña | ||
19:00 CEST | Miku ![]() ![]() Granero ![]() Borges ![]() Adri Castro ![]() |
Informe | De la Fuente ![]() Adrián Llano ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 5000[68] Árbitro: González González | ||
6 9 de maio de 2021 | Numancia | 1 – 0 | Deportivo | Soria | ||
12:00 CEST | Andrés García ![]() Gabarre ![]() Del Campo ![]() |
Informe | Estadio: Los Pajaritos Asistencia: 1.800[69] Árbitro: De Mingo Collados | |||
Copa do Rei[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2020/21.
1ª rolda 17 de decembro de 2020 | Deportivo | 1 – 0 | El Ejido 2012 | A Coruña | ||
17:00 CET | Hernández ![]() Granero ![]() Galán ![]() Borges ![]() |
Informe | Rosa ![]() ![]() ![]() Ferraz ![]() Checa ![]() Arranz ![]() Moreno ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 1000[70] Árbitro: Vicente Moral | ||
2ª rolda 6 de xaneiro de 2021 | Deportivo | 0 – 1 | Alavés | A Coruña | ||
19:00 CET | Mosquera ![]() |
Informe | Marín ![]() Rioja ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 1000[71] Árbitro: González Fuertes | ||
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Así fue el primer entrenamiento del Deportivo 2020-2021 (GALERÍA)" (en castelán). 24 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Alberto Casal, nuevo preparador de porteros del Deportivo" (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Oficial: El CSD manda al Deportivo a Segunda División B" (en castelán). 27 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ Losada, Víctor (28 de agosto de 2020). "Dani Giménez no seguirá en el Deportivo". Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Borja Valle se despide: “Jamás estaré a la altura de lo que me habéis dado”" (en castelán). 1 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "El Cartagena anuncia el fichaje de David Simón" (en castelán). 2 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Christian Santos ya tiene nuevo equipo: el VfL Osnabrück, de la segunda división alemana". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "O Deportivo incorpora ao porteiro Carlos Abad para o curso 2020-2021". 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Gaku Shibasaki ficha por el Leganés" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ "El Hércules ficha a David Sánchez" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ "David Sánchez, de los despachos al banquillo". DxT Campeón (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Fernando Vázquez elige a David Sánchez como su segundo entrenador" (en castelán). 5 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Beauvue renova co Dépor ata o 2022". La Voz de Galicia. 5 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "El regreso de Celso Borges al Deportivo ya es oficial" (en castelán). 6 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Ager Aketxe se queda en Segunda y jugará en el Almería" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Luis Ruiz regresa al Lugo tras su temporada en el Deportivo" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Lucho García, novo porteiro do Dépor 20·21". 8 de setembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ "Yago Gandoy renova o seu compromiso co Dépor". 9 de setembro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ "Lara, novo xogador do Dépor 20·21". 11 de setembro de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Héctor Hernández, novo xogador do Dépor 20·21". 12 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Gerard Valentín, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 14 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Nacho González, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Rui Costa, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "El Deportivo cierra una nueva cesión de Fede Cartabia" (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Vicente se despide del Deportivo: “A veces las cosas no salen como uno quiere”". Riazor.org (en castelán). 22 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ "Vicente Gómez ya tiene destino en la India". Riazor.org (en castelán). 23 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ Regueiro, Zeltia (25 de setembro de 2020). "Despedida por la puerta de atrás de Somma en sus redes". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Michele Somma firma por tres temporadas con el Palermo" (en castelán). 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Miku, novo xogador do Dépor 20·21" (en castelán). 25 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "O Dépor mételle unha marcha máis á pretemporada en Vilalba". 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Uche Agbo asina por catro temporadas co Dépor". 28 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Eneko Bóveda seguirá sendo xogador do Deportivo dúas campañas máis". 29 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "El Depor ya hace historia en Segunda B: récord de socios" (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Borja Galán continuará dúas campañas máis no Dépor". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Keko Gontán seguirá no Dépor tres temporadas máis". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Álex Bergantiños prolonga o seu compromiso co Deportivo". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Derik Osede, novo xogador do Dépor 20·21". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Diego Rolan se queda en el Deportivo para la temporada 20/21" (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ Pena, Héctor (19 de outubro de 2020). "Non chove a gusto de todos no fútbol galego na semana do regreso do 'xogador número 12'". Nós Diario. Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez". 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Rubén de la Barrera, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Pena, Héctor (12 de xaneiro de 2021). "O escollido é Rubén de la Barrera". Nós Diario. Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
- ↑ Balado, Lois (12 de xaneiro de 2021). "Rubén de la Barrera, un «millenial» en el banquillo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Tristes alegrías". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de abril de 1977. p. 33.
- ↑ "Raí Nascimento, novo xogador do Dépor 20·21". 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Diego Rolan completará a Temporada 2020-2021 cedido no Pyramids FC". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Dépor se resigna a perder a Rolán: «No podemos endeudar más el club»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rui Costa deja el Deportivo y ficha por el Santa Clara" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rayco incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ Barreiros, Pedro (25 de xaneiro de 2021). "El peor Deportivo de la historia". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Coruxo gana en casa al Deportivo por 2-0" (en castelán). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021.
- ↑ "Dimite la directiva del Dépor por petición de ABanca" (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021.
- ↑ "¿Y si el Dépor aún no ha tocado fondo?" (en castelán). 21 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021.
- ↑ "Miguel Juane pasa a ser secretario del Consejo". DxT Campeón (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 30 de marzo de 2021.
- ↑ "O Dépor mételle unha marcha máis á pretemporada en Vilalba". Deportivo da Coruña. 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Empate sin goles en As Eiroas". Deportivo da Coruña (en castelán). 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Los 3.000 de Riazor, como si fueran 32.000". El Ideal Gallego (en castelán). 19 de outubro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ "Lara dá ao Dépor a terceira vitoria (1-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 8 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ "Un Dépor romo non atopou vetas para gañar en Guijuelo". Real Club Deportivo da Coruña. 22 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ "O Deportivo conserva o liderado en Pasarón (1-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 5 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ "Primera derrota blanquiazul (1-2)". Real Club Deportivo da Coruña. 13 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Más de 2.000 aficionados y menos de 2 grados en el Zamora vs Deportivo". 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Reinicio sen historia no Helmántico (0-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ "O Dépor cae en ABANCA-RIAZOR ante o Compos (0-2)". Real Club Deportivo da Coruña. 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ "O Dépor supera o test numantino (2-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 18 de abril de 2021. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "O Dépor deixa deberes pendentes para o desenlace da temporada (0-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 25 de abril de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ "O Dépor consegue 5 para aprobar a temporada". Real Club Deportivo da Coruña. 2 de maio de 2021. Consultado o 7 de maio de 2021.
- ↑ "Así hemos vivido el descenso del Numancia". Soria Noticias. 9 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "Un gol de Héctor mete ao Dépor no bombo da Copa (1-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 17 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "O Dépor cae na Copa con honra (0-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 6 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.