Saltar ao contido

Lucho García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucho García
Nome orixinalLuis Alberto García Pacheco
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1998 (26 anos)
Barranquilla, Colombia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeColombia
Altura1,93 m.
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Rayo Vallecano

Luis Alberto García Pacheco, coñecido como Lucho García, nado en Barranquilla o 20 de marzo de 1998, é un futbolista colombiano que xoga de porteiro no Algeciras, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou a España en 2012, fichado polo Real Madrid para a súa canteira, pero poucos meses despois deixou o equipo branco debido á falta de minutos, e recalou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano.[1] A partir do 2016 foi convocado co primeiro equipo do Rayo en numerosas ocasións, pero sen chegar a debutar, tendo por diante a porteiros como Paulo Gazzaniga ou Alberto.

A principios da tempada 2018/19 fichou polo Sevilla Atlético, filial do Sevilla FC.[2] Xogou dúas tempadas no equipo sevillano na Segunda B, disputando 29 partidos e sendo convocado co primeiro partido en catro ocasións, sen chegar a debutar en partido oficial, aínda que si o fixo no Trofeo Antonio Puerta.

En setembro de 2020, despois de desvincularse co Sevilla, fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda B.[3] Aínda que comezou a tempada como suplente de Carlos Abad, acabou por facerse coa titularidade na portería galega, disputando os últimos dez partidos de liga, nos que encaixou só tres goles.

O 1 de xullo de 2021 anunciouse o seu traspaso á Ponferradina.[4] Debutou na categoría de prata na cuarta xornada, diante do Tenerife no Heliodoro Rodríguez Lopéz, pero non tivo continuidade na portería do equipo adestrado por Bolo, que preferiu ao iraniano Amir Abedzadeh, polo que disputou só seis encontros en toda a campaña.

En xullo de 2022 fichou polo Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF, onde foi titular en 34 dos 38 partidos de liga.[5] A continuación regresou ao seu país natal para xogar no Atlético Huila, da Categoría Primera A,[6] aínda que a súa fichaxe non conseguiu concretarse. Fichou entón polo Algeciras, da Primeira RFEF.[7]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías sub-15, sub-17 e sub-20 de Colombia.[8] Foi convocado pola selección sub-20 de Colombia para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2017 celebrado en Ecuador.[9]

  1. "Luis Alberto García: "Soy diferente a Ospina. Me gusta saber actuar bien con los pies"". Marca (en castelán). 3 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  2. "Lucho García ficha por el Sevilla Atlético". unionrayo.es (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  3. "Lucho García, novo porteiro do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. "O Dépor e a SD Ponferradina acordan o traspaso de Lucho García". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  5. "Lucho García, nuevo guardameta del CF Rayo Majadahonda" (en castelán). 28 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 10 de xuño de 2023. 
  6. "Luis García, primer refuerzo de Atlético Huila para Liga BetPlay". As (en castelán). 6 de xuño de 2023. Consultado o 10 de xuño de 2023. 
  7. "El Algeciras ficha al portero Lucho García" (en castelán). 20 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  8. "Ficha de Lucho García". Deportivo da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  9. "Lucho García, convocado por Colombia sub 23" (en castelán). 28 de agosto de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]