Tempada 1909/10 do Deportivo da Sala Calvet
Tempada 1909–10 | |||
Presidente | José Longueira Díaz | ||
---|---|---|---|
Estadio | Campo de Riazor | ||
|
A tempada 1909/10 foi a cuarta tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet. Durante esta tempada, o club participou por primeira vez na Copa do Rei, proclamándose subcampión.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]Cambio de directiva
[editar | editar a fonte]A tempada 1909/10 do Deportivo da Sala Calvet comezou no medio dunha crise institucional, cunha importante perda de socios e o conflito do club co fundador e propietario da Sala Calvet, Federico Fernández-Amor Calvet, e o seu fillo Federico Fernández Sar, referente ao alugueiro do campo de Riazor.[1] A disputa provocou a dimisión da xunta directiva encabezada por Laureano Martínez Brañas, renuncia que non foi aceptada polos socios. Trala convocatoria de varias xuntas xerais no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán, finalmente o 21 de novembro de 1909 tomou posesión unha nova directiva, presidida por José Longueira Díaz.[2] Xunto a el entraron na directiva Sixto Pedregal como vicepresidente, Francisco Domínguez como tesoureiro e os futbolistas Virgilio e Salvador Fojón como contador e secretario respectivamente.[1] A tenda de ultramarinos da familia Fojón na rúa de San Andrés acabou converténdose na sede oficiosa do club durante os seguintes anos.[3][4][5]
Unha das primeiras medidas da nova dirección foi nomear capitán a Manuel Álvarez, con Virgilio e Félix de Paz como asesores.[3] O 30 de setembro o club solicitou a súa adhesión á nova Federación Galega de Fútbol, sendo admitido o 6 de xaneiro de 1910.[3] O primeiro partido de 1910 disputouno o Deportivo contra o Shipbuilding FC, formado por traballadores ingleses da Sociedad Española de Construcción Naval dos estaleiros de Ferrol, resultando vencedor o club coruñés por 5-2.[6][7][8] Ese mesmo xaneiro, o club aprobou o novo escudo do club, que con pequenas modificacións é o que segue a utilizar hoxe en día. Proposto por Leandro Álvarez, consiste nun cinto en homenaxe á Orde da Xarreteira, rodeando unha bandeiriña branca cunha cruz coa cor morada do pendón de Castela e a bandeira da provincia marítima da Coruña, todo baixo a coroa real.[9]
Enfrontamentos co Coruña
[editar | editar a fonte]A finais de xaneiro, o presidente do Real Club Coruña, Franco Caballero, propúxolle ao do Deportivo, José Longueira, a disputa dun triplo enfrontamento benéfico para selar as paces, e tras un rexeitamento inicial, a súa proposta foi aceptada.[10] O acordo propiciou nove enfrontamentos entre ambos clubs en sete meses, multiplicando a rivalidade entre eles e convertendo o 1910 no ano da popularización do fútbol na Coruña.[9]
Tras renunciar a participar na Copa do Rei de 1910, debido ao cisma entre os clubs españois e ás ameazas da Federación Galega que prometeu represalias a quen participase no torneo organizado polo Club Ciclista de San Sebastián, no que o Deportivo estaba inicialmente inscrito, o 20 de marzo disputouse o primeiro derbi amigable entre os dous principais clubs da Coruña.[11] Nun ateigado Campo de Monelos e con presenza das forzas de seguridade, o Coruña despregou un equipo no que destacaba a novidade de Joaquín Yarza, futbolista vigués tres veces campión da Copa do Rei co Madrid FC e que vestira a camiseta do Deportivo nun partido en 1908. A pesar da boa actuación do equipo coruñista e do seu porteiro Guardado, o Deportivo levou a vitoria cun solitario gol de Virgilio.[11] No segundo partido, disputado nun ateigado Riazor e co exdeportivista Alex H. White como reforzo coruñista, a vitoria foi para o Coruña con idéntico resultado (0-1), grazas a un gol de José Álvarez, pero o Deportivo saíu vitorioso no terceiro e definitivo encontro da serie, cun contundente 4-0 en Riazor.[12]
