Juan Muntaner Roig
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1917 A Habana, Cuba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de xullo de 2000 (83 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Muntaner Roig, nado na Habana o 2 de febreiro de 1917 e finado en Barcelona o 30 de xullo de 2001, foi un futbolista cubano. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na Habana pero trasladouse sendo novo a Barcelona, onde se formou futbolisticamente, xogando no FC Gràcia e no CE Europa.[1] Na tempada 1939–40 debutou co FC Barcelona en Primeira División.
Na tempada 1940–41 foi cedido ao Deportivo da Coruña, adestrado por Hilario, ao ser destinado na Coruña para facer o servizo militar.[2] Ese mesmo ano participou do primeiro ascenso do club á Primeira División. Tras unha segunda tempada cedido en Primeira, o Deportivo chegou a un acordo co Barcelona, polo que ese club renunciaba aos dereitos do xogador a cambio da incorporación do defensa Montserrat.[3] Xogou tres tempadas máis no Deportivo, na máxima categoría, formando parte do mediocentro xunto a Reboredo, Cuqui Bienzobas e Manuel Guimeráns, pero disputando menos partidos ca estes. Como branquiazul firmou 63 partidos e anotou 3 goles, un deles contra o seu exequipo, o Barcelona.
Posteriormente xogou no Igualada e no Sants.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Juan Muntané, el ya popular medio ala del Europa es cubano". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de setembro de 1936. p. 3. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Muntané, barcelonista que juega contra sus colores". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de marzo de 1942. p. 1. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Retenciones y traspasos". El Ideal Gallego (en castelán) (8050). 17 de xuño de 1942. p. 4. Consultado o 29 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |