Ángel Sevilla Valcarce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1952 (72 anos) Ponferrada, España |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista, profesor de ensino secundario |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ángel Sevilla Valcarce[1], nado en Ponferrada (provincia de León) o 21 de novembro de 1952, é un ex-xogador e adestrador de baloncesto español, tamén profesor. De 1,98 m de estatura, xogaba de aleiro. Foi profesor de Formación Profesional no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo pertencente á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Desde 1982 compatibilizou o ensino coa actividade deportiva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a practicar deporte no seu Ponferrada natal. Inicialmente no Club Deportivo Santa Marta (fútbol) e baloncesto, na Escola Sindical Virxe da Aciñeira de Ponferrada, onde estudaba Formación Profesional. No verán de 1.968 xogou por primeira vez un partido oficial de baloncesto co Club Mocidade O.J.E de Ponferrada, na o Campionato Provincial celebrado no frontón do Estadio Hispánico de León. No ano 1970 é fichado polo Joventut de Badalona, para formar parte do persoal do equipo junior e compaxinar os adestramentos tanto do equipo junior como do primeiro equipo, baixo a tutela de dous ilustres do noso baloncesto: Nino Buscató e Lluis Cortés. Tras abandonar a disciplina da entidade badalonesa e a suxestión do R. Madrid, pasa a engrosar as filas do Breogán de Lugo, club no que transcorrería a maior parte da súa carreira deportiva, na extinta Liga Nacional de Primeira División.
En 1973, realiza a pretemporada co CAB Obradoiro de Santiago de Compostela. Ese mesmo ano é seleccionado polo Comité Técnico da Federación Española de Baloncestopara participar nunha concentración celebrada en San Sebastián, para "Xogadores Promesas" do Baloncesto Español, dirixida por Gary Cunningham (UCLA) e "Moncho" Monsalve (FEB). Transcorridas seis tempadas, abandona a disciplina do club lucense e ficha polo OAR Ferrol, onde logrou un ascenso e recibiu o Trofeo ao mellor xogador, sendo o máximo anotador do equipo.
Ao finalizar a súa segunda tempada na cidade departamental, recibe a chamada do C.B. Manresa, retornando á liga Nacional de Primeira División, onde se atoparía con antigos compañeiros do Breogán de Lugo. Permanece dúas tempadas no club catalán disputando na súa primeira tempada a final da Copa do Rey, tendo como rival ao F.C. Barcelona.
En 1981 realiza a xira de pretemporada con Club Baloncesto BOSCO da Coruña (Liga Nacional Primeira División B), a cal se desenvolve na República Dominicana e Porto Rico, participando en varios torneos contra distintos equipos e Seleccións Nacionais (Selección NIT Universitaria USA, Selección R. Dominicana etc...).
Finalizada a súa etapa no C.B. Manresa, retorna ao Breogán de Lugo, logrando o ascenso á extinta Primeira B ( actual LEB ORO) na fase celebrada en Melilla. Tras esta tempada milita consecutivamente no ATB lucense e C.B. Sarria na Terceira División, para na tempada seguinte fichar polo Estudantes de Lugo en Segunda División ( actual LEB PRATA). Posteriormente xoga en categoría Senior Provincial, no CB Fontecelta de Lugo onde dá por finalizada a súa carreira como xogador.
Entre os anos 1971 e 1994 vestiu a camiseta da Selección Galega en numerosas ocasións.
A súa traxectoria como adestrador iníciase de maneira temperá no Estudantes de Lugo facéndose cargo do equipo xuvenil, compaxinando dita actividade coa de xogador. Unha vez finalizada a súa carreira como xogador, céntrase na faceta de adestrador e concretamente na etapa de formación. As tempadas 1987-88 e a 1988-89 faise cargo como adestrador dos equipos xuvenil e junior do Club Ensino Lugo. Na tempada 1.988-90 é nomeado membro do Comité Técnico da Federación Galega de Baloncesto, sendo Seleccionador Galego PASARELA Infantil.
En xullo de 1989 é nomeado Director do Campus de Baloncesto Autonómico organizado pola Federación Galega de Baloncesto en Lugo.
Con motivo da celebración en Galicia da fase final da Copa do Rey de 1989 (53ª edición), é nomeado 2º Delegado do F.C. Barcelona.
Sendo adestrador do Breogán Junior, participou en diversos campionatos galegos, alcanzando a clasificación para a Fase de Intersector celebrada en Alsasua (Navarra) en 1992, ao proclamarse campión galego.
Na tempada 1993-1994, convértese en Adestrador Axudante no C.B. Breogán de Lugo, posto no que se mantén por espazo de dez tempadas, na que desempeña distintas funcións tales como adestrador do equipo junior ou adxunto á Secretaría Técnica como Asesor Deportivo e Técnico, participando activamente na formación da persoais.
No ano 2002 realiza labores de scouting e seguimento de xogadores en dous das ligas de verán da NBA a Prol Summer League en Boston (Massachusetts) e a disputada en Rocky Mountain Revue en Salt Lake City (Utah).
Distincións
[editar | editar a fonte]Medalla de prata do Concello de Ponferrada, en homenaxe da cidade como recoñecemento a toda a súa carreira deportiva (2005).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- 1974-75: Campión de España. Liga Española 2ª División e ascenso a 1ª División de Liga Española de Baloncesto . Club Baloncesto Breogán Lugo.
- 1977-78: Campión de España . Liga Nacional 3ª División e ascenso a 1ª División "B". Club Baloncesto OAR Pepsi O Ferrol.
- 1979-80: Finalista e subcampión da XLIV Copa do Rey. C.B. MANRESA. 1ª División de Liga Española de Baloncesto.
- 1992-93: Campión provincial. Liga Sénior 2ª División Provincial. Deportivo Ensino Fontecelta Lugo.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- 1989-90: Campión provincial junior. Club Baloncesto Breogán SAD Lugo.
- 1991-92: Campión X Torneo de Nadal Ponferrada. Campión provincial junior. Campión Gallego Junior. (Club Baloncesto BREOGÁN SAD Lugo).
- 1998-99: Campión Copa Galicia. Club Baloncesto Breogán SAD Lugo.
- 1998-99: Campión de España da liga LEB e ascenso a ACB. Club Baloncesto Breogán SAD Lugo.
- 2002-03: Campión Copa Galicia[2] . Club Baloncesto Breogán SAD Lugo.
- 2003-04: Campión Copa Galicia. Club Baloncesto Breogán SAD Lugo.