Saltar ao contido

Gerard Valentín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGerard Valentín
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Avinyonet de Puigventós, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
2012–2013 Sevilla FC C 22(1)
2013–2014 Unió Esportiva Olot 24(0)
2014– Gimnàstic de Tarragona
Familia
PaiAlbert Valentín i Escolano Editar o valor en Wikidata
IrmánsPol Valentín Sancho Editar o valor en Wikidata

Gerard Valentín Sancho, nado en Avinyonet de Puigventós (Xirona) o 28 de xullo de 1993, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Huesca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Albert Valentín Escolano, futbolista que xogou en Segunda División co Barcelona Atlético e coa UE Figueres, e irmán do tamén futbolista Pol Valentín.[1]

Formouse nas categorías inferiores da UE Figueres e pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de afeccionado no Sevilla. En 2013 debutou en Segunda B como futbolista da UE Olot.

En 2014 o Nàstic e a UE Olot chegaron a un acordo polo traspaso dos seus dereitos federativos, firmando un contrato de dos anos coa entidade tarraconense. En 2016 renovou o seu contrato ata xuño de 2019.[2] Xogou un total de 75 partidos co Nástic.

O 12 de xullo de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña por catro temporadas.[3] No club coruñés non dispuxo apenas de minutos e o 15 de xaneiro de 2019 anunciouse a súa cesión ata o remate da tempada ó CD Lugo.[4] O 12 de agosto de 2019, anunciouse unha nova cesión do xogador ó Lugo, desta vez para a tempada 2019-20.[5] O 14 de setembro o Lugo anunciou a fichaxe do xogador en propiedade cun contrato por dous anos.[6]

  1. "El momento de Gerard Valentín". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de novembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  2. "El Nàstic renueva a Valentín y cede a Moussa al Olot" (en castelán). 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  3. "Gerard Valentin, novo xogador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2017. 
  4. Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo
  5. Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo
  6. "Gerard Valentín, nuevo jugador del CD Lugo". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]