A vitoria animou definitivamente ao club a se inscribir no Campionato de España organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball e que se disputaría en maio en Madrid. Antes, o Deportivo volveuse enfrontar aos ingleses da Construtora Naval de Ferrol, perdendo na cidade departamental por 6-3 e empatando en Riazor por 2-2, nun partido no que debutou co Deportivo Silvestre Rodilla, procedente do máximo rival.[13] A continuación o club coruñés enfrontouse por primeira vez ao poderoso Vigo FC como preparación para o campionato estatal, presentándose no campo de Riazor con tres ingleses no once (Bacon, Johnson e Campbell) que vestían gravatas negras en sinal de duelo polo falecemento de Eduardo VII dous días antes. O Deportivo conseguiu unha histórica goleada por 5-0, nun partido no que se anotou o primeiro gol estranxeiro na historia do club, obra de Ernest Bacon.[13]
Debut na Copa do Rei
[editar | editar a fonte]O 19 de maio partiu en tren a Madrid dende a Estación do Norte a expedición deportivista, formada polos xogadores José de Llano, Carlos González de Ancos, Silvestre Rodilla, Jack Johnson, Andrés Ocaña, Ángel Rodríguez, César Pita, Virgilio, Manuel Álvarez, Samuel Campbell, Félix de Paz, José Rodríguez e Rogelio Ramos, ademais do fundador Federico Fernández-Amor Calvet, o seu fillo Federico Fernández Sar, o esgrimista Francisco Fariña, o directivo Salvador Fojón e o xornalista Manuel Díaz.[14] Trala retirada de catro dos clubs inicialmente inscritos (Athletic, Irún, Fortuna de Vigo e o club da Academia de Infantería de Toledo, a Copa do Rei disputouse finalmente con só tres equipos: o Deportivo, o FC Barcelona e o Español de Madrid.[15]
O FC Barcelona non puido chegar a Madrid o día do sorteo, polo que o Español propuxo que a final a disputasen directamente o propio Español e o Deportivo, opción permitida segundo o regulamento do torneo. Con todo, o club galego negouse e solicitou a inclusión do Barcelona no sorteo, sendo esta aceptada pola Federación. O Barcelona comunicou á Federación que chegaría ao seu partido un día máis tarde, polo que o Deportivo solicitou que o inicio da competición se adiase ata a chegada dos cataláns, xesto que logo agradeceu o capitán barcelonista, Paco Bru.[14]
O 23 de maio deu inicio a Copa cun enfrontamento no campo do Tiro del Pichón entre o Deportivo e o Español. O partido desenvolveuse cun xogo duro e violento e o marcador non se moveu ata o derradeiro minuto, cando o traveseiro da portería defendida polo deportivista José de Llano caeu e o dianteiro Armando GIralt aproveitou a confusión para conseguir o único gol do encontro.[16] No segundo partido o Barcelona goleou por 5-0 ao Deportivo, con goles de Percy Wallace (2), Carles Comamala, Forns e o vigués Pepe Rodríguez.[17][18] A continuación o Barcelona venceu ao Español, proclamándose campión, mentres que tanto o Español como o Deportivo foron declarados subcampións pola Federación, recibindo ambos medallas de prata.[19][20]
En xuño o Deportivo volveuse enfrontar aos ingleses da Construtora Naval, constituídos xa nun club, o Victoria, gañando por 3-0;[21] mentres que en xullo empataron sen goles contra o Vigo en Riazor e perderon en dúas ocasións contra a Gimnástica de Madrid, tamén en Riazor.[22] A finais de xullo o Deportivo e o Coruña contenderon en Monelos na eliminatoria previa da Copa Compostelá, gañando o club local por 1-0, cun gol de Yarza.[23]
