Saltar ao contido

Ángel Tamargo García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Tamargo García
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1915
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1998 (83 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
  Deportivo da Coruña
  Sporting de Gijón

Ángel Tamargo García, nado en Xixón o 1 de febreiro de 1915 e finado na mesma cidade o 10 de novembro de 1998, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse no Cimadevilla e despois da Guerra Civil xogou no Oriamendi a tempada 1939–40. Na seguinte campaña foi xogador do Racing de Santander en Segunda División.

Na tempada 1941–42 xogou no Deportivo da Coruña en Primeira División onde non foi un habitual do cadro titular (xogou 12 partidos). Na campaña 1943–44 foi contratado polo Real Madrid, onde tampouco destacou demasiado, xogando tan só 7 encontros nesa campaña.

Na tempada 1944–45 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas tempadas, marcando na primeira delas o seu primeiro gol en Primeira División. Na tempada 1946–47 foi contratado polo Real Oviedo, onde permaneceu tres tempadas.

Finalizou a súa carreira no Cimadevilla, club no que empezara anos atrás.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]