Saltar ao contido

Miki Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiki Villar
Nome orixinalMiguel Villar Alonso
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Unión Deportiva Ibiza-Eivissa

Miguel Villar Alonso, coñecido como Miki Villar, nado en Nigrán o 19 de setembro de 1996, é un futbolista galego que xoga como extremo no Jagiellonia Białystok da Ekstraklasa polaca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Nigrán, formouse nas canteiras do Celta de Vigo e do Rápido de Bouzas. O 24 de novembro de 2013 debutou co primeiro equipo do Rápido na Terceira División, nun partido contra o Somozas.[1] Marcou o seu primeiro gol tres semanas despois, facendo o terceiro tanto do seu equipo na vitoria por 3-1 sobre o Racing Vilalbés.[2] Na seguinte tempada disputou 37 partidos, 22 deles como titular e marcou seis goles.

En xullo de 2015 fichou polo Pontevedra CF, da Segunda División B.[3] Apenas tivo minutos no equipo de Luisito, e ao ano seguinte regresou ao Rápido de Bouzas en calidade de cedido.[4]

No verán de 2017 fichou polo CD Boiro, da Terceira División, onde foi titular durante a maior parte da tempada.[5] Ao ano seguinte fichou pola SD Compostela,[6] onde militiou os seguintes tres anos. Foi unha das pezas máis importantes no equipo de Yago Iglesias e na campaña 2019/20 logrou o ascenso a Segunda B.

En xuño de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Ibiza, que viña de ascender por primeira vez na súa historia á Segunda División.[7] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2021/22, contra o Zaragoza na Romareda, entrando na segunda parte como substituto de Mateusz Bogusz.[8] Marcou o seu primeiro gol na xornada 15, contra a Real Sociedad B en Anoeta, dándolle a vitoria ao seu equipo por 0-1.[9] Militou durante unha tempada e media no club balear, contabilizando un total de 51 partidos e 3 goles.

En xaneiro de 2023 deixou Eivisa para fichar polo Wisła Kraków, club da I Liga, segunda categoría do fútbol de Polonia.[10] No histórico club de Cracovia coincidiu na súa primeira tempada co tamén galego Luis Fernández e con outros cinco futbolistas españois.[10] A cifra de españois aumentou ata nove na tempada 2023/24 na que o Wisła fixo historia ao conquistar a Copa de Polonia a pesar de militar na segunda categoría.[11] O equipo dirixido por Albert Rudé derrotou por 1-2 ao Pogoń Szczecin na final disputada no Estadio Nacional Kazimierz Górski de Varsovia.[12]

En xullo de 2024 fichou polo Jagiellonia Białystok, da Ekstraklasa, máxima categoría do fútbol polaco.[13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Wisła Kraków
  1. "El Somozas sorprende a domicilio al Rápido de Bouzas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  2. "El Rápido corta su crisis con un triunfo en Vilalba". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  3. "Álex Fernández, Jandrín y Miki, los tres primeros fichajes granates". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xullo de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  4. Espiño, Diego (1 de febreiro de 2018). "Miki, renovado e cedido ao Rápido de Bouzas". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  5. "Miki firma por el Boiro de Tercera División". Faro de Vigo (en castelán). 24 de xullo de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  6. "Miki, terceiro reforzo para o proxecto branquiazul". Sociedade Deportiva Compostela. 5 de xullo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  7. "Miki Villar nuevo jugador del Ibiza" (en castelán). 16 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  8. "El Zaragoza decepciona y empata ante un valiente Ibiza". Marca (en castelán). 14 de agosto de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  9. "Miki Villar da la victoria al Ibiza en la intimidad de Anoeta". As (en castelán). 7 de novembro de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 R. Barbero, Alberto; Rivero, Ángel (11 de marzo de 2023). "Wisla y los siete". Marca (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  11. "¡Copa histórica para el 'Spanish Wisla'!". Marca (en castelán). 2 de maio de 2024. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  12. "Pogoń Szczecin 1 - 2 Wisła Kraków". 90minut.pl (en polaco). Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  13. "El nigranés Miki Villar ficha por el Jagiellonia Białystok, equipo de la máxima categoría del fútbol polaco" (en castelán). 3 de xullo de 2024. Consultado o 11 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]