Saltar ao contido

Antón Escobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Escobar

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAntón Escobar Tapias
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Club Deportivo Arenteiro

Antón Escobar Tapias, nado en Nigrán o 16 de xuño de 1998, é un futbolista galego que xoga como dianteiro na Cultural Leonesa da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira da ED Val Miñor, cunha paréntese de tres anos nos que militou no equipo xuvenil do Celta de Vigo.[1] Co equipo xuvenil do Val Miñor competiu na División de Honra.

En agosto de 2017, despois de realizar a pretempada co Coruxo, fichou polo Choco, da Terceira División.[2] Debutou o 20 de agosto de 2017, sendo titular no empate a un gol ante o Cultural Areas.[3] Marcou os seus primeiros dous goles o 12 de outubro, no empate 2-2 contra o Negreira, e rematou a tempada con dez tantos.

En xullo de 2018 incorporouse ao Lugo, co que asinou un contrato de dous anos, sendo inicialmente destinado ao Polvorín de Terceira. Na súa primeira campaña no filial marcou 20 goles en 35 partidos, sendo o cuarto máximo goleador do Grupo I da categoría, só por detrás de Pablo Rey, Sylla e Aythami Perera.[4] Debutou co primeiro equipo do Lugo na Segunda División o 29 de setembro de 2019, substituíndo a Christian Herrera nun partido ante o Tenerife.[5]

O 30 de xaneiro de 2020 saíu cedido ao Coruxo FC, da Segunda División B, ata o final da tempada.[6] A continuación regresou ao Polvorín, que compaxinou con algún partido co primeiro equipo.

En 2021 deixou Lugo e asinou como novo xogador do Bergantiños, da Segunda División RFEF.[7] No equipo de Carballo, adestrado por José Luis Lemos, disputou 35 partidos e marcou 9 goles, quedando ás portas da promoción de ascenso. No verán de 2022 fichou polo Arenteiro, da mesma categoría. Anotou un total de 16 goles co equipo do Carballiño, sendo o máximo goleador do equipo nunha campaña histórica para o club, que se proclamou campión da Segunda RFEF, ascendendo á Primeira RFEF, e conquistou tamén a Copa Federación.[8] Ademais, Escobar foi o autor do primeiro gol na histórica vitoria por 2-0 sobre o Almería na Copa do Rei, que serviu para eliminar da competición ao equipo de Primeira.[9]

Para a tempada 2023/24 aceptou unha oferta do Real Unión, da Primeira RFEF, equipo adestrado polo galego Fran Justo e onde coincidiu co tamén galego Víctor Eimil.[10] Disputou un total de 38 partidos e foi o máximo goleador do equipo xunto a Alberto Solís, con 12 goles cada un, conseguindo a permanencia na última xornada en Riazor. En xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe pola Cultural Leonesa, onde se reencontrou co seu excompañeiro no Arenteiro Pibe.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Arenteiro
  1. "El juvenil Antón Escobar deja el Celta y ficha por el Val Miñor" (en castelán). 27 de xullo de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  2. "Antón Escobar, nuevo jugador del Choco". Faro de Vigo (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  3. "El debutante que recuperó la confianza para liderar el ataque de su equipo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  4. "Tercera División - Grupo I 2018-19". BDFutbol (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  5. Lorenzo, Álvaro (29 de setembro de 2019). "Un inspirado Tenerife asalta el Anxo Carro con ayuda del VAR". Marca (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. "Antón Escobar, más potencia para la delantera del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  7. "Antón Escobar, primer refuerzo del Bergantiños para Segunda RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  8. Rodríguez, Luis M. (15 de maio de 2023). "El Arenteiro lució el fruto de una campaña inolvidable". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  9. "El Arenteiro sueña a lo grande". Faro de Vigo (en castelán). 13 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  10. Pereira, Eder (4 de novembro de 2023). "El Real Unión más 'gallego'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  11. "Pibe y Antón Escobar coinciden en las filas de la Cultural Leonesa". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024.