Alberto Solís
Solís | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alberto Solís Gómez | ||
Nacemento | 1 de xaneiro de 1998 | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Andorra | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2015 | Sevilla | ||
2015–2017 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2021 | Celta de Vigo B | 78 | (11) |
2021–2023 | Cultural Leonesa | 67 | (10) |
2023–2024 | Real Unión | 38 | (12) |
2024– | Andorra | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 28 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alberto Solís Gómez, nado en Tomares o 1 de xaneiro de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no FC Andorra, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Sevilla, chegando a ser internacional con selección española sub-16. No verán de 2015 fichou polo xuvenil do Celta de Vigo, co que xogou dous anos na División de Honra.[1] Na tempada 2016/17 debutou co filial celeste, o Celta B, na primeira xornada da Segunda División B, ante o Mutilvera. No verán de 2017 renovou o seu contrato co club vigués, pero en outubro sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, lesión que o afastou dos terreos de xogo durante sete meses.[2] Reapareceu na tempada seguinte, converténdose nun dos futbolistas importantes do filial, co que xogou 31 partidos, marcando dous goles.
No verán de 2019 foi convocado por Fran Escribá para realizar a pretempada co primeiro equipo do Celta, xunto a outros oito xuvenís. Continuou un ano máis no filial, disputando 18 partidos e anotando 4 goles, ata que a pandemia de COVID-19 paralizou o fútbol do país. No verán de 2020 debutou co primeiro equipo céltico nun amigable ante o Oviedo, da man de Óscar García Junyent, pero non tivo oportunidades en partidos oficiais. En decembro volveu sufrir outra lesión, aínda que acabou sendo unha peza importante do Celta B que disputou a promoción de ascenso a Segunda División.
No verán de 2021 puxo fin a súa etapa en Vigo tras seis tempadas, nas que disputou 78 partidos co filial, marcando 11 goles.[1] En agosto de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, da nova Primeira División RFEF.[3] Xogou 69 partidos nos seus dous anos en León, anotando 11 goles.. Para a campaña 2023/24 asinou como novo xogador do Real Unión, adestrado polo galego Fran Justo.[4] Indiscutible no conxunto irundarra, disputou como titular as 38 xornadas de liga e foi o máximo goleador do equipo xunto ao galego Antón Escobar, con 12 goles cada un.
En xuño de 2024 asinou como novo xogador do Andorra, equipo que viña de descender á Primeira RFEF.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Alberto Solís deja el Celta B tras 6 años en la cantera" (en castelán). 15 de xuño de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2023.
- ↑ "El jugador del Celta B Alberto Solís recibe el alta siete meses después". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2023.
- ↑ "Alberto Solís es nuevo jugador de la Cultural y Deportiva Leonesa" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023.
- ↑ Ruiz, Martín (27 de xullo de 2023). "El Real Unión se refuerza con Solís y finaliza la semana contra la SD Logroñés" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023.
- ↑ "Alberto Solís, primer refuerzo de la temporada" (en castelán). 26 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).