Ángel Temiño Sáiz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1910 Sarracín, España |
Morte | 19 de setembro de 1991 (81 anos) Sarracín, España |
Causa da morte | cancro |
Bispo de Ourense | |
8 de outubro de 1952 – 15 de maio de 1987 ← Francisco Blanco Nájera – Xosé Diéguez Reboredo → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1952–), sacerdote católico (1934–) |
Consagración | Luciano Pérez Platero (pt) |
Ángel Temiño Sáiz, nado en Sarracín (Burgos) o 17 de setembro de 1910 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1991, foi un eclesiástico español, foi bispo de Ourense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do labrego e contratista Eladio Temiño Rebollo e Dolores Sáiz Espiga. Aos dez anos ingresou no Seminario menor de san José (Burgos). Logo de obter os gras de Bacharel, Licenciado e Doutor na Facultade de Filosofía no Seminario Maior (Burgos), que servía de Universidade Pontificia de san Jerónimo, trasladouse a Roma, onde se licenciou en Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana (1934). Ese ano recibiu o subdiaconado (15 de xullo), diaconado (22 de xuño) e presbiterado (29 de xullo), na igrexa do Gesù.
O 4 de xullo de 1935 doutorouse en Teoloxía cunha tese sobre o teólogo Bartolomé Torres. O 29 de maio de 1937 conseguiu a licenciatura en Ciencias Eclesiásticas Orientais, logo de estudar os cursos 1935/36 e 1936/37 no Pontificio Instituto Oriental (Roma).[1]
Actividade sacerdotal
[editar | editar a fonte]O 4 de xuño de 1937 regresou a España, en plena Guerra Civil. Foi destinado á fronte, con vinte e seis anos, como capelán do Corpo de Exército de Galicia, co grao de alférez. Ao rematar a guerra foi nomeado capelán auxiliar dos Establecementos Provinciais de Beneficencia e consiliario dos Mozos de Acción Católica, e delegado de Educación Popular (1945-1951). Dende 1940 impartiu clases de: Latín, Psicoloxía experimental, Historia natural, Historia da Filosofía, Hebreo, Teoloxía Dogmática e Estudos Orientais no seminario metropolitano de san Jerónimo (Burgos).
O 24 de maio de 1947 tomou posesión como cóengo da catedral de Burgos. Foi capelán do Hospital provincial.
Bispo de Ourense
[editar | editar a fonte]O papa Pío XII nomeouno bispo de Orense en 1952. A súa consagración episcopal tivo lugar na catedral de Burgos o 30 de novembro de 1952 nun acto presidido polo arcebispo de Burgos, Luciano Pérez Platero. A súa toma de posesión foi por medio de apoderado, o deán Manuel Gil Atrio, o 29 de xaneiro de 1953. O 1 de febreiro dese ano fixo entrada pública na Diocese, procedente de Santiago de Compostela. Permaneceu na sede auriense durante 34 anos, ata o 21 de maio de 1987. Destacou como teólogo dentro das correntes da teoloxía tradicional, e sobre todo da sacramentoloxía, publicando algúns traballos na Revista Española de Teología y Estudios Bíblicos. Considerado como nacional-católico e contrario ao espírito do Concilio Vaticano II, foi considerado como un bispo autoritario.[2] Foi prolífico en escritos pastorais que apareceron no Boletín Oficial del Obispado.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Faleceu en Sarracín, a localidade na que nacera 81 anos antes, vítima do cancro. O seu cadáver foi trasladado a Ourense, onde foi soterrado.
Obras
[editar | editar a fonte]- Bartolomé Torres, Teólogo, (tese doutoral) Burgos, 1941.
- La causalidad de los Sacramentos y el Cuerpo místico: discurso inaugural del curso académico 1945-1946, Burgos, Seminario, 1945.
- La mediación de María, Ourense, Imprenta Hodire, 1964.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández Otero, José Carlos (2017). Ángel Temiño Sainz, Obispo de Ourense (1952-1987).
- ↑ Enrique Bande en La diócesis de Ourense di del: «Agarrado siempre al nacionalismo sindicalista con la mentalidad de cruzada y autoritario, se mostró incapaz de comprender la mentalidad gallega y ourensana»; «un obispo que vivió siempre al margen de los pobres, cercano a los privilegiados de la fortuna, de la cultura y del poder. Nunca tuvo en cuenta al clero joven en su modo de actuar autoritario».
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bande, Enrique (1999). La diócesis de Ourense: evolución histórica, santoral orensano y parroquias de la ciudad. Ourense. ISBN 84-930484-0-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Francisco Blanco Nájera |
Bispo de Ourense 1952 - 1987 |
Sucesor: Xosé Diéguez Reboredo |