En agosto deu inicio o Campionato de Galicia e Asturias, no que participaron por primeira vez clubs asturianos. Pero antes debía dilucidarse cal sería o representante coruñés na competición, para o que se disputou un novo encontro entre Coruña e Deportivo, que rematou con empate a dous goles.[24] Xogouse entón un partido de desempate, no que o Coruña conseguiu a vitoria por 3-0, con dous tantos de Yarza e un de Caruncho.[25][26] O Deportivo pechou a tempada cun amigable contra o Círculo Industrial y de Sport de Avilés, ao que goleou por 4-0.[27]
Persoal
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Pos | Nac | Nome | Copa do Rei | |
---|---|---|---|---|
Part. | Goles | |||
POR/DIA | José de Llano | 2 | 0 | |
POR | Rogelio Ramos | 0 | 0 | |
DEF | Rodilla | 2 | 0 | |
DEF | Ancos | 2 | 0 | |
DEF | David Fernández | 0 | 0 | |
MED | Jack Johnson | 2 | 0 | |
MED | Samuel Campbell | 2 | 0 | |
MED | Andrés Ocaña | 2 | 0 | |
MED | Ángel Rodríguez | 0 | 0 | |
DIA | Vicente González | 0 | 0 | |
DIA | Virgilio | 2 | 0 | |
DIA | César Pita | 2 | 0 | |
DIA | Manuel Álvarez | 2 | 0 | |
DIA | José Rodríguez | 2 | 0 | |
DIA | Ramón Blanco-Rajoy | 0 | 0 | |
DIA | Ernest Bacon | 2 | 0 | |
DIA | Félix de Paz | 0 | 0 | |
DIA | Antonio Portela | 0 | 0 | |
DIA | Roberto Díaz | 0 | 0 |
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | José Longueira Díaz |
Vicepresidente | Sixto Pedregal |
Tesoureiro | Francisco Domínguez |
Contador | Virgilio Rodríguez |
Secretario | Salvador Fojón |
Partidos
[editar | editar a fonte]Vitoria
Empate
Derrota
Amigables
[editar | editar a fonte]28 de novembro de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 6 – 0 | España | A Coruña | ||
Estadio: Riazor | ||||||
2 de xaneiro de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 5 – 2 | Shipbuilding | A Coruña | ||
15:30 | Virgilio 20?' 40?' 60?' 70?' Manuel Álvarez 80?' |
Informe | Dohuson 10?' 30?' | Estadio: Riazor | ||
6 de marzo de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | – | Machaquito | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
20 de marzo de 1910 | Real Club Coruña | 0 – 1 | Deportivo da Sala Calvet | Oza | ||
Informe | Virgilio 25?' | Estadio: Monelos Árbitro: Mariano Paz | ||||
27 de marzo de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
16:20 | Informe | José Álvarez 65' | Estadio: Riazor Árbitro: Butterfield | |||
10 de abril de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 4 – 0 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
16:10 | Pita 12' Zato 23' Ocaña 50' Manuel Álvarez 70' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Preston | |||
24 de abril de 1910 | Constructora Naval | 6 – 3 | Deportivo da Sala Calvet | Ferrol | ||
16:00 | Informe | Estadio: Canido | ||||
1 de maio de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Constructora Naval | A Coruña | ||
16:30 | Virgilio 35' Manuel Álvarez 60' |
Informe | Bacon 10?' ? 70' |
Estadio: Riazor Árbitro: Fojón | ||
8 de maio de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 5 – 0 | Vigo FC | A Coruña | ||
16:15 | Bacon 9' Virgilio 25' Pita 28' Manuel Álvarez 33' 59' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Andrés Ocaña | |||
12 de xuño de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 0 | Victoria | A Coruña | ||
Virgilio 25?' 60?' Bacon 75?' |
Informe | Estadio: Riazor | ||||
10 de xullo de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 0 | Vigo | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Ocaña | |||||
24 de xullo de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 2 | Gimnástica de Madrid | A Coruña | ||
17:30 | Mejuto 34' | Informe | J.M. Kindelán 56' J.A. Kindelán 63' |
Estadio: Riazor Árbitro: Preston | ||
25 de xullo de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 3 | Gimnástica de Madrid | A Coruña | ||
17:30 | Informe | Rodríguez 3' Espinosa 9' Lickinger 31' |
Estadio: Riazor Árbitro: Raúl López | |||
14 de agosto de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 4 – 0 | Avilés | A Coruña | ||
