Federico Fernández-Amor Calvet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1871 A Coruña, España |
Morte | 5 de setembro de 1933 (61/62 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | suicidio, disparo no peito |
Actividade | |
Ocupación | deportista, profesor de educación física |
Familia | |
Fillos | Federico Fernández Sar |
Federico Fernández-Amor Calvet, nado na Coruña c. 1871 e finado o 5 de setembro de 1933, foi un deportista e mestre de ximnasia galego. Impartiu clases de numerosos deportes no seu propio ximnasio, a Sala Calvet, onde fundou en 1906 o Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Practicante de esgrima, foi alumno do florentino Attilio Pontinari (mestre entre outros de Valle-Inclán),[1] e formou parte do Círculo de Artesáns, participando nalgúns dos seus espectáculos.[2] O 3 de xaneiro de 1902 inaugurou a Sala Calvet, un ximnasio situado na rúa Galera da Coruña,[3] no que comezou dando clases de esgrima, ximnasia e halterofilia, ampliando despois a máis disciplinas.[4] Deu clases gratuítas de esgrima aos bombeiros da cidade e instruíu no uso da espada ao exército, sendo condecorado coa Cruz de Primeira Clase do Mérito Militar con distintivo branco.[5][6]
En 1906 fundou no seu ximnasio, xunto a varios dos seus alumnos, o Club Deportivo da Sala Calvet, que máis tarde pasaría a chamarse Real Club Deportivo da Coruña. Dito club participou en competicións de numerosos deportes durante os seus primeiros anos, como esgrima, traiñeiras, tenis ou ciclismo, pero destacou especialmente pola súa sección de fútbol. En 1909 construíu o Campo de Riazor, onde xogou o Deportivo ata 1944.[7][8]
Suicidouse o 5 de setembro de 1933, aos 62 anos de idade, disparándose no peito cunha escopeta.[9]
Familia
[editar | editar a fonte]Casou con Marcelina Sar Varela e tiveron tres fillos, Federico[1], Doroteo e Carolina Fernández Sar, esta última falecida en 1905 aos 10 anos de idade.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fernández, Carlos (30 de agosto de 2004). "Hombre emblemático de los 50". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Los festivales del Circo de Artesanos". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1896. p. 1.
- ↑ "Noticias de Galicia". La Correspondencia Gallega (en castelán). 3 de xaneiro de 1902. p. 2. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "La histórica Sala Calvet". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de novembro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Otros acuerdos". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1905. p. 2.
- ↑ "La Correspondencia Gallega". La Correspondencia Gallega (en castelán). 13 de novembro de 1909. p. 2. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Licencias". El Eco de Galicia. 6 de maio de 1909. p. 1. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "O Dépor nace nun ximnasio". Deportivo da Coruña. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "El maestro de armas, Sr. Calvet, se suicida disparándose un tiro en el pecho". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de setembro de 1933. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Los que mueren". La Correspondencia Gallega (en castelán). 10 de febreiro de 1905. p. 3. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "De sol a sol". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de febreiro de 1905. p. 2.