Saltar ao contido

Celso Borges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelso Borges

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Celso Borges Mora Editar o valor en Wikidata
27 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
San Xosé, Costa Rica Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSan Juan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade15 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaCosta Rica Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2009 Deportivo Saprissa 117(13)
2009–2011 Fredrikstad FK 85(41)
2012–2015 AIK Fotboll 97(23)
2015–2018   Deportivo da Coruña 111(15)
2018–2020 Göztepe 62(3)
2020–2021   Deportivo da Coruña 22(2)
2021– Liga Deportiva Alajuelense 123(6)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2005   Costa Rica national under-17 football team 9(2)
2006–2007   Costa Rica national under-20 football team 8(2)
2007–2007   Costa Rica Olympic football team 4(2)
2008–2023   Selección de fútbol de Costa Rica 163(27)
Participou en
2019Liga das Nações da CONCACAF de 2019–20 (pt) Traducir
2019Copa Ouro da CONCACAF de 2019 (pt) Traducir
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Copa América Centenario
2015Copa Ouro da CONCACAF de 2015 (pt) Traducir
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2014Copa Centroamericana de 2014 (pt) Traducir
2013Copa Ouro da CONCACAF de 2013 (pt) Traducir
2013Copa Centroamericana 2013 (pt) Traducir
2011Copa Centroamericana 2011 (pt) Traducir
2011Copa Ouro da CONCACAF de 2011 (pt) Traducir
2009Copa Ouro da CONCACAF de 2009 (pt) Traducir
20072007 U-20 World Cup CONCACAF qualifying tournament (en) Traducir
2007Campeonato Mundial de Futebol Sub-20 de 2007 (pt) Traducir
2005Campeonato Mundial de Futebol Sub-17 de 2005 (pt) Traducir
20052005 CONCACAF U17 Tournament (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAlexandre Guimarães Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6569539 Facebook: CelsoBorgesCRC FIFA: 236530 Editar o valor en Wikidata

Celso Borges Mora, nado en San Xosé o 27 de maio de 1988, é un futbolista costarriqueño. Xoga de mediocentro e é o actual capitán do Alajuelense da Primeira División de Costa Rica.

Fillo do exfutbolista e adestrador brasileiro Alexandre Guimarães, destacou ao igual que el, no Deportivo Saprissa, co que gañou cinco campionatos da Primeira División de Costa Rica entre 2006 e 2009, antes de dar o salto ao fútbol europeo. Xogou tres tempadas no Fredrikstad noruegués e outras tres no AIK sueco, e no 2015 chegou ao Deportivo da Coruña. Xogou 107 partidos co club galego na Primeira División, marcando 15 goles, e tralo descenso do equipo en 2018 foi traspasado ao Göztepe da Superliga turca. En 2020 regresou ao Deportivo da Coruña, co que xogou na Segunda División B antes de regresar a Costa Rica para xogar no Alajuelense, co que gañou unha Copa de Costa Rica, unha Recopa de Costa Rica e unha Copa Centroamericana.

Histórico integrante da selección de Costa Rica, é o futbolista que máis veces vestiu a súa camiseta, en 163 ocasións. Participou coa selección en tres Copas do Mundo, sete Copas de Ouro da CONCACAF, unha Copa América e tres Copas Centroamericanas, proclamándose campión desta última en dúas ocasións, en 2013 e 2014, e anotando un total de 27 goles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Deportivo Saprissa, equipo no que destacara anos antes seu pai, Alexandre Guimarães. O 15 de xaneiro de 2006, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Primeira División, no inicio do Torneo de Clausura contra Ramonense.[1] Catro meses despois conseguiu o seu primeiro título da Primeira División, ao proclamarse o Deportivo Saprissa campión do Torneo de Clausura despois de vencer na final ao Alajuelense.