18:00 | Rodilla 6' Virgilio 45?' Manuel Álvarez 72' 79' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Scott | |||
Copa Compostelá
[editar | editar a fonte]Previa 27 de xullo de 1910 | Real Club Coruña | 1 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | Oza | ||
Yarza 68' | Informe | Estadio: Monelos Árbitro: Preston | ||||
Campionato de Galicia e Asturias
[editar | editar a fonte]Previa 1 5 de agosto de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
16:00 | Virgilio 2' Vicente Paz 35' |
Informe | Yarza 10?' Monasterio 86' |
Estadio: Riazor Árbitro: Calzado | ||
Previa (desempate) 7 de agosto de 1910 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 3 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
10:30 | Informe | Yarza 70?' 86' Caruncho 88?' |
Estadio: Riazor | |||
Copa do Rei
[editar | editar a fonte]23 de maio de 1910 | Español de Madrid | 1 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | Madrid | ||
16:00 | Giralt 89' | Estadio: Tiro del Pichón Árbitro: Forns | ||||
24 de maio de 1910 | Barcelona | 5 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | Madrid | ||
Wallace 2' 70?' Comamala 20?' Forns 60?' Pepe Rodríguez 80?' |
Estadio: Tiro del Pichón Árbitro: Kindelán | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ventureira 2022, pp. 93-94.
- ↑ "Noticias de Galicia". El Eco de Galicia (en castelán) (991). 25 de novembro de 1909. p. 2. Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ventureira 2022, p. 95.
- ↑ I. Martelo, Vicente (17 de setembro de 2022). "Sedes deportivistas". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ Miranda, Carlos (8 de decembro de 2021). "“Eran el alma máter de A Coruña”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El Real Club deportivo de la Sala Calvet". El Correo Gallego (en castelán) (10587). 14 de decembro de 1909. p. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El partido del domingo en la Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (10589). 16 de decembro de 1909. p. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El partido del domingo en la Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (10606). 5 de xaneiro de 1910. p. 2. Consultado o 5 de xaneiro de 2025.
- ↑ 9,0 9,1 Ventureira 2022, p. 100.
- ↑ Ventureira 2022, p. 102.
- ↑ 11,0 11,1 Ventureira 2022, p. 103.
- ↑ Ventureira 2022, p. 104.
- ↑ 13,0 13,1 Ventureira 2022, p. 105.
- ↑ 14,0 14,1 Ventureira 2022, p. 106.
- ↑ "1910: El año en el que hubo dos ganadores de la Copa del Rey y un derbi vasco en la final" (en castelán). 3 de abril de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 108.
- ↑ Ventureira 2022, p. 110.
- ↑ "Foot-ball". La Corresondencia de España (en castelán) (19098). 27 de maio de 1910. p. 6. Consultado o 12 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Notas de Sport". El Noroeste (en castelán) (5307). 30 de maio de 1910. p. 1. Consultado o 12 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 111.
- ↑ "De Sport". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 1910. p. 2.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste (en castelán) (5349). 11 de xullo de 2025. p. 1. Consultado o 12 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Notas de Sport". El Noroeste (en castelán) (5366). 28 de xullo de 1910. p. 1. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Partido de foot-ball". El Noroeste (en castelán) (5375). 6 de agosto de 1910. p. 1. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Resumen de noticias". El Noroeste (en castelán) (5377). 8 de agosto de 1910. p. 1. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 114.
- ↑ Gonzalito (13 de xaneiro de 2025). "Notas de Sport". El Noroeste (en castelán) (5384). p. 1. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.