Estadio de La Romareda
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2024.) |
La Romareda | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista exterior | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Concello | Zaragoza ![]() | |||
Localización | Zaragoza | |||
Rúa | Paseo de Isabel la Católica (en) ![]() ![]() | |||
Altitude | 229 m ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 8 de setembro de 1957 ![]() | |||
Inauguración | 8 de setembro de 1957 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 34.596 | |||
Implicados | ||||
Propietario | Concello de Zaragoza | |||
Operador | Real Zaragoza ![]() | |||
Ocupante | Real Zaragoza ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Real Zaragoza | |||
Acontecementos | ||||
| ||||
[ Wikidata ] |
O Estadio de La Romareda é o estadio de fútbol do Real Zaragoza. Pertence ó concello da cidade de Zaragoza e foi inaugurado o 8 de setembro de 1957 cun partido fronte ó Osasuna, no que os locais gañaron por 4-3.
O estadio foi remodelado varias veces. En 1977 termináronse de construír os novos chanzos cubertos e en 1982 con motivo da Copa Mundial de Fútbol de 1982, construíronse as cubertas de xeral sentado. Finalmente en 1994 o campo alcanzou o seu aspecto actual tras a reforma que serviu para que todas as localidades fosen de asento.
Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para xogar partidos de fútbol.
A súa capacidade oficial é de 34.596, cunha afluencia media de 28.000 persoas nos partidos do Real Zaragoza.
A Romareda foi proposta como Estadio Olímpico na errada candidatura de Jaca aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014.
Localización
[editar | editar a fonte]O estadio está situado ao sur da cidade de Zaragoza, no barrio de La Romareda do distrito Universidad. O lateral oeste está na rúa Eduardo Ibarra, o fondo norte na rúa Luís Bermejo, o lateral leste no paseo Isabel a Católica e o fondo Sur na rúa Xerusalén.
Próximos ao estadio atópase o Campus Praza San Francisco da Universidade de Zaragoza, os hospitais Miguel Servet e Clínico Lozano Blesa, e o Auditorio de Zaragoza.
Outros usos
[editar | editar a fonte]O estadio é usado esporadicamente para realizar concertos, tales como o de Michael Jackson en 1996, Bruce Springsteen en 1999, Metallica do ano 2004, Maná en 2007 ou Héroes del Silencio os días 10 e 12 de outubro do 2007.
Proxectos de novo estadio
[editar | editar a fonte]![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os primeiros plans para construír un novo estadio en Valdespartera (aforas de Zaragoza) foron abandonados debido ao cambio da corporación municipal (2003); posteriormente pretendeuse reconstruílo na mesma localización, cunha capacidade de máis de 42.000 persoas, pero esta opción quedou truncada debido á admisión a trámite e suspensión cautelar das obras (17 de marzo de 2006) como consecuencia de dúas demandas xudiciais da oposición municipal. Finalmente, o proxecto foi paralizado en marzo de 2007.
En febreiro de 2008 o Concello de Zaragoza, tras un cambio na coalición de goberno, anunciou o acordo para que o novo campo se situase no distrito de San José. Segundo eses plans, La Romareda deixaría de ser o campo do Real Zaragoza aproximadamente en 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio de La Romareda ![]() |