Saltar ao contido

Tempada 1917/18 do Deportivo Auténtico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo Auténtico
Tempada 1917–18
PresidenteGalicia Virgilio Rodríguez
EstadioRiazor
Campionato de Galicia

Durante a tempada 1917/18 o Deportivo Auténtico competiu no Campionato de Galicia, proclamándose subcampión.[1]

Foi a última tempada de existencia do Deportivo Auténtico, escisión do Deportivo da Coruña que competiu coas súas cores durante catro anos. Durante esta campaña disputou por segunda vez o Campionato de Galicia, saíndo vencedor do Grupo Norte, que constaba só do Deportivo Auténtico e do Real Club Coruña. Clasificouse así para a final, na que se enfrontou a dobre volta ao Fortuna de Vigo, empatando o primeiro encontro e caendo por 3-0 no segundo. A continuación disputou varios encontros amigables, case todos contra o Real Club Coruña.

En agosto de 2018 o Deportivo Auténtico volveu integrarse na estrutura do Deportivo da Coruña, conservando como nome o do club orixinal.[2] A unión logrouse en boa parte grazas a Virgilio Rodríguez, que pouco despois converteuse no novo presidente do club unificado.[3]

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Pos Nac Nome C. Galicia
Aps Goles
POR Galicia Sardinero 2 0
DEF Galicia Angelito 1 0
DEF Galicia Luis Macho 2 0
MED Galicia Francisco Macho 1 0
MED Galicia Rey 1 0
MED Galicia Pisos 2 0
MED Galicia Cabrera 1 0
DIA Galicia Juanito Álvarez 1 0
DIA Galicia Barreiro 2 1
DIA Galicia Fito 1 0
DIA Galicia Cotelo 1 0
DIA Galicia Paz 1 0
DIA Galicia Ricardo Álvarez 1 1

Xunta directiva

[editar | editar a fonte]
Cargo Nome
Presidente Virgilio Rodríguez
Vicepresidente José de Llano
Secretario Juan Fernández
Vicesecretario Ángel García
Tesoureiro Emilio Mosquera
Contador Narciso López
Vogais Francisco Criado
José Borrazás
Carlos G. de Ancos
Ramón Llanos


Clasificación Grupo Norte

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Deportivo Auténtico 2 1 1 0 4 2 +2 3 Clasificación para a final
2. R.C. Coruña 2 0 1 1 2 4 −2 1


      Vitoria

      Empate

      Derrota

Campionato de Galicia

[editar | editar a fonte]

Grupo Norte

[editar | editar a fonte]

Amigables

[editar | editar a fonte]
  1. Este torneo amigable, para o cal doou unha copa de prata o "Grupo de Amigos de la Terraza", foi anulado pola Federación Galega, que multou con 25 pesetas tanto ao Deportivo Auténtico como ao Real Club Coruña por presentarse a unha competición que carecía da necesaria autorización federativa.
  1. Deza Rey, Jorge Manuel; Lozano Ferrer, Carles; Torre, Raúl. "Spain - List of Champions of Galicia". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2024. 
  2. "Notas deportivas". El Ideal Gallego (en castelán) (486). 18 de agosto de 1918. p. 2. Consultado o 17 de novembro de 2024. 
  3. "Restaurado un cadro de Lloréns de 1911 que representa por primeira vez as cores do Deportivo con Virgilio como protagonista". Deportivo da Coruña. 26 de decembro de 2018. Consultado o 17 de novembro de 2024.