Saltar ao contido

Club Estudiantes Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estudiantes Lugo»)
Estudiantes Lugo
Información xeral
Liga Liga EBA
Alcume Estu
Fundación 1968
Cores                Celeste, azul, branco
Presidente España Jesús Lázare
Adestrador Galicia Pablo Abuín
Patrocinador Leyma
Localización
Cidade Galicia Lugo, Galiza
Pavillón Pazo dos Deportes
Capacidade 5310
Inauguración 12 de setembro de 1992
estudianteslugo.es

O Club Estudiantes de Lugo, actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Estudiantes Lugo Río de Galicia, é un club de baloncesto galego con sede na cidade de Lugo. Fundado en 1968, actualmente milita na Liga EBA após ascenderen desde a Primeira Nacional en 2023. O club está vinculado ao Club Baloncesto Breogán e ten equipos con rapaces de todas as idades. Forma unha das mellores canteiras do Estado.[1]

O Club Estudantes Lugo foi fundado en 1968 por José Antonio Santiso, profesor de Educación Física no IES Lucus Augusti, instituto decano de Galiza. A idea era formar un club de baloncesto onde puidese xogar a xuventude da cidade. Nos primeiros anos, o club utilizou o polideportivo do instituto. Co paso dos anos, froito do paso do tempo dos nenos que comezaron no equipo, decidiuse formar un equipo sénior onde puidesen xogar aquelas persoas que non deran o salto ao profesionalismo de elite da cidade, o Breogán. En 1985 o club chega á Segunda División, daquela terceira categoría do baloncesto español. Sen contar a temporada 1989−1990, o club non mudaría de categoría até a temporada 1999−2000. Coa reestruturación das categorías de baloncesto, o Estudiantes pasar formar parte da Primeira Autonómica e posteriormente da Primeira Nacional. Na temporada 2002−2003 o club consegue o ascenso á Liga EBA, cuarta categoría do baloncesto estatal, e na que permaneceu até o ano 2021 cando descenderon á Primeira División.[2]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Elenco actual

[editar | editar a fonte]
Estudiantes Lugo Leyma Natura 2020−2021 (EBA)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura
A 0 Galicia Rodríguez, Alejandro 1,96 m (6 ft 5 in)
AP 3 Galicia Beltrán, Javier 1,98 m (6 ft 6 in)
B 5 Galicia Corral, Andrés 1,82 m (6 ft 0 in)
E 7 Galicia Sánchez, Mateo 1,93 m (6 ft 4 in)
A 8 Galicia Hermida, Alejandro 1,94 m (6 ft 4 in)
E 9 España Gómez, Aarón 1,84 m (6 ft 0 in)
E 11 Galicia López, Daniel 1,92 m (6 ft 4 in)
P 15 Senegal Njie, Papa 2,01 m (6 ft 7 in)
B 25 Galicia Latas, Adrián 1,82 m (6 ft 0 in)
E 25 Galicia Fernández, Pedro Yahile 1,78 m (5 ft 10 in)
P 97 Senegal Thiaw, Modou 2,04 m (6 ft 8 in)
E 99 España Longarela, Daniel 1,96 m (6 ft 5 in)
Adestrador
  • Galicia Pablo Abuín
Asistente(s)
  • Galicia Nicolás Fernández

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 11−082021

  1. "Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2010. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  2. "Historia del Club" [Historia do club]. Estudiantes (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]