O Club Estudiantes de Lugo, actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Estudiantes Lugo Río de Galicia, é un club de baloncestogalego con sede na cidade de Lugo. Fundado en 1968, actualmente milita na Liga EBA após ascenderen desde a Primeira Nacional en 2023. O club está vinculado ao Club Baloncesto Breogán e ten equipos con rapaces de todas as idades. Forma unha das mellores canteiras do Estado.[1]
O Club Estudantes Lugo foi fundado en 1968 por José Antonio Santiso, profesor de Educación Física no IES Lucus Augusti, instituto decano de Galiza. A idea era formar un club de baloncesto onde puidese xogar a xuventude da cidade. Nos primeiros anos, o club utilizou o polideportivo do instituto. Co paso dos anos, froito do paso do tempo dos nenos que comezaron no equipo, decidiuse formar un equipo sénior onde puidesen xogar aquelas persoas que non deran o salto ao profesionalismo de elite da cidade, o Breogán. En 1985 o club chega á Segunda División, daquela terceira categoría do baloncesto español. Sen contar a temporada 1989−1990, o club non mudaría de categoría até a temporada 1999−2000. Coa reestruturación das categorías de baloncesto, o Estudiantes pasar formar parte da Primeira Autonómica e posteriormente da Primeira Nacional. Na temporada 2002−2003 o club consegue o ascenso á Liga EBA, cuarta categoría do baloncesto estatal, e na que permaneceu até o ano 2021 cando descenderon á Primeira División.[2]