Na seguinte campaña conquistou tanto o Torneo de Apertura como o Clausura, e foi titular en dous dos catro partidos das finais, disputadas de novo contra Alajuelense. No 2007 conquistou o terceiro título consecutivo e marcou un dos goles do seu equipo na final contra Herediano. A continuación gañou dous títulos máis, facendo un total de cinco consecutivos, sendo elixido no último deles mellor xogador do torneo.[2]

Durante eses anos disputou co Saprissa tamén a Copa Interclubes da Uncaf, obtendo o subcampionato en 2007. Isto deulle acceso ao ano seguinte á Liga de Campións da CONCACAF, onde chegou ata a final, que perdeu contra o Pachuca mexicano.[3]

Fredrikstad

[editar | editar a fonte]

En 2009 deixou Costa Rica para fichar polo Fredrikstad FK, da Tippeligaen, a primeira división noruega. Debutou o 20 de abril contra o Viking Stavanger. O 7 de maio marcou de cabeza o seu primeiro gol, contra o Tromsø e en maio debutou en competición europea, ao disputar a terceira rolda previa da Europa League contra o Lech Poznań polaco. Marcou 7 goles en 23 partidos de liga, pero o seu equipo acabou descendendo ao remate da temapda, ao perder a fase de permanencia contra o Sarpsborg.

A pesar do descenso continuou no club de Fredrikstad e na seguinte temporada anotou 14 goles na liga regular, sendo o máximo goleador do equipo e só superado no campionato por Marius Helle, Andreas Moen e Sindre Marøy. O equipo rematou terceiro, en postos de promoción de ascenso. Nesta, o equipo enfrontouse na primeira rolda ao Løv-Ham, ao que derrotou por 2-0 cun dos goles anotado por Borges. Na final, disputada a ida e volta contra o Hønefoss, Borges marcou un dos catro goles do seu equipo na ida (1-4), mentres que na volta conseguiu o primeiro triplete da súa carreira, poñendo o 4-0 no marcador e logrando o ascenso á máxima categoría.[4]

De volta na Tippeligaen marcou oito goles na tempada 2011, incluído o segundo triplete da súa vida, nun partido contra o SK Brann.[5]

O 1 de xaneiro de 2012 anunciouse a súa fichaxe polo AIK sueco.[6] Debutou na Allsvenskan o 1 de abril contra o Mjällby e no seguinte partido logrou o seu primeiro gol, contra o Kalmar FF. Marcou 8 goles en 29 partidos de liga e xogou todos os encontros do seu equipo na Europa League.

Nas tempadas 2013 e 2014 anotou 8 e 6 goles respectivamente.

Deportivo da Coruña (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 14 de xaneiro de 2015 fichou polo Deportivo da Coruña, cedido até o final da tempada polo equipo sueco, con opción a dous anos máis.[7] Debutou co equipo galego na xornada 21 da Primeira División, contra o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas, marcando dous goles cos que o Deportivo derrotou ao equipo madrileño (1-2).[8] Foi titular indiscutible para Víctor Fernández ata o remate da tempada, e fixo un gol máis contra o Villarreal.

O 6 de abril de 2016 o club anunciou a súa renovación por tres tempadas, con opción a unha máis.[9] En novembro fracturou unha deda, quedando fóra dos terreos de xogo durante máis de dous meses. Reapareceu en febreiro e foi titular ata o final da tempada, que acabou con tres goles. Disputou 70 partidos nas dúas seguintes tempadas, a gran maioría como titular, e marcou nove goles. Ao remate da campaña 2017/18 o equipo descendeu a Segunda, e Borges foi traspasado por máis dun millón de euros ao Göztepe, da cidade turca de Esmirna.[10]

Debutou na liga turca o 19 de agosto contra o Galatasaray e marcou o seu primeiro gol en febreiro, contra o Alanyaspor.[11][12] Marcou o seu segundo gol na Superliga na tempada seguinte, dándolle a vitoria por 2-1 ao seu equipo sobre o Beşiktaş.[13] Nos seus últimos meses co Göztepe actuou como defensa central.[14] En agosto de 2020 rompeu o seu contrato co club turco.[15]

Deportivo da Coruña (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 6 de setembro de 2020 volveu ó Deportivo da Coruña asinando un contrato por unha tempada.[16] Foi titular en case todos os partidos da tempada, tanto con Fernando Vázquez no banco, como co seu substituto, Rubén de la Barrera, e marcou dous goles. O equipo non conseguiu meterse na loita polo ascenso a Segunda, quedando clasificado para a nova Primeira División RFEF. Ao remate da tempada foi incluído nun ERE xunto a outros traballadores do club e quedou sen ficha para a seguinte tempada. Finalmente o 21 de setembro anunciouse o seu despedimento.[17] Pechou o seu paso polo club galego cun total de 133 partidos oficiais e 17 goles.

Alajuelense

[editar | editar a fonte]

O mesmo día da súa saída do Deportivo anunciouse a súa fichaxe polo LD Alajuelense, regresando así ao fútbol costarriqueño 12 anos despois.[18] Debutou co seu novo equipo o 29 de setembro de 2021, no partido de volta dos oitavos de final da Liga CONCACAF, contra o Guastatoya guatemalteco no estadio Alejandro Morera Soto. O empate final a dous goles deixou ao equipo costarriqueño eliminado da segunda máxima competición da CONCACAF.[19] Coa Liga Alajuelense, Borges disputou a Gran Final do Torneo Clausura de 2022, caendo ante o Cartaginés,[20] e repetiu na Gran Final do Clausura de 2023, marcando un gol pero perdendo a eliminatoria diante do Deportivo Saprissa.[21]

O 18 de novembro de 2023 conquistou o seu primeiro título co Alajuelense, a Copa de Costa Rica, capitaneando o equipo na final do Estado Nacional ante o Saprissa e vencendo por 2-0.[22] Uns días despois proclamouse campión tamén da Copa Centroamericana de CONCACAF, ao superar na final ao Real Esteli de Nicaragua.[23] En xullo de 2024, con seu pai como adestrador, capitaneou o Alajualense na segunda edición da Recopa de Costa Rica, gañando o título ante o Deportivo Saprissa.[24]

Selección de Costa Rica

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

Foi internacional con varias das categorías inferiores da selección de Costa Rica. Coa selección sub-17 disputou en 2005 o Torneo sub-17 da Concacaf, así como o Mundial sub-17 no Perú, chegando neste último aos cuartos de final.. No 2007 pariticipou coa selección sub-20 no Torneo sub-20 da Concacaf en Panamá e México e logrou a clasificación para o Mundial sub-20 disputado no Canadá, no que Costa Rica caeu na primeira fase.

Ao ano seguinte xogou coa selección sub-23 o torneo pre-olímpico da Concacaf, buscando unha praza para Pequín 2008, pero caeron eliminados contra a selección panameña, adestrada por seu pai, Alexandre Guimarães.

Selección absoluta

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección absoluta o 21 de xuño de 2008, cando era xogador do Deportivo Saprissa, nun partido contra Granada, correspondente á clasificación para o Mundial de 2010.[25] O adestrador Hernán Medford colocouno aquel día na aliñación titular. Converteuse nun habitual da selección xa con Rodrigo Kenton no banco, e marcou os seus primeiros goles en dous partidos contra Suriname. En xuño de 2009 marcou por primeira vez dous goles, nun partido contra Trinidad e Tobago. Ao mes seguinte disputou a súa primeira Copa Ouro da CONCACAF, xogando cinco encontros e marcando dous goles, un deles de chilena contra Guadalupe.[26] O equipo caeu nas semifinais contra México, nunha quenda de penaltis na que Borges anotou o seu lanzamento.[27]

En 2011 disputou a Copa Centroamericana e a Copa de Ouro, e repetiu en ambas competicións no 2013. Na Copa Centroamericana 2013 marcou un gol e contribuíu a que o seu equipo, adestrado por Jorge Luis Pinto, chegase ata a final.[28] Nesta, disputada no Estadio Nacional contra Honduras, deulle a asistencia a Giancarlo González no único gol do partido, logrando así o título a súa selección.[29]

Despois de conseguir a clasificación para o Mundial de 2014, foi un dos 23 xogadores elixidos por Pinto para viaxar coa selección ao Brasil.[30] Foi titular nos cinco partidos do combinado costarriqueño no Mundial, no que acadaron os cuartos de final despois de quedar primeiros de grupo na primeira fase (por diante de Uruguai, Italia e Inglaterra) e de eliminar a Grecia nos oitavos de final, nunha quenda de penaltis na que Borges marcou o primeiro dos lanzamentos contra o gardameta Orestis Karnezis.[31] Foron eliminados na seguinte rolda polos Países Baixos, de novo nunha quenda de penaltis que iniciou con gol Borges.[32]

En 2014 capitaneou a súa selección na Copa Centroamericana que acabaron gañando, aínda que só puido xogar os dous primeiros partidos, tendo que regresar a continuación ao seu club, o AIK. Con todo, marcou dous goles contra Nicaragua e Panamá e foi elixido no once ideal do torneo.[33] Ao ano seguinte disputou a súa cuarta Copa de Ouro e no 2016 participou con Costa Rica na Copa América Centenario, unha edición especial da Copa América para celebrar os cen anos da competición.

O 13 de xuño de 2017, contra Trinidad e Tobago, alcanzou os 100 partidos coa selección de Costa Rica, cifra á que só chegaran por aquel entón cinco futbolistas costarriqueños.[34] Catro meses despois conseguiu o pase ao Mundial de 2018.[35] En terras rusas, na súa segunda participación nun Mundial, foi titular nos tres partidos da súa selección, que quedou eliminada na fase de grupos despois de perder contra Serbia e o Brasil nos dous primeiros encontros.[36] En 2019 participou na súa quinta Copa de Ouro e na primeira edición da nova Liga de Nacións da Concacaf. Na Copa de Ouro 2021 marcou dous goles na fase de grupos, na que Costa Rica pasou como líder, pero caeu nos cuartos de final contra o Canadá.[37]

En 2022 en Qatar disputou a súa terceira Copa do Mundo e foi titular nos tres encontros do seu equipo, ante España, o Xapón e Alemaña. Os costarriqueños conseguiron derrotar á selección asiática, pero non obtiveron o pase á seguinte rolda.[38] Medio ano despois disputou a súa última gran competición internacional, a Copa de Ouro de 2023, na que foi a súa sétima participación no torneo. Saíu de inicio en todos os partidos do conxunto costarriqueño, que caeu eliminado nos cuartos de final ante México. [39] O partido ante a selección mexicana foi o derradeiro encontro como internacional de Celso Borges, que anunciou a súa retirada da selección en marzo de 2024.[40] Deixou a selección de Costa Rica como o futbolista que máis veces vestiu a súa camiseta (196 partidos), superando as 147 internacionalidades de Bryan Ruiz. Marcou 27 goles co combinado costarriqueño.[41]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo Saprissa
Alajuelense
Selección de Costa Rica
Individual
  1. "Datos do xogador na web do Deportivo Saprissa". saprissa.co.cr (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  2. "Premios UNAFUT, Torneo de Invierno 2008" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  3. "Pachuca CF win 2008 CONCACAF Champions’ Cup". CONCACAF (en inglés). 2 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  4. "Fredrikstad 4-0 Hønefoss". altomfotball.no (en noruegués). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  5. "Celso anota tres goles en Noruega" (en castelán). 19 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  6. "Equipo sueco anuncia contratación de Celso Borges" (en castelán). 1 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  7. "Celso Borges novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  8. Piñeiro, Miguel (31 de xaneiro de 2015). "Dos goles de Celso Borges elevan al Deportivo sobre el Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  9. "Germán Lux e Celso Borges reforzan a súa vinculación co Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 6 de abril de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  10. Fernández, Xurxo (15 de agosto de 2018). "El Deportivo traspasa a Celso Borges". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  11. "Amargo debut para Celso Borges en el Goztepe turco" (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  12. "Celso Borges colabora con gol en triunfo del Goztepe turco" (en castelán). 10 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  13. "Gol de Celso le da victoria al Göztepe contra el Beşiktaş" (en castelán). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  14. "¿Cómo se ha sentido Celso Borges en su nueva posición con el Göztepe?" (en castelán). 21 de marzo de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  15. "Celso Borges rescinde contrato en Turquía y su equipo Goztepe anuncia que defenderá sus derechos" (en castelán). 18 de agosto de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  16. "Celso Borges regresa ao Deportivo para a Temporada 20·21". Deportivo da Coruña. 6 de setembro de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  17. "El ERE del Dépor conlleva el despido de Celso Borges". El Correo Gallego (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  18. "Celso Borges, nuevo jugador del Alajuelense" (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  19. "Último lugar de Guatemala le regala debut de pesadilla a Celso Borges con el León" (en castelán). 28 de setembro de 2021. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  20. "1-1.Cartaginés se corona campeón en Costa Rica y acaba con 81 años de sequía" (en castelán). 7 de xullo de 2022. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  21. "Saprissa demuestra su poderío y gana el cetro ante Alajuelense" (en castelán). 28 de maio de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  22. "Alajuelense da golpe sobre la mesa y se corona campeón de Torneo de Copa" (en castelán). 18 de novembro de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  23. "Alajuelense campeón de la Copa Centroamericana tras empatar 1-1 con Real Estelí" (en castelán). 5 de decembro de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  24. "¡La Liga es campeón! Alajuelense venció a Saprissa y se quedó con la Recopa de Costa Rica" (en castelán). 18 de xullo de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  25. "Celso Borges - Century of International Appearances". RSSSF (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  26. "Guadeloupe 1 - 5 Costa Rica". concacaf.globalsportsmedia.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  27. "Costa Rica 1 - 1 Mexico". concacaf.globalsportsmedia.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  28. "Tricolor venció a Nicaragua 2-0" (en castelán). 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  29. "Costa Rica gana la Copa Centroamericana ante Honduras" (en castelán). 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  30. "Hernández, Waston y Saborio quedaron excluidos del Mundial" (en castelán). 30 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  31. "Navas-inspired Ticos win shootout, reach quarters". FIFA (en inglés). 29 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  32. "Sub Krul wins shoot-out for Dutch". FIFA (en inglés). 5 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  33. "TSG anunció XI ideal de CCA". CONCACAF (en castelán). 15 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  34. "Celso Borges llegó a los 100 partidos con la selección de Costa Rica" (en castelán). 13 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  35. "Costa Rica 1-1 Honduras, resumen y goles: Hexagonal Concacaf". As (en castelán). 7 de outubro de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  36. "Brasil nos deja fuera del mundial" (en castelán). 22 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  37. "Canadá eliminou a Costa Rica nos cuartos de final da Copa de Ouro da CONCACAF no partido 135 de Celso Borges". Deportivo da Coruña. 26 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  38. "Japón gana a España y pasa primera de grupo contra todo pronóstico: Costa Rica y Alemania quedan eliminadas en Qatar 2022". BBC (en castelán). 1 de decembro de 2022. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  39. "México elimina a Costa Rica con un polémico penal de último minuto". El País (en castelán). 19 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  40. "Celso Borges se retira de la selección de Costa Rica". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de marzo de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  41. "Costa Rica - Record International Players". rsssf.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]