Cidade Deportiva de Abegondo
O Mundo do Fútbol | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°15′03″N 8°17′05″O / 43.25083333, -8.28472222 |
Localización | Mabegondo, Abegondo, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 1 de maio de 2003 (21 anos) |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 65 |
Capacidade | 3.000 |
Propietario | Deportivo da Coruña |
Localía | Deportivo Fabril (2003–presente) Deportivo Feminino (2016–presente) |
Web | http://www.canaldeportivo.com/club/mundo_futbol/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cidade Deportiva de Abegondo, chamada tamén O Mundo do Fútbol, é un complexo deportivo do Deportivo da Coruña, inaugurado o 1 de maio de 2003. Está situada no concello de Abegondo, na parroquia de Mabegondo, ao carón da autovía A-6, e conta cunha superficie de 90 000 m², na que acolle os adestramentos do primeiro equipo, do filial, do equipo feminino e das categorías inferiores do club.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O Mundo do Fútbol consta dun edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve, á súa vez, de chanzo, con capacidade para máis de 1 200 persoas cara ao campo principal e outras 500 persoas na parte posterior, orientado ao campo de céspede artificial. Na planta superior do edificio sitúanse as oficinas, sala de prensa, cafetería e aseos de público. A planta inferior alberga os vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións. Dispón de preto de 9.000 metros cadrados de aparcadoiros e zona de servizos.
Campos
[editar | editar a fonte]- 7 campos de céspede natural de medidas practicamente iguais a Riazor (105×65 metros).
- 1 campo de céspede artificial de última xeración do tamaño de Riazor (105×61 metros).
- 6 campos de céspede natural de fútbol 7 (50×30 metros).
- Máis de 16 000 metros cadrados de campos auxiliares de céspede